O CW Santiago La Merenguela puxo o punto e final á competición ligueira cunha fin de semana moi positiva, saldada con dúas importantes vitorias que lle permitiron asegurar a terceira posición final na clasificación.
O primeiro dos encontros enfrontou aos dous equipos infantís do club nun atractivo derbi santiagués. Nun partido moi equilibrado durante boa parte do tempo regulamentario, o conxunto da Merenguela conseguiu abrir unha pequena fenda no marcador nos períodos centrais para acabar impoñéndose por 10-6.
Xa no segundo compromiso da fin de semana, os composteláns ofreceron unha das súas mellores versións da tempada para superar con claridade ao CW Coruña por 11-1. A intensidade defensiva e a eficacia nas accións ofensivas permitiron aos locais controlar o encontro de principio a fin e certificar unha merecida terceira praza que recompensa o traballo realizado durante todo o curso.
INFANTIL B | Un final de liga para estar orgullosos
O CW Santiago B infantil completou unha excelente fin de semana con tres importantes vitorias que lle permitiron finalizar a competición nunha meritoria cuarta posición.
Os santiagueses superaron ao CW Coruña en Santa Isabel por 13-4, venceron posteriormente aos seus homónimos coruñeses por 3-13 e despediron a tempada cun novo triunfo fronte ao ACW por idéntico resultado. En todos os encontros o equipo mostrou unha gran efectividade ofensiva e unha notable solidez defensiva.
A cuarta praza final supón un premio ao traballo desenvolvido durante toda a tempada por un grupo que non deixou de medrar e competir en cada xornada.

