CRONICA RCN DE VIGO

VITORIA ABSOLUTA E DERROTAS CADETES

Logo Club Wterpolo Santiago

 

Derradeira xornada da fase regular da liga absoluta de 1ª división a disputada este pasado sábado polo CW Santiago na piscina de Santa Isabel ante RCN de Vigo , partido transcendente para reafirmar a segunda posición da clasificación e cumprir dous obxectivos, o primeiro a clasificación para o Campionato de España de 3ª División e ter vantaxe de campo nas semifinais do play off galego,  onde os santiagueses non fallaron vencendo por un claro catorce a seis despois dun partido marcado por un bo inicio dos locais cun primeiro cuarto intenso tanto en defensa como en ataque o que propicio un parcial de catro a cero  que infundiu tranquilidade para levar o partido de maneira cómoda ata o final.

 

LIGA GALLEGA ABSOLUTA 1ª DIVISION

CW SANTIAGO – RCN DE VIGO   14 – 6 (4-0; 3-3; 2-1; 5-2)

 

CW SANTIAGO: ADRIAN GARCIA, RAUL GALLEGO, RAMON TURNES, ALEJANDRO PADILLA (1), LUIS FERRER (3), ALEX GOMEZ (2), BRAIS RAPOSO, GABOR PAZOS, PABLO SUAREZ (2), ANGEL CARRO (1), BRUNO SAMPAÑO (1), ADRIAN CAMPAÑA (2), MIGUEL BARCA (2).

 

Derrota nos dous partido disputados por ambos os equipos con anterioridade, o primeiro en categoría cadete feminina, onde pouco puideron facer as xogadoras locais ante a avalancha de goles das visitantes, aínda así continúan a súa progresión buscando alcanzar o obxectivo a longo prazo de ter equipo en categoría absoluta feminina.

 

LIGA GALLEGA CADETE FEMENINA

CW SANTIAGO – RCN DE VIGO  4-19 (0-4; 1-4; 1-2; 2-3; 0-2; 0-4)

 

CW SANTIAGO; SANDRA GOMEZ, SARAY GUILBERT, MARTINA COUCEIRO, LAURA SANLUIS, ROSALIA REY (3), UXIA SANLUIS, NATALIA VIEITES, REBECA GOTHLIN, ELENA VAZQUEZ (1)

 

Para rematar o derradeiro partido cadete mixto, onde ambos os equipos loitaban polo subcampeonato da liga galega, inicio igualado aínda que o maior acerto para gol dos visitantes fixo que con dous parciais idénticos nos dous primeiros parciais dun a dous máis un terceiro de cero a dous decantaba a balanza para os visitantes, que entraron no ultimo parcial cun favorable dous a seis pero unha gran reacción local e un parcial de tres a cero coloco un cinco a seis a falta de 15 segundos  pero os visitantes conseguiron defendela e acabaron levándose o encontro e o subcampeonato.

 

LIGA GALLEGA CADETE MIXTA

CW SANTIAGO – RCN DE VIGO 5 – 6 (1-2; 1-2; 0-2; 3-0)

 

CW SANTIAGO: MARTIN TORREIRA, LUIS GUILBERT, LAURA SANLUIS, GABOR PAZOS, ROSALIA REY, ALEX GOMEZ (3), IVAN VIEITES, ANTONIO MOSCOSO, OSCAR ALVAREZ, DAMIAN ANTELO, PABLO CHICO (2), JORGE RODRIGUEZ, IAGO GARABATO

patrocinadores

Publicado por

Club Waterpolo Santiago

Blog oficial do Club Waterpolo Santiago

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s