CRONICA RCN VIGO – CW SANTIAGO

DÚAS VITORIAS E UNHA DERROTA
NO DESPRAZAMENTO A VIGO

Nova xornada de liga a que se disputou este pasado sábado, onde os equipos, absoluto, cadete feminino e cadete mixto desprazáronse a Vigo para enfrontarse ao Náutico de Vigo.

As primeiras en saltar á piscina foron nosas xogadoras cadetes femininas, que a pesar de perder ao final por un claro dezasete a nove co seu esforzo gañas e intensidade conseguiron estar no partido ata mediados de partido (sete goles a catro), cun bo xogo defensivo e movemento en ataque creando moitas ocasións de gol, aínda que o maior físico das xogadoras de Vigo fíxolles irse no marcador ata chegar ao final co mencionado resultado final. Boa imaxe a dada polas nosas mozas que dá ánimo para vindeiros partidos.

LIGA GALEGA CADETE FEMININA

Logo Club Wterpolo Santiago

RCN DE VIGO – CW SANTIAGO  17 – 9 (1-2; 4-1; 4-2; 3-1; 2-0; 1-3)

CW SANTIAGO: REBECA GOTHLIN, SARAI GUILBERT, MARTINA COUCEIRO, LAURA SANLUIS (3), ROSALIA REY (5), UXIA SANLUIS, NATALIA VIEITES (1)

O seguinte partido en disputarse foi en categoría absoluta onde os santiagueses presentábanse invictos e querían continuar coa racha de vitorias, partido moi serio tanto en defensa como en ataque nos dous primeiros cuartos que chego ao descanso cun tres a nove para  os  visitantes que practicamente finiquitaba o partido, a partir de aí choiva de goles por parte de ambos os equipos que deixo o marcador nun trece a dezanove final. Destacar a presenza de varios xogadores cadetes que  van pedindo paso e non desentoaron no xogo do equipo.

LIGA GALEGA ABSOLUTA 1ªDIVISION

RCN DE VIGO – CW SANTIAGO  13 – 19 (1-5; 2-4; 4-5; 6-5)

CW SANTIAGO: ADRIAN GARCIA, MIGUEL FERNANDEZ, RAMON TURNES (1), RAUL GALLEGO (1), ALEJANDRO PADILLA (2), PABLO PIÑEIRO (3), BRAIS RAPOSO (4), ALEJANDRO GOMEZ (2), PABLO SUAREZ (3), DAMIAN ANTELO, GABOR PAZOS (1), BRUNO SAMPAÑO, MIGUEL A. BARCA (2)

O derradeiro encontro en disputarse foi en categoría cadete mixta, onde se prevía un partido complicado para os santiagueses, que viñan dunha derrota ante Coruña e que xunto a Vigo son os favoritos ao título, pero un gran partido dos nosos mozos cunha gran actividade defensiva e un acerto extraordinario en ataque propicio un resultado final de seis goles a trece que deu unha vitoria clara, de moita moral e confianza aos nosos mozos para tentar mesmo loitar polo título. Gran traballo o que están a realizar os nosos cadetes.

LIGA GALEGA CADETE MIXTA

img_20161210_164138

RCN DE VIGO – CW SANTIAGO  6 – 13 (0-3; 3-3; 1-4; 2-3)

CW SANTIAGO: MARTIN TORREIRA, LUIS GUILBERT, DAMIAN ANTELO (1), GABOR PAZOS (6), ROSALIA REY, ALEJANDRO GOMEZ (6), IVAN VIEITES, LAURA SANLUIS, ANTONIO MOSCOSO, PABLO CHICO, JORGE RODRIGUEZ, IAGO GARABATO.

Publicado por

Club Waterpolo Santiago

Blog oficial do Club Waterpolo Santiago

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s