O CW Santiago B afrontou unha dobre xornada durante a fin de semana, competindo ante RCN Vigo e os equipos do CW Pontevedra. No primeiro encontro, os santiagueses caeron por 2-12 fronte a un rival moi sólido que dominou desde os primeiros minutos. Xa no domingo, os locais volveron competir con intensidade ante o CW Pontevedra Turuqoa, nun encontro no que os máis novos nunca deixaron de loitar pese ao resultado final de 6-11.
No segundo encontro da mañá, o CW Santiago A – medíase ao CW Pontevedra Teucro. Os santiagueses mantiveron o partido igualado durante os dous primeiros cuartos, pero o acerto visitante no terceiro período acabou sendo decisivo para o definitivo 7-16. Máis aló dos resultados, o equipo continúa acumulando experiencia e minutos de competición.

