DOBRE VITORIA ANTE OURENSE
Este pasado sábado disputouse unha nova xornada de liga para os equipos do CW Santiago; visitaba as instalacións de Sta. Isabel o CW Ourense para enfrontarse en categoría absoluta 1ª división e infantil ao equipo local, acadando dúas vitorias placidas dos dous equipos.
O primeiro partido foi en categoría infantil, onde os nosos pequenos fixeron un bo partido e que grazas á efectividade en ataque rematou cun claro dezanove a dous, que fixo dar minutos a todos os xogadores e en especial aos máis pequenos e dá moral para seguir traballando para vindeiros compromisos.
LIGA GALLEGA INFANTIL MIXTA
CW SANTIAGO – CW PABELLON ORENSE 19 – 2 (6 -0; 2-1; 4-0; 3-1; 2-0; 2-0)
CW SANTIAGO: IAGO GARABATO, LUIS GUILBERT (2), SANTIAGO ESTURAO (1), MARTIN ZAS (2), FERNANDO FERRER (4), MIGUEL BARCA (3), NATALIA VIEITES (1), REBECA GOTHLIN (1), SAMUEL GONZALEZ (1) ANTONIO MALLO (3), ANXO PANERO (1), ROBERTO CARRO.
Para rematar, disputouse o partido de primeira división entre os mesmos equipos, terceiro partido de liga e terceira vitoria, ante un equipo que se preveía ía dar guerra pero un primeiro cuarto moi bo con gran actividade defensiva e unha gran eficacia en ataque puxo o partido de fronte para os locais, e aínda que baixaron o ritmo en ataque, si tivo continuidade a defensa co que se chegou ao final do encontro cun marcador de dezaoito a catro, final que deixou ben claro a fame de vitoria co que empezaron a tempada os santiagueses.
LIGA GALLEGA ABSOLUTA 1ª DIVISION
CW SANTIAGO – CW PABELLON ORENSE 18 – 4 (6-1; 2-1; 4-0; 5-2)
CW SANTIAGO: ADRIAN GARCIA, MIGUEL FERNANDEZ (1), RAMON TURNES, RAUL GALLEGO, ALEX GOMEZ (1), PABLO PIÑEIRO (2), BRAIS RAPOSO (5), ANTONIO CAAMAÑO (2), PABLO SUAREZ (3), ANGEL CARRO, BRUNO SAMPAÑO (1) ADRIAN CAMPAÑA, MIGUEL A. BARCA (3)