CW SANTIAGO ADIANTASE NA SEMIFINAL
O pasado fin de semana comezou a semifinal do play off da liga Galega Absoluta ao mellor de tres encontros entre CW Pontevedra e CW Santiago, terceiro e segundo clasificado da liga regular. Como se prevía primeiro e moi igualado encontro o disputado na piscina do CGTD de Pontevedra, onde un gran final deu aos santiagueses a vitoria por un axustado oito a nove. Inicio moi serio en defensa de ambos equipos que deu lugar a numerosos roubos e perdidas en ataque ante as defensa activa de ambos conxuntos que fixo rematar o primeiro cuarto cun empate a un. O segundo cuarto comezou con tres despistes defensivos dos visitantes que estirou o marcador a un catro a un favorable aos de Lérez que estiraban o marcador a un catro a un a mediados do segundo cuarto, pero os axustes defensivos e algo máis de claridade en ataque dos visitantes achegou ao descanso aos santiagueses a un só gol, cinco a catro que deu outra vez emoción ao encontro. Terceiro cuarto de toma e daca e empate no marcador parcial de dous a dous que deixaba todo para o último e definitivo período ao que se entrou cun sete a seis favorable aos locais e que estirou ata o oito a seis a falta de seis minutos, pero a partir dese momento os visitantes non concederon goles e un parcial de tres goles a cero púxoos por diante no marcador a falta de dous minutos e medio para rematar o encontro, xa non se moveu o marcador paralizando todas as accións desesperadas dos locais aos que non deron oportunidade de empatar.
O vindeiro 22 de abril, e en Santiago, xogase o seguinte partido da eliminatoria.
PLAY OFF SEMIFINAL LIGA GALEGA ABSOLUTA 1º PARTIDO
CW PONTEVEDRA – CW SANTIAGO 8 – 9 (1-1; 4-3; 2-2; 1-3)
CW SANTIAGO: ADRIAN GARCIA, RAUL GALLEGO, RAMON TURNES, ALEJANDRO PADILLA, LUIS FERRER (2), PABLO PIÑEIRO (1), BRAIS RAPOSO (1), ANTONIO CAAMAÑO (4), PABLO SUAREZ, MIGUEL BARCA, BRUNO SAMPAÑO (1), ADRIAN CAMPAÑA (1) ALEX GOMEZ.