DERROTA NOS PENALTIS NO SEGUNDO PARTIDO DO PLAY OFF

O segundo partido do play off semifinal, entre CW Santiago e CWG Pontevedra, era a primeira oportunidade para os santiagueses de saldar o enfrontamento entre segundo e terceiro clasificado da liga galega. Partido que ao final se levou o equipo de Pontevedra, que soubo estar máis atinado na quenda de penaltis despois de rematar en táboas o encontro. Iso sÍ, sempre dominado polos pontevedreses, aínda que con vantaxes mínimas, que lles deu o empate na eliminatoria e que se resolverá o próximo día 9 co partido de desempate, que decidirá quen dos dous equipos se enfronta a Natación Coruña na final.
O partido comezou con gol do equipo visitante, que a partir de aí sempre levou a iniciativa, concedendo como moito que os santiagueses empatasen, pero que nunca se puxesen por diante no marcador indo sempre a remolque. Os erros defensivos dos santiagueses, algo que deberán mellorar no próximo partido, daban sempre ao equipo pontevedrés opción de colocarse por enriba no marcador. Cousa que soubo aproveitar cun xogo moito máis pausado e que ao final lles fixo merecedor da vitoria nunha quenda de penaltis na que o porteiro pontevedrés paro dous lanzamentos, e sen erros nos seus lanzamentos. Destacar tamén a fe dos santiagueses que nunca baixaron os brazos, e que a falta de dezasete segundos para a conclusión do partido, perdían de dous goles e conseguiron empatar para provocar a quenda de definitiva de penaltis.

2º PARTIDO PLAY OFF SEMIFINAL LIGA GALEGA 1ªDIVISION

CW SANTIAGO – CWG PONTEVEDRA 13 – 16 (2-2; 4-4; 2-4; 4-2) PENALTIS 1-3

CW SANTIAGO: Carlos Viaño, Miguel Fernández, Ramón Turnes, Fernando Mayer, Luis Ferrer (3), Pablo Piñeiro (3), Brais Raposo, Antonio Caamaño (2), Pablo Suárez (3), Angel Carro, Bruno Sampaño, Adrián Campaña (1), Mateo Raposo.

AVISO IMPORTANTE

POLA DISPUTA DO PLAY OFF SEMIFINAL DA LIGA GALEGA ABSOLUTA, EN HORARIO DE 12.15 H. A 15 H., O PRÓXIMO SÁBADO DÍA 25 ABRIL QUEDA SUSPENDIDO O ADESTRAMENTO

COMEZO DO PLAY OFF CON VITORIA A DOMICILIO

Comezaron os play off na Liga Galega Absoluta de primeira división coa semifinal, que enfrontaba a CWGPontevedra e CW Santiago. Primeiro partido xogado na casa do equipo pontevedrés, e que rematou con vitoria do equipo santiagués por un axustado 11 a 13, nunha semifinal que se prevía igualada e que como cabía esperar así aconteceu nun partido cheo de alternativas. Partido que se decidiu no terceiro cuarto despois dun parcial de 1 a 6 que levou aos santiagueses a entrar no último cuarto con tres goles de vantaxe que soubo manter ata o final. Ata aí foi un partido cheo de alternativas, xa que despois dun inicio fulgurante dos santiagueses, que se escaparon cun parcial de 1 a 4 nos primeiros cinco minutos, dous erros defensivos e unha inferioridade mal defendida deu un marcador de 4 a 4 no primeiro cuarto. O segundo cuarto seguiu coa mesma tónica, e despois do empate a 6, un estirón dos xogadores pontevedreses fíxolles escapar dous goles arriba ao descanso (8 a 6). Despois dos minutos de descanso, o inicio do terceiro cuarto supoñíase importante como así aconteceu. Os santiagueses melloraron defensivamente asfixiando os xogadores de Pontevedra e acertando en ataque, deixando o partido tres goles arriba despois dun parcial de 1 a 6, para manter o resultado no último cuarto, que cun parcial de 2 a 1, deixando o resultado final no definitivo 11 a 13, que dá a primeira vitoria ao equipo santiagués. O próximo envite o sábado 18 de abril ás 17 h na piscina de Sta. Isabel.

 

PLAY OFF SEMIFINAL LIGA GALEGA ABSOLUTA

 CWG PONTEVEDRA – CW SANTIAGO     11 – 13 (4-4; 4-2; 1-6; 2-1)

 CW SANTIAGO: Carlos Viaño, Miguel Fernández, Ramón Turnes (1), Jacobo Pérez, Luis Ferrer, Pablo Piñeiro (9), Brais Raposo, Antonio Caamaño, Pablo Suárez (2), Angel Carro, Bruno Sampaño, Adrián Campaña (1), Jesús Montoiro.

CONVOCATORIA DO EQUIPO ALEVÍN PARA ESTE SÁBADO DÍA 18 DE ABRIL

Comunícase a convocatoria do equipo alevín para este sábado día 18 de Abril segundo as seguintes ordes:

CW SANTIAGO – CN CORUÑA

Categoría: ALEVÍN

Día: 18 de Abril de 2015

Hora: 18:30 h.

Piscina: Piscina Santa Isabel

Convocados: ás 17:15 h na Piscina de Santa Isabel

XOGADORES CONVOCADOS

1. ROBERTO CARRO

2. LUIS GUILBERT

3. SANTI ESTURAO

4. GABRIEL LESENDE

5. MIGUEL BARCA

6. MAURO RODRÍGUEZ

7. REBECA GOTHLIN

8. NEREA CARRILLO

9. IAGO OTERO

10. IAGO GARABATO

11. ANXO PANERO

LEMBRAR A TODOS OS XOGADORES CONVOCADOS QUE DEBERÁN LEVAR O DNI ORIXINAL ( EXCEPTO AQUELES QUE TEÑAN FOTOCOPIA COMPULSADA DO MESMO).

CW SANTIAGO – ACN

Categoría: ALEVÍN

Día: 18 de Abril de 2015

Hora: 18:30 h.

Piscina: Piscina Santa Isabel

Convocados: ás 17:15 h na Piscina de Santa Isabel

XOGADORES CONVOCADOS

1. ROBERTO CARRO

2. LUIS GUILBERT

3. SANTI ESTURAO

4. GABRIEL LESENDE

5. IAGO OTERO

6. MAURO RODRÍGUEZ

7. UXÍA SANLUIS

8. NEREA CARRILLO

9. SAMUEL GONZÁLEZ

10. IAGO GARABATO

11. ANXO PANERO

LEMBRAR A TODOS OS XOGADORES CONVOCADOS QUE DEBERÁN LEVAR O DNI ORIXINAL ( EXCEPTO AQUELES QUE TEÑAN FOTOCOPIA COMPULSADA DO MESMO).

CONVOCATORIA DO EQUIPO INFANTIL PARA ESTE DOMINGO DÍA 12 DE ABRIL

ACW – CW SANTIAGO
CM FERROL – CW SANTIAGO

Categoría: INFANTIL

Día: 12 de Abril de 2015

Hora: 18:00 h. – 19:00 h.

Piscina: Piscina de Caranza ( Ferrol)

Convocados: saída en bus dende Sta. Isabel ás 15:45 h.

XOGADORES CONVOCADOS

1. MARTÍN TORREIRA

2. LUIS GUILBERT

3. ROBERTO VIEIRO

4. GABOR PAZOS

5. ROSALÍA REY

6. ALEX GÓMEZ

7. IVÁN VIEITES

8. ESTEBAN CARRILLO

9. JORGE GÓMEZ

10. ANTONIO MOSCOSO

11. PABLO CHICO

12. JORGE RODRÍGUEZ

13. LAURA SANLUIS

LEMBRAR A TODOS OS XOGADORES CONVOCADOS QUE DEBERÁN LEVAR O DNI ORIXINAL ( EXCEPTO AQUELES QUE TEÑAN FOTOCOPIA COMPULSADA DO MESMO) E 5€ PARA O PAGO DO BUS.

SUSPENSIÓN DOS ENTRENOS EN SAR

Dende hoxe, e ata o vindeiro martes día 7 de Abril, quedan suspensos os entrenos nas instalacións de Sar.