CRONICA FASE NACIONAL ABSOLUTA

O EQUIPO ABSOLUTO SEGUNDO NA FASE NACIONAL

abs_2017

 

Magnífica actuación do CW Santiago na fase nacional (Campionato de España de 3ª División-zona C) disputada este pasado fin de semana en Palma de Mallorca que a punto estivo de dar a sorpresa e acabar como campión da fase o que lle permitiría ascender e xogar a próxima tempada na 2ª División nacional. Ao final non puido ser, despois de conseguir catro vitorias nos primeiros catro partidos, o último e definitivo contra o CN Godella valenciano rematou en derrota clara, pero non quita a gran fase e a gran imaxe dada polos nosos absolutos.

Como xa se prevía foi unha fase moi igualada, onde os nosos tiveron un debut complicado, ante o outro equipo galego (Natación Coruña), a ansiedade e as ganas puideron ao equipo que empezou moi nervioso e cun parcial de cero a tres no primeiro cuarto, pero os axustes defensivos e unha boa intensidade en ataque conseguiron darlle a volta ao marcador, para acabar gañando por sete goles a oito e desta forma debutar na fase cunha vitoria que enchía de ilusión e ganas ao noso equipo. O sábado pola mañá enfrontáronse aos aragoneses do Stadium Casabranca, partido moi competido no que a maior experiencia dos santiagueses deulles unha vitoria por once goles a oito que situaba ao equipo santiagués líder da clasificación.

Pola tarde o rival foi o equipo local e organizador da fase, o Mallorca Waterpolo, sen dúbida o mellor partido do campionato por parte do equipo santiagués, obtendo unha cómoda vitoria por trece goles a sete nun partido onde souberon pechar a defensa  e con gran  efectividade en ataque dos nosos outorgáballes o liderado en solitario a falta dos dous partidos do domingo.

O primeiro partido da mañá foi ante os valencianos do Turia, equipo novo e dinámico que fixo sufrir aos santiagueses ata o final,  que despois dun partido cheo de alternativas decidiuse a falta de tres segundos para o final do encontro, sufrida vitoria por doce a once,  que lle daba a oportunidade de ser equipo de liga nacional aos santiaguesesno último encontro da fase, ante o quipo que se prevía desde o principio favorito e que soubo amornar mellor os nervios e a ansiedade para vencer aos santiagueses por un claro  sete a quince, que lles daba a vitoria e o ascenso.

A pesar da derrota e quedar co mel nos beizos, destacar a gran imaxe dada polo noso equipo, que deu en todos os partidos o máximo das súas posibilidades e loito ata o final.

Felicitar ao CN Godella polo seu Ascenso e a seguir traballando por conseguir novos obxectivos.

 

CAMPIONATO DE ESPAÑA DE 3ª DIVISION – ZONA C

miniCamp.España 3.ª Div. Zonca C

12, 13 y 14 de MAYO DE 2017

1ª XORNADA

CW SANTIAGO – CN CORUÑA    8-7 (0-3; 3-1; 2-2; 3-1)

CW SANTIAGO: Adrian García, Raúl Gallego, Miguel A. Barca (1), Damián Antelo, Luis Ferrer (1), Pablo Piñeiro (2),  Brais Raposo, Antonio Caamaño (2), Pablo Suarez (1), Alejandro Gómez, Bruno Sampaño, Adrian Campaña (1), Jesús Montoiro

2ª XORNADA

CW SANTIAGO – STADIUM CASABLANCA  11-8 (2-3; 3-3; 1-2; 2-3)

CW SANTIAGO: Adrian García, Raúl Gallego (1), Miguel A. Barca), Damián Antelo, Luis Ferrer, Pablo Piñeiro,  Brais Raposo, Antonio Caamaño (5), Pablo Suarez (3), Alejandro Gómez, Bruno Sampaño, Adrian Campaña (1), Jesús Montoiro (1)

3ª XORNADA

CW SANTIAGO – MALLORCA WP   13-7 (4-2; 4-1; 3-3; 2-1)

CW SANTIAGO: Adrian García, Raúl Gallego, Miguel A. Barca (2), Damián Antelo, Luis Ferrer, Pablo Piñeiro (5),  Brais Raposo (2), Antonio Caamaño (1), Pablo Suarez (1), Alejandro Gómez (1), Bruno Sampaño (1), Adrian Campaña, Jesús Montoiro

4ª XORNADA

CW SANTIAGO –  CD WP TURIA   12-11 (2-3; 5-2; 2-5; 3-1)

CW SANTIAGO: Adrian García, Raúl Gallego, Miguel A. Barca (1), Damián Antelo, Luis Ferrer (2), Pablo Piñeiro (5),  Brais Raposo (3), Antonio Caamaño (1), Pablo Suarez, Alejandro Gómez, Bruno Sampaño, Adrian Campaña, Jesús Montoiro

 

5ª XORNADA

CW SANTIAGO – CN GODELLA  7-15 (2-4; 1-3; 2-4; 2-4)

CW SANTIAGO: Adrian García, Raúl Gallego, Miguel A. Barca, Damián Antelo, Luis Ferrer, Pablo Piñeiro (1),  Brais Raposo, Antonio Caamaño (1), Pablo Suarez (3), Alejandro Gómez (1), Bruno Sampaño (1), Adrian Campaña, Jesús Montoiro

 

CLASIFICACION FINAL

1.- CN GODELLA
2.- CW SANTIAGO
3.- CN CORUÑA
4.- MALLORCA WP
5.- CD WP TURIA
6.- STADIUM CASABLANCA
patrocinadores

 

Publicado por

Club Waterpolo Santiago

Blog oficial do Club Waterpolo Santiago

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s