DOBRE SUBCAMPIONATO GALEGO
Este sábado disputouse nas instalacións de Sta.Isabel, o Campionato galego Benxamín de Verán e o Campionato Galego Cadete Feminino de Verán, cun balance de dous subcampionatos e un terceiro posto para os equipos do CW Santiago participantes.
A xornada comezou coa disputa do primeiro dos tres partidos en categoría benxamín, onde o representante santiagués participou con dous equipos, no “A” os xogadores de ultimo ano benxamín e no”B” o equipo benxamín da vindeira tempada para que vaia collendo partidos e optar ao título de liga como o acadado este ano. Os nosos máis pequenos enfrontábanse ao CW Pontevedra e o resultado foi un sete a dezaseisa favorable aos de Lérez, aínda así nosos máis pequenos loitaron sen desmaio destacando nosa xogadora Saray Guilbert autora de cinco tantos neste encontro.
A continuación xogouse o duelo de equipos santiagueses entre CW Santiago A e CW Santiago B levándose o encontro os primeiros por un claro once a catro despois dun partido moi emocionante que aínda que os máis maiores foron por diante sempre no marcador, non foi ata o terceiro cuarto onde se distanciaron no marcador despois dun parcial de catro a cero.
Por último quedaba a gran final, CW Santiago A e CW Pontevedra xogábanse o titulo, que finalmente caeu de lado dos pontevedreses despois dun partido moi igualado que comezaron gañando os locais, pero que os de Lérez souberon remontar grazas á súa eficacia defensiva e ás numerosas ocasións de gol erradas polos locais. En definitiva unha gran xornada de waterpolo para os máis pequenos que seguen demostrando a súa progresión e as súas ganas de aprender.
CAMPEONATO GALEGO BENXAMIN DE VERÁN
CW SANTIAGO B – CW PONTEVEDRA 7 – 16 (1-3; 1-3; 2-5; 3-5)
CW SANTIAGO B: Guillermo Carrillo (1), Saray Guilbert (5), Alejandro Grego (1), Xoel Otero, Pedro Rubal, Candela Rubal, Ariana Collazo
CW SANTIAGO A – CW SANTIAGO B 11 – 4 (0-1; 2-3; 0-4; 2-3)
CW SANTIAGO A: Magín López, Nicolás Collazo (4), Miguel Palacios (6), Alejandro González (1), Xose Moscoso
CW SANTIAGO B: Guillermo Carrillo (2), Saray Guilbert (1), Alejandro Grego (1), Xoel Otero, Pedro Rubal, Candela Rubal, Ariana Collazo
CW SANTIAGO A – CW PONTEVEDRA 3 – 5 (2-1; 1-2; 0-0; 0-2)
CW SANTIAGO A: Magín López, Nicolás Collazo, Miguel Palacios (2), Alejandro González, Xose Moscoso (1)
Despois do Campionato benjamín, disputouse a final do Campionato Galego Cadete Feminino de Verán, partido que enfrontaba ao CW Santiago e CW Pontevedra, con resultado final de doce goles a catro favorable ás xogadoras visitantes despois dun partido igualado nos dous primeiros cuartos ao que se chegou con empate a dous, pero a partir de aí as de Pontevedra pecharon a defensa e o seu acerto en ataque deulles o título de maneira cómoda a pesar da loita e esforzo das santiaguesas que durante boa parte do encontro estiveron a dar a sorpresa.
Felicitar a todos os nosos equipos polo traballo ben feito que co tempo dará os seus froitos.
CAMPIONATO GALEGO CADETE FEMININO DE VERÁN
FINAL CW SANTIAGO – CW PONTEVEDRA 4-12 (0-2; 2-0; 0-3; 0-0; 1-4; 1-3)
CW SANTIAGO: Rebeca Gothlin, Saray Guilbert, Martina Couceiro, Laura Sanluis, Rosalía Rey (1), Uxia Sanluis, Natalia Vieites (1), Amanda Prego (2), Elena Vázquez