NOVA VITORIA DOS INFANTILES

De novo sábado de partido de liga galega infantil. Ésta vez ante Asociación Coruña Waterpolo, partido importante para seguir a melloría, tanto de resultados coma de xogo dos nosos. Nun partido moi igualado e o parcial gañador do segundo cuarto foi determinante ao final do partido ,xa que foi o único no que non houbo táboas nos parciais. Partido igualado que os nosos rapaces souberon dar o máximo de se, e sobre todo sobrepoñerse no último cuarto, despois de ir sempre por diante no marcador, á única superioridade no marcador dos coruñeses a falta de dous minutos para acabar dándolle a volta ao marcador e rematar co definitivo 8 a 7 favorable dos santiagueses.

LIGA GALEGA INFANTIL

CW SANTIAGO – ACW 8 – 7 (0-0; 1-0; 1-1; 2-2; 2-2; 2-2)

 

CW SANTIAGO: Martin Torreira, Luis Guilbert, Roberto Vieiro, Gabor Pazos, Rosalia Rey, Alex Gómez (6), Daniel Ferreira, Esteban Carrillo (2), Jorge Gómez, Pablo Chico, Antonio Moscoso, Jorge Rodríguez, Laura Sanluis.

BO NADAL E FELICES FESTAS

DSC_0067

CONVOCATORIA DOS INFANTILES E CADETES PARA O VINDEIRO SÁBADO DÍA 13

Comunícase a convocatoria dos equipos infantil e cadete este sábado día 13 de Decembro para xogar fronte Asociación Coruña Waterpolo, segundo a seguinte orde:

CLUB WATERPOLO SANTIAGO – ASOCIACIÓN CORUÑA WATERPOLO

Categoría: INFANTIL

Día: 13 de Decembro de 2014

Hora: 15:45 h.

Piscina: Santa Isabel

Convocados: 15 h. CAMBIADOS na Piscina de Santa Isabel

XOGADORES CONVOCADOS

1. MARTÍN TORREIRA

2. LUIS GUILBERT

3. ROBERTO VIEIRO

4. GABOR PAZOS

5. ROSALÍA REY

6. ALEX GÓMEZ

7. DANIEL FERREIRA

8. ESTEBAN CARRILLO

9. JORGE GÓMEZ

10. LAURA SANLUIS

11. ANTONIO MOSCOSO

12. PABLO CHICO

13. JORGE RODRÍGUEZ

LEMBRAR A TODOS OS XOGADORES CONVOCADOS QUE DEBERÁN LEVAR O DNI ORIXINAL ( EXCEPTO AQUELES QUE TEÑAN FOTOCOPIA COMPULSADA DO MESMO)

CLUB WATERPOLO SANTIAGO – ASOCIACIÓN CORUÑA WATERPOLO

Categoría: CADETES

Día: 13 de Decembro de 2014

Hora: 17:00 h.

Piscina: Santa Isabel

Convocados: 16 h. CAMBIADOS na Piscina de Santa Isabel

XOGADORES CONVOCADOS

1. JAVIER ROMARÍS

2. GABOR PAZOS

3. RODRIGO VARELA

4. OTTO GOTHLIN

5. PAULO JUNQUERA

6. UXÍA TABOADA

7. ROSALÍA REY

8. ESTEBAN CARRILLO

9. ALEX GÓMEZ

10. MANUEL CEBEY

11. XOAQUÍN GENDRA

12. BRUNO SAMPAÑO

13. ANTÓN GENDRA

LEMBRAR A TODOS OS XOGADORES CONVOCADOS QUE DEBERÁN LEVAR O DNI ORIXINAL ( EXCEPTO AQUELES QUE TEÑAN FOTOCOPIA COMPULSADA DO MESMO)

FESTA DE NADAL O VINDEIRO SÁBADO DÍA 13

Queridos xogadores e seguidores do Club WaterPolo Santiago

comunicarvos que este próximo sábado día 13, terá lugar na Piscina de Santa Isabel a festa de Nadal do Club.
Despois dos partidos que terán lugar pola tarde, festexarase a unión entre os xogadores e as súas familias co tradicional partido entre absolutos e as distintas categorías, así como o partido fronte aos pais.
Ao finalizar estes encontros, terá lugar unha merenda no bar Caamaño, sito en Rúa do Cruceiro do Gaio, 8 ( o mesmo lugar onde se efectuou en ano pasado)
Meter gorro, chanclas e bañador na bolsa, porque

ESTADES TODOS INVITADOS…

SUSPENSIÓN DOS ENTRENOS

Por motivo das festas da Constitución e a Inmaculada, quedan suspendidos os adestramentos dos días 6, 7 e 8 en todas as categorías, volvendo aos mesmos o martes día 9.

Entrenarase con normalidade e no horario habitual o resto das xornadas

VITORIA ABSOLUTA NO DUELO DE LÍDERES

Emocionante partido na piscina de Sta. Isabel no duelo de invictos da Liga Galega Absoluta, entre CW Santiago e CN Coruña, que se resolveu por un axustado 9 a 8, despois dun partido, que empezou con alternativas no marcador, tanto no primeiro coma no segundo cuarto, ao cal se chegou cun resultado de 5 goles a 4 a favor dos santiagueses. O terceiro cuarto foi clave, xa que un parcial de 3 a 0 nos primeiros catro minutos do cuarto, supuxo un estirón no marcador do equipo santiagués que soubo aguantar fronte o arreon final dos coruñeses. Éstes conseguiron achegarse ata o 9 a 8 a falta de catro minutos para o final do partido, pero a férrea defensa dos santiagueses, a partir dese momento, conseguiu manter o resultado, que xa non se movería ata o final.

LIGA GALEGA ABSOLUTA 1ª DIVISION

CW SANTIAGO – CN CORUÑA 9- 8 (2-2; 3-2; 3-2; 1-2)

 

CW SANTIAGO: Carlos Viaño, Miguel Fernandez, Ramón Turnes (1), Fernando Mayer (1), Luis Ferrer (1), Pablo Piñeiro (1), Brais Raposo (2), Antonio Caamaño, Pablo Suarez (1), Angel Carro, Jesus Montoiro, Adrian Campaña (2), Bruno Sampaño