XOGAR AO WATERPOLO


Divírtete cos teus amig@os

Aprendendo a xogar ao Waterpolo
Para nen@os entre 6 e 16 anos
campus 2017





Este sábado disputouse nas instalacións de Sta.Isabel, o Campionato galego Benxamín de Verán e o Campionato Galego Cadete Feminino de Verán, cun balance de dous subcampionatos e un terceiro posto para os equipos do CW Santiago participantes.
A xornada comezou coa disputa do primeiro dos tres partidos en categoría benxamín, onde o representante santiagués participou con dous equipos, no “A” os xogadores de ultimo ano benxamín e no”B” o equipo benxamín da vindeira tempada para que vaia collendo partidos e optar ao título de liga como o acadado este ano. Os nosos máis pequenos enfrontábanse ao CW Pontevedra e o resultado foi un sete a dezaseisa favorable aos de Lérez, aínda así nosos máis pequenos loitaron sen desmaio destacando nosa xogadora Saray Guilbert autora de cinco tantos neste encontro.
A continuación xogouse o duelo de equipos santiagueses entre CW Santiago A e CW Santiago B levándose o encontro os primeiros por un claro once a catro despois dun partido moi emocionante que aínda que os máis maiores foron por diante sempre no marcador, non foi ata o terceiro cuarto onde se distanciaron no marcador despois dun parcial de catro a cero.
Por último quedaba a gran final, CW Santiago A e CW Pontevedra xogábanse o titulo, que finalmente caeu de lado dos pontevedreses despois dun partido moi igualado que comezaron gañando os locais, pero que os de Lérez souberon remontar grazas á súa eficacia defensiva e ás numerosas ocasións de gol erradas polos locais. En definitiva unha gran xornada de waterpolo para os máis pequenos que seguen demostrando a súa progresión e as súas ganas de aprender.
CW SANTIAGO B: Guillermo Carrillo (1), Saray Guilbert (5), Alejandro Grego (1), Xoel Otero, Pedro Rubal, Candela Rubal, Ariana Collazo
CW SANTIAGO A: Magín López, Nicolás Collazo (4), Miguel Palacios (6), Alejandro González (1), Xose Moscoso
CW SANTIAGO B: Guillermo Carrillo (2), Saray Guilbert (1), Alejandro Grego (1), Xoel Otero, Pedro Rubal, Candela Rubal, Ariana Collazo
CW SANTIAGO A: Magín López, Nicolás Collazo, Miguel Palacios (2), Alejandro González, Xose Moscoso (1)
Despois do Campionato benjamín, disputouse a final do Campionato Galego Cadete Feminino de Verán, partido que enfrontaba ao CW Santiago e CW Pontevedra, con resultado final de doce goles a catro favorable ás xogadoras visitantes despois dun partido igualado nos dous primeiros cuartos ao que se chegou con empate a dous, pero a partir de aí as de Pontevedra pecharon a defensa e o seu acerto en ataque deulles o título de maneira cómoda a pesar da loita e esforzo das santiaguesas que durante boa parte do encontro estiveron a dar a sorpresa.
Felicitar a todos os nosos equipos polo traballo ben feito que co tempo dará os seus froitos.
CW SANTIAGO: Rebeca Gothlin, Saray Guilbert, Martina Couceiro, Laura Sanluis, Rosalía Rey (1), Uxia Sanluis, Natalia Vieites (1), Amanda Prego (2), Elena Vázquez




Este pasado sábado xogouse o segundo partido do play off da final da liga Galega Absoluta, onde o CW Santiago tiña a oportunidade de sentenciar a liga se conseguía a vitoria a domicilio nas instalacións de CN Coruña, partido que acabou con vitoria local por un resultado final de once goles a oito, despois dun encontro que comezou con alternativas no marcador, pero que a partir do segundo cuarto os locais distanciáronse no marcador grazas á súa defensa que os visitantes só puideron romper nunha ocasión entre o segundo e o terceiro cuarto, dando pé a numerosas ocasións para os locais que souberon manter no último cuarto a distancia no marcador e empatar a eliminatoria que se decidirá no desempate e con CN Coruña como local en data aínda por determinar.
CN CORUÑA – CW SANTIAGO 11 – 8 (3-3; 3-1; 3-0; 2-4)
CW SANTIAGO: ADRIAN GARCIA, RAUL GALLEGO (1), DAMIAN ANTELO, GABOR PAZOS, LUIS FERRER, ALEJANDRO GOMEZ, BRAIS RAPOSO (1), ANTONIO CAAMAÑO (4), PABLO SUAREZ, MIGUEL A. BARCA (2), BRUNO SAMPAÑO, ADRIAN CAMPAÑA, JESUS MONTOIRO


Partido Semifinal : CW PONTEVEDRA – CW SANTIAGO
Categoria: CADETE FEMININO
Dia: Sabado 20 de maio de 2017
Hora: 12.30H FINAL
Piscina : STA.ISABEL
Convocadas: 11.45H
LEMBRAR A TODAS AS XOGADORAS CONVOCADAS QUE
DEBEN LEVAR O D.N.I ORIXINAL (EXCEPTO AS QUE TEÑEN
COPIA COMPULSADA)


Magnífica actuación do CW Santiago na fase nacional (Campionato de España de 3ª División-zona C) disputada este pasado fin de semana en Palma de Mallorca que a punto estivo de dar a sorpresa e acabar como campión da fase o que lle permitiría ascender e xogar a próxima tempada na 2ª División nacional. Ao final non puido ser, despois de conseguir catro vitorias nos primeiros catro partidos, o último e definitivo contra o CN Godella valenciano rematou en derrota clara, pero non quita a gran fase e a gran imaxe dada polos nosos absolutos.
Como xa se prevía foi unha fase moi igualada, onde os nosos tiveron un debut complicado, ante o outro equipo galego (Natación Coruña), a ansiedade e as ganas puideron ao equipo que empezou moi nervioso e cun parcial de cero a tres no primeiro cuarto, pero os axustes defensivos e unha boa intensidade en ataque conseguiron darlle a volta ao marcador, para acabar gañando por sete goles a oito e desta forma debutar na fase cunha vitoria que enchía de ilusión e ganas ao noso equipo. O sábado pola mañá enfrontáronse aos aragoneses do Stadium Casabranca, partido moi competido no que a maior experiencia dos santiagueses deulles unha vitoria por once goles a oito que situaba ao equipo santiagués líder da clasificación.
Pola tarde o rival foi o equipo local e organizador da fase, o Mallorca Waterpolo, sen dúbida o mellor partido do campionato por parte do equipo santiagués, obtendo unha cómoda vitoria por trece goles a sete nun partido onde souberon pechar a defensa e con gran efectividade en ataque dos nosos outorgáballes o liderado en solitario a falta dos dous partidos do domingo.
O primeiro partido da mañá foi ante os valencianos do Turia, equipo novo e dinámico que fixo sufrir aos santiagueses ata o final, que despois dun partido cheo de alternativas decidiuse a falta de tres segundos para o final do encontro, sufrida vitoria por doce a once, que lle daba a oportunidade de ser equipo de liga nacional aos santiaguesesno último encontro da fase, ante o quipo que se prevía desde o principio favorito e que soubo amornar mellor os nervios e a ansiedade para vencer aos santiagueses por un claro sete a quince, que lles daba a vitoria e o ascenso.
A pesar da derrota e quedar co mel nos beizos, destacar a gran imaxe dada polo noso equipo, que deu en todos os partidos o máximo das súas posibilidades e loito ata o final.
Felicitar ao CN Godella polo seu Ascenso e a seguir traballando por conseguir novos obxectivos.

12, 13 y 14 de MAYO DE 2017
CW SANTIAGO: Adrian García, Raúl Gallego, Miguel A. Barca (1), Damián Antelo, Luis Ferrer (1), Pablo Piñeiro (2), Brais Raposo, Antonio Caamaño (2), Pablo Suarez (1), Alejandro Gómez, Bruno Sampaño, Adrian Campaña (1), Jesús Montoiro
CW SANTIAGO: Adrian García, Raúl Gallego (1), Miguel A. Barca), Damián Antelo, Luis Ferrer, Pablo Piñeiro, Brais Raposo, Antonio Caamaño (5), Pablo Suarez (3), Alejandro Gómez, Bruno Sampaño, Adrian Campaña (1), Jesús Montoiro (1)
CW SANTIAGO: Adrian García, Raúl Gallego, Miguel A. Barca (2), Damián Antelo, Luis Ferrer, Pablo Piñeiro (5), Brais Raposo (2), Antonio Caamaño (1), Pablo Suarez (1), Alejandro Gómez (1), Bruno Sampaño (1), Adrian Campaña, Jesús Montoiro
CW SANTIAGO: Adrian García, Raúl Gallego, Miguel A. Barca (1), Damián Antelo, Luis Ferrer (2), Pablo Piñeiro (5), Brais Raposo (3), Antonio Caamaño (1), Pablo Suarez, Alejandro Gómez, Bruno Sampaño, Adrian Campaña, Jesús Montoiro
CW SANTIAGO: Adrian García, Raúl Gallego, Miguel A. Barca, Damián Antelo, Luis Ferrer, Pablo Piñeiro (1), Brais Raposo, Antonio Caamaño (1), Pablo Suarez (3), Alejandro Gómez (1), Bruno Sampaño (1), Adrian Campaña, Jesús Montoiro


O Club Waterpolo Santiago desprázase este próximo fin de semana a Palma de Mallorca a disputar o Campionato de España de 3ª División Zona C, dereito adquirido ao acabar a fase regular da liga galega absoluta en segunda posición.
Encadrado na zona C comezarán a súa participación o venres no duelo galego ante Natación Coruña, seguido o sábado pola mañá do Stadium Venecia de Aragón, o sábado tarde o equipo organizador o Club Waterpolo Mallorca, para acabar o domingo cos partidos ante os dous equipos da Comunidade Valenciana, Club Waterpolo Turia pola mañá e acabar a participación contra Club waterpolo Godella.
Fin de semana de máxima ilusión despois de non participar a tempada anterior os santiagueses volven a un campionato bastante aberto en canto á clasificación, que aínda que a priori os equipos valencianos son os favoritos e no que o estado físico dos equipos conforme pase a competición sexa o que seguramente determinará tamén os resultados e a clasificación.
Desde aquí animar aos nosos xogadores que traballaron duro toda a tempada a que dean o máximo, desfrutar da experiencia e como non, acadar a mellor clasificación deportiva.
17,00 h. CDW Turia B – Stadium Casablanca
18,15 h. CN Coruña – CW Santiago
19,30 h. CN Godella – Mallorca WPC
10,00 h. Stadium Casablanca – CW Santiago
11,15 h. CDW Turia B – CN Godella
12,30 h. Mallorca WPC – CN Coruña
17,00 h. CN Godella – Stadium Casablanca
18,15 h. CN Coruña – CDW Turia B
19,30 h. CW Santiago – Mallorca WPC
9,00 h. CDW Turia B – CW Santiago
10,15 h. CN Godella – CN Coruña
11,30 h. Stadium Casablanca – Mallorca WPC
15,00 h. CW Santiago – CN Godella
16,00 h. CN Coruña – Stadium Casablanca
17,00 h. CDW Turia B – Mallorca WPC


Este sábado disputouse unha nova xornada de liga para os equipos do CW Santiago; visitaba as instalacións de Sta. Isabel o CW Pontevedra e o cadete feminino de ACW. Disputáronse catro partidos cun balance dunha vitoria (Alevín) e tres derrotas (infantil mixto e os dous partidos cadetes femininos)
A xornada deu comezo co partido cadete feminino entre Santiago e Pontevedra, vitoria para as visitantes por seis goles a dous nun partido moi defensivo que se decidiu nos tres primeiros cuartos e que as defensas pecharon nos dous últimos períodos onde ningún equipo foi capaz de ver portería.
CW SANTIAGO – CW PONTEVEDRA 2 – 6 (0-4; 0-0; 1-2; 1-0; 0-0; 0-0)
CW SANTIAGO: SANDRA GOMEZ, SARAY GUILBERT, MARTINA COUCEIRO (1), LAURA SANLUIS (1), UXIA SANLUIS, NATALIA VIEITES, REBECA GOTHLIN, ELENA VAZQUEZ
De seguido saltaron á auga os equipos en categoría alevín mixta, onde os nosos alevíns xogaron o mellor partido da tempada, cunha gran defensa e traballo de axudas,o equipo conseguiu deixar en dous goles ao campión da liga, que ademais co acerto en ataque e pese ao intento de remontar no último cuarto conseguiron manter o resultado a favor para acabar cunha axustada vitoria por cinco goles a catro.
CW SANTIAGO – CW PONTEVEDRA 5 – 4 (0-0; 0-1; 1-0; 1-0; 2-1; 1-2)
CW SANTIAGO: MATEO LAMAS, IAGO FERNANDEZ, MIGUEL PALACIOS, LUCAS VILARIÑO, FERNANDO FERRER (3), UXIA SANLUIS, YAGO DIAZ, SAMUEL GONZALEZ (1), CARLOS ORDOÑEZ, MIGUEL BARCA (1)
O seguinte partido en disputarse foi en categoría infantil mixta, onde o noso equipo loitou o indecible, pero a maior forza física dos visitantes deulles unha clara vitoria por dous a dez despois de deixar sentenciado ao descanso cun claro un a sete. Máis experiencia para o noso equipo composto na súa maioría por xogadores de primeiro ano e algúns alevíns que non lle perderon a cara en ningún momento.
CW SANTIAGO – CW PONTEVEDRA A 2 – 10 (0-2; 0-0; 1-5; 0-1; 0-2; 1-0)
CW SANTIAGO: IAGO GARABATO (1), LUIS GUILBERT, SANTI ESTURAO, MARTIN ZAS, FERNANDO FERRER (1), GABRIEL LESENDE, NATALIA VIEITES, REBECA GOTHLIN, SAMUEL GONZALEZ, ANTONIO MALLO, ANXO PANERO, ANTONIO GARCIA, ROBERTO CARRO
Para rematar, volveron saltar ao auga nosas cadetes femininas para xogar esta vez ante ACW, partido sen historia onde o equipo visitante venceu por un claro un a doce despois dun partido sen tensión onde as xogadoras coruñesas foron moi superiores defensivamente e marcando a maioría dos seus goles de contraataque.
CW SANTIAGO – ACW 1 –12 (0-1; 0-1; 0-3; 1-4; 0-1; 0-2)
CW SANTIAGO: SANDRA GOMEZ, SARAY GUILBERT, MARTINA COUCEIRO, LAURA SANLUIS, UXIA SANLUIS, NATALIA VIEITES, REBECA GOTHLIN, ELENA VAZQUEZ (1)


LEMBRAR A TODAS AS XOGADORAS CONVOCADAS QUE
DEBEN LEVAR O D.N.I ORIXINAL (EXCEPTO AS QUE TEÑEN
COPIA COMPULSADA)


XOGADORES CONVOCADOS
LEMBRAR A TODOS OS XOGADORES CONVOCADOS QUE
DEBEN LEVAR O D.N.I ORIXINAL (EXCEPTO OS QUE TEÑEN
COPIA COMPULSADA)
