COMPLICADA VITORIA DOS NOSOS CADETES

Tamén os nosos cadetes conseguiron unha importante vitoria ante CN Coruña, moito máis difícil do que o resultado marcou, xa que o noso xogadores non se foron no marcador ata mediados do terceiro cuarto. Ata aí, o marcador reflicte un inquietante 6 a 4, e cun penalti en contra que os coruñeses erraron. A partir dese momento, un parcial de 6 a 1 nese cuarto deu tranquilidade aos santiagueses, que corroboraron cun 3 a 0 no último cuarto, cun marcador final de 15 a 5 que, malia a diferenza, custou conseguilo.

LIGA GALEGA CADETE

CW SANTIAGO – CN CORUÑA 15 – 5 (1-2; 5-2; 6-1; 3-0)

 

CW SANTIAGO: Javier Romaris, Gabor Pazos, Rodrigo Varela, Otto Gothlin (1), Paulo Junquera, Uxia Taboada (1), David Romeu, Alex Gómez (1), Manuel Cebey (4), Xoaquin Gendra (3), Bruno Sampaño (5), Antón Gendra

PRIMEIRA VICTORIA DA TEMPADA PARA OS NOSOS ALEVÍNS

Merecida vitoria dos nosos alevíns contra o Club Natación Coruña nun partido moi serio en defensa dando poucas opcións aos coruñeses e que provoco numerosos contraataques que os nosos peques solucionaron con goles. Xa a metade do partido, o resultado era favorable por 7 goles a 1, podendo xogar moitos minutos todos os nosos xogadores máis novos para que vaian collendo sensacións de cara a vindeiros partidos.

LIGA GALEGA ALEVÍN

CW SANTIAGO – CN CORUÑA   14 – 3 (3-1; 1-0; 3-0; 4-0; 2-2; 1-0)

 

CW SANTIAGO: Roberto Carro, Luis Guilbert (6), Daniel Ferreira (5), Fernando Ferrer (1), Antonio Mallo, Nerea Carrillo, Anxo Panero, Iago Garabato (2), Samuel González, Sabela Ferreira.

CONVOCATORIA DOS EQUIPOS ALEVÍN E CADETE PARA ESTE SÁBADO DÍA 29 DE NOVEMBRO

Comunícase a convocatoria dos equipos alevín e cadete para este sábado día 29 de Novembro segundo a seguinte orde:

CLUB WATERPOLO SANTIAGO – CLUB NATACIÓN CORUÑA

Categoría: ALEVÍN

Día: 29 de Novembro de 2014

Hora: 16:00 h.

Piscina: Santa Isabel

Os xogadores a continuación convocados estarán cambiados nas instalacións ás 15:15 h.

XOGADORES CONVOCADOS

1. ROBERTO CARRO

2. LUIS GUILBERT

3. SANTI ESTURAO

4. DANIEL FERREIRA

5. FERNANDO FERRER

6. MAURO RODRÍGUEZ

7. ANTONIO MALLO

8. NEREA CARRILLO

9. ANXO PANERO

10. IAGO GARABATO

11. SAMUEL GONZÁLEZ

12. SABELA FERREIRA

LEMBRAR A TODOS OS XOGADORES CONVOCADOS QUE DEBERÁN LEVAR O DNI ORIXINAL ( EXCEPTO AQUELES QUE TEÑAN FOTOCOPIA COMPULSADA DO MESMO)

 

CLUB WATERPOLO SANTIAGO – CLUB NATACIÓN CORUÑA

Categoría: CADETE

Día: 29 de Novembro de 2014

Hora: 17:15 h.

Piscina: Santa Isabel

Os xogadores a continuación convocados estarán cambiados nas instalacións ás 16:30 h.

XOGADORES CONVOCADOS

1. JAVIER ROMARÍS

2. GABOR PAZOS

3. PAULO JUNQUERA

4. OTTO GOTHLIN

5. RODRIGO VARELA

6. UXÍA TABOADA

7. DAVID ROMEU

8. ESTEBAN CARRILLO

9. ALEX GÓMEZ

10. MANUEL CEBEY

11. XOAQUÍN GENDRA

12. BRUNO SAMPAÑO

13. ANTÓN GENDRA

LEMBRAR A TODOS OS XOGADORES CONVOCADOS QUE DEBERÁN LEVAR O DNI ORIXINAL ( EXCEPTO AQUELES QUE TEÑAN FOTOCOPIA COMPULSADA DO MESMO)

CLARA DERROTA DO NOSO EQUIPO ALEVÍN

Derrota do noso equipo alevín ante un equipo de Ferrol superior, ao que só púidoselle aguantar un cuarto e que a partir do segundo tempo, se escapou no marcador grazas á súa maior forza física. Aínda así,  os nosos xogadores non deixaron de loitar durante todo o partido, collendo experiencia para seguintes partidos.

LIGA GALEGA ALEVIN

CLUB MARINA FERROL – CW SANTIAGO 11 – 3 (1-1; 3-0; 2-1; 3-0; 0-0; 2-1)

CW SANTIAGO: Roberto Carro, Luis Guilbert (2), Santi Esturao, Fernando Ferrer (1), Mauro Rodríguez, Natalia Vieites, Nerea Carrillo, Anxo Panero, Iago Garabato, Rebeca Gothlin

PRIMEIRA E MERECIDA VICTORIA DOS NOSOS INFANTILES

Primeira e merecida vitoria dos nosos infantís na liga galega. Partido cunha grande intensidade defensiva dende o inicio e na que conseguiron manter a porta a cero en tres dos catro primeiros cuartos, e unha grande efectividade en ataque, deixando solucionado o encontro cun parcial de 1 a 10, dando minutos a todos os xogadores nos dous últimos cuartos para que vaian progresando e integrándose no equipo.

 

LIGA GALEGA INFANTIL

CLUB MARINA FERROL – CW SANTIAGO 3 – 11 (0-2; 0-2; 1-3; 0-3; 1-0; 1-1)

CW SANTIAGO: Martin Torreira, Luis Guilbert, Roberto Vieiro (1), Gabor Pazos (2), Rosalía Rey (1), Alex Gómez (5), Iban Vieites, Esteban Carrillo (2), Jorge Gómez, Damián Antelo, Antonio Moscos, Jorge Rodríguez

OS NOSOS CADETES ACADAN UN EMPATE

Noso equipo cadete conseguiu un amargo empate a 9, nun partido no que sempre foron por diante no marcador e que a falta dun minuto para o final os ferrolanos conseguiron empatar. Aaínda houbo opción a falta de cinco segundos para finalizar o partido de poder ter resolto o mesmo, pero a xogada final non chegou a materializarse. Bo partido dos nosos xogadores defensivamente, traballando con grande intensidade e correcto en ataque, o cal deu o primeiro punto da tempada.

 

LIGA GALEGA CADETE

 

CLUB MARINA FERROL – CW SANTIAGO 9 – 9 (2-3; 3-3; 1-1; 3-2)

 

CW SANTIAGO: Javi Romaris, Gabor Pazos, Rodrigo Varela, Otto Gothlin, Paulo Junquera, Uxia Taboada (1), Rosalía Rey, Esteban Carrillo, Alex Gómez (2), Manuel Cebey (3), Xoaquin Gendra (1), Bruno Sampaño (2), Antón Gendra