CW SANTIAGO CAMPEON DE LA COPA GALLEGA ABSOLUTA
Este pasado fin de semana celebrouse en Ourense a Copa Galega Absoluta Masculina onde o CW Santiago proclamouse Campión nunha emocionante final onde venceu ao RCN de Vigo por dez goles a nove.
Daba comezo a copa o sábado quince de febreiro cos santiagueses encadrados no grupo B xunto a CW Coruña Rías Altas e CW Lugo e con formato de liguilla todos contra todos enfrontábanse no primeiro encontro de grupo ante os coruñeses aos que venceron por oito goles a catro, logo dun encontro no que comezaron cunha gran defensa distanciándose ao descanso cun catro a cero que parecía íalles a dar unha primeira vitoria cómoda, pero un terceiro cuarto no que os santiagueses relaxáronse en demasía puxo un inquietante cinco a tres que resolveron no último periodo co resultado final de oito a catro.
O segundo encontro ante os lugueses foi moito máis cómodo acabando cun concluínte dezaoito a cinco nun partido cómodo e con minutos para os menos habituais, dándolle o paso á final do domingo pola tarde ante o RCN de Vigo, que deu a sorpresa no grupo A e clasificouse logo de vencer aos actuais campións o CW Pontevedra e ao CW Ourense.
A final disputouse o domingo pola tarde e non defraudó en absoluto, cun comezo igualado que daba un primeiro parcial de dous a dous entre vigueses e santiagueses daba a impresión de que a final sería moi igualada, pero un segundo parcial onde os de Santiago non estiveron acertados nin en defensa nin en ataque provocou un parcial de cinco a cero para os de Vigo que se ían no marcador por un cómodo sete a dous que parecía sentenciar a final, que ademais un novo empate a dous no terceiro parcial deixaba un nove a catro para os vigueses que deixaba moi difícil a final para os santiagueses, pero un espectacular último cuarto propiciou un parcial de seis a cero para os de Santiago que se colocaron por diante no marcador a falta dun minuto para acabar o encontro vantaxe que souberon manter ata o final con dous grandes defensas, e que lles daba o título.
COPA GALEGA ABSOLUTA- FASE PRELIMINAR – GRUPO B
CW SANTIAGO – CW CORUÑA RIAS ALTAS 8 – 4 (2-0; 2-0; 1-3; 3-1)
CW SANTIAGO: ADRIAN GARCIA, PABLO CHICO, EMMANUEL NIETO (1), GABOR PAZOS, DANIEL RODRIGUEZ, ALEJANDRO GOMEZ (4), BRAIS RAPOSO (1), ANTONIO CAAMAÑO (1), PABLO SUAREZ, ADRIAN PONTE, JORGE RODRIGUEZ, ADRIAN CAMPAÑA (1), MARTIN TORREIRA
CW SANTIAGO – CW LUGO 18 – 5 (4-2; 4-2; 5-1; 5-0)
CW SANTIAGO: MARTIN TORREIRA, PABLO CHICO (3), EMMANUEL NIETO (1), GABOR PAZOS (3), DANIEL RODRIGUEZ, ALEJANDRO GOMEZ (2), BRAIS RAPOSO, LUIS GUILBERT (3), ANXO PANERO (2), ANTONIO MOSCOSO (2), JORGE RODRIGUEZ (1), ADRIAN CAMPAÑA (1), ADRIAN GARCIA
COPA GALEGA ABSOLUTA – FINAL
CW SANTIAGO – RCN DE VIGO 10 – 9 (2-2; 0-5; 2-2; 6-0)
CW SANTIAGO: ADRIAN GARCIA, PABLO CHICO, EMMANUEL NIETO, GABOR PAZOS, DANIEL RODRIGUEZ, ALEJANDRO GOMEZ (5), BRAIS RAPOSO, ANTONIO CAAMAÑO (2), PABLO SUAREZ (2), ADRIAN PONTE, JORGE RODRIGUEZ, ADRIAN CAMPAÑA (1), MARTIN TORREIRA
RESULTADOS COPA GALEGA ABSOLUTA
FASE PRELIMINAR – GRUPO A
CW SANTIAGO – CW CORUÑA RIAS ALTAS 8 – 4
CW SANTIAGO – CW LUGO 18 – 5
FINAL
CW SANTIAGO – RCN DE VIGO 10 – 9
CLASIFICACION FINAL
1º CW SANTIAGO
2º RCN DE VIGO
3º CW PONTEVEDRA
4º CW CORUÑA RIAS ALTAS
5º CW OURENSE
6º CW LUGO