VITORIA BENXAMIN E DOBRE DERROTA
Unha nova xornada de liga para os equipos do CW Santiago, visitaba as instalacións de Sta. Isabel o CW Pontevedra.. Disputáronse tres partidos cun balance dunha vitoria (Benxamín ) e dúas derrotas (infantil mixto e Absoluto de 2ª División)
A xornada dou comezo co partido benxamín de ambos equipos, vitoria para os santiagueses por dez goles a un nun partido moi completo dos nosos mais pequenos e que lles deu o titulo da liga benxamín, o que indica que hai bos cimentos de fronte ao futuro dentro da base do equipo santiagués. Destacar que dentro do equipo hai varios xogadores con categoría prebenxamín, e que xa comezan a destacar dentro do noso deporte. Felicitar aos mais pequenos polo seu titulo e animalos a que sigan traballando igual de ben.
LIGA GALEGA BENXAMIN
CW SANTIAGO – CW PONTEVEDRA 10 – 1 (4-0; 2-0; 3-1; 1-0)
CW SANTIAGO: Magin Lopez, Nicolas Collazo (2), Alexandre Gonzalez, Saray Guilbert (3), Miguel Palacios (4), Ariana Collazo, Xose Moscoso (1), Pelayo Galindo, Guillermo Carrillo.
A continuación saltaron á auga os equipos en categoría infantil, a diferenza de anteriores partidos tres frouxos primeiros cuartos en defensa dos locais propiciaron que os de Lerez se distanciaran no marcador desde o inicio e os locais non tiveron opción pese ao esforzo realizado ata o final do encontro. Seguiremos traballando para obter mellor xogo e resultados.
LIGA GALLEGA INFANTIL MIXTA
CW SANTIAGO – CW PONTEVEDRA B 4 – 12 (0-3; 1-3; 0-4; 1-2; 1-0; 1-0)
CW SANTIAGO: Iago Garabato, Luis Guilbert (1), Santi Esturao, Martin Zas, Fernando Ferrer (2), Gabriel Lesende, Natalia Vieites, Rebeca Gothlin, Samuel Gonzalez, Antonio Mallo, Anxo Panero, Antonio Garcia(1), Roberto Carro.
O derradeiro partido en disputarse foi o absoluto de segunda división, partido complicado para os locais, que cun amplo grupo de xogadores cadetes loitaron ata o final ante un equipo pontevedrés que estivo moi fino en ataque pese ao esforzo dos locais, boas sensacións dos nosos xogadores que aínda teñen moita marxe de mellora.
LIGA GALLEGA ABSOLUTA 2ª DIVISION
CW SANTIAGO B – CW PONTEVEDRA B 8 – 12 (1-4; 1-2; 2-5; 4-1)
CW SANTIAGO: Mateo Raposo, Miguel Fernandez (2), Rosalia Rey, Gabor Pazos (1), Luis Ferrer (4), Alejandro Gomez, Damian Antelo, Jesus Montoiro, Rodrigo Varela, Alejandro Padilla (1), Jorge Rodriguez, Javier Romaris.