O último encontro do desprazamento correspondeu ao Absoluto masculino de División de Honra, que pechou a xornada cun triunfo importante por 11–16. O inicio foi complicado: dous erros defensivos provocaron un temperán 2–0 en contra, obrigando ao equipo a reaxustar o seu plan táctico.
A partir de mediados do primeiro cuarto, os axustes defensivos comezaron a dar resultado e o equipo non só igualou o marcador, senón que logrou poñerse por diante antes de finalizar o período. Desde entón, os santiagueses non volveron perder a vantaxe.
“A reacción foi moi boa. Subimos a intensidade defensiva, afinamos a circulación en ataque e, a partir de aí, levamos o control do partido”, destacou Xavi Pérez.
O triunfo consolida ao equipo na súa dinámica de crecemento e reforza a confianza para os próximos compromisos ligueiros.
O terceiro partido do día correspondeu á categoría Infantil mixta, onde o equipo B do club completou un encontro moi serio, impoñéndose por 8–13. Desde os primeiros minutos os santiagueses tomaron a iniciativa, mantendo vantaxes constantes no marcador.
“É un grupo que está medrando moito en madurez competitiva. Mantiveron a concentración, defenderon con orde e souberon xestionar o ritmo do partido”, valorou Xavi Pérez, satisfeito coa evolución dos infantís.
A vitoria reforza a progresión do equipo, que suma varias actuacións moi positivas nas últimas semanas.
O segundo encontro da xornada enfrontou ao equipo Cadete mixto cun Marina Ferrol moi sólido fisicamente. Aínda que os santiagueses comezaron ben posicionados e competindo de ti a ti nos primeiros minutos, o rival conseguiu impoñer o seu ritmo e levou o partido por 20–5.
“Tivemos un bo inicio, pero algúns erros no segundo e terceiro cuarto penalizáronnos. Eles souberon aproveitar cada fallo. Aínda así, o equipo mantivo a actitude, e iso é fundamental”, sinalou Xavi Pérez.
A derrota serve como punto de análise para continuar axustando aspectos defensivos e mellorar a consistencia ao longo dos catro períodos.
O primeiro partido do día tivo como protagonistas aos alevíns, dirixidos por Ceci Cobas, que conseguiron unha vitoria contundente por 12–2. O equipo mostrou desde o inicio unha actitude moi concentrada, impoñendo un ritmo alto en ataque e mantendo unha defensa ordenada.
“Os rapaces saíron moi conectados. O que traballamos nos adestramentos comeza a verse na auga, especialmente na ocupación de espazos e na toma de decisións”, explicou Ceci Cobas ao rematar o encontro.
O resultado confirma a liña ascendente do grupo, que nas últimas semanas amosou un progreso notable tanto a nivel técnico como colectivo.
Os equipos de base e absolutos lograron tres triunfos en catro partidos fronte ao Marina Ferrol nunha xornada marcada pola solvencia ofensiva e o equilibrio defensivo
Un domingo de resultados clave para a continuidade da tempada
Os equipos do club santiagués completaron este domingo unha das súas xornadas máis sólidas da tempada, sumando tres vitorias en catro encontros na súa visita ás instalacións do Marina Ferrol. A pesar das diferencias de categoría e ritmo competitivo, o conxunto compostelán mostrou unha evolución notable, especialmente nas seccións dirixidas por Xavi Pérez, responsable das categorías desde superiores, e Ceci Cobas, encargada das formacións de base desde Benxamín e Alevín.
Alevíns: unha vitoria contundente para abrir a serie (12-2)
O primeiro encontro da mañá estivo protagonizado pola categoría Alevín, dirixida por Ceci Cobas. O equipo A – impúxose cun claro marcador cerrado en 12-2, demostrando orde táctica e unha superioridade ofensiva que se fixo evidente desde os primeiros minutos.
“Os rapaces entraron moi concentrados, aplicando o traballo que levamos semanas reforzando. Fixeron un partido moi completo, tanto en defensa como en transición ofensiva”, explicou Ceci Cobas, que destacou tamén o carácter formativo deste tipo de desprazamentos.
O triunfo supón un paso máis na consolidación dun grupo que, segundo a adestradora, “está aprendendo a competir sen perder o foco no desenvolvemento técnico individual”.
“Cómpre salientar que nesta etapa de Alevín a frecuencia dos adestramentos resulta determinante; un mínimo de tres sesións semanais sería o adecuado para garantir unha aprendizaxe sólida e evitar que sexan as lesións as que condicionen a súa evolución no futuro.”
Cadete mixto: bo inicio, pero derrota clara (20-5)
A segunda cita do día correspondeu ao encontro Cadete mixto, no que os santiagueses amosaron unha entrada en partido sólida, pero finalmente non puideron manter o ritmo ante un conxunto ferrolán máis físico e máis efectivo nos dous extremos do campo. O resultado final, 20-5, reflectiu a diferenza no tramo central do encontro.
“Comezamos cun nivel competitivo moi alto, pero o segundo e terceiro cuarto penalizáronnos. Houbo erros non forzados que o rival soubo aproveitar á perfección”, sinalou Xavi Pérez, quen valorou igualmente a actitude do equipo: “Estas derrotas tamén forman parte do proceso; a clave é analizar o que podemos mellorar e seguir adiante”.
Infantil mixto: control do xogo e madurez competitiva (8-13)
O terceiro encontro, en categoría Infantil mixta, estivo marcado polo control do marcador do equipo B desde o primeiro cuarto. A escuadra compostelá tomou vantaxe inicial e mantivo un xogo constante que lles permitiu pechar o partido con vitoria por 8-13.
“É un grupo que está madurando moito. Mantiveron a concentración, incluso nos momentos de maior presión. O traballo defensivo foi clave”, explicou Xavi Pérez, que destacou o bo posicionamento e a capacidade de lectura de xogo dos seus deportistas.
A vitoria reforza a liña ascendente dun equipo que leva varias semanas mostrando unha regularidade maior tanto en adestramentos como en competición.
Absoluto masculino: remontada e autoridade final (11-16)
O último partido da xornada foi o da categoría Absoluta masculina de División de Honra, onde o equipo santiagués protagonizou a actuación máis complexa e ao mesmo tempo máis sólida da visita a Ferrol.
O inicio foi adverso: dous goles en contra tras erros defensivos colocaron un 2-0 que obrigou a reorganizar o esquema. Porén, os axustes feitos por Xavi Pérez a mediados do primeiro cuarto —especialmente a nivel defensivo— permitiron non só frear as ofensivas do Marina Ferrol, senón tamén virar o partido antes de finalizar o período inicial.
A partir de aí, os santiagueses non volveron perder a vantaxe no marcador e selaron un triunfo claro por 11-16, sustentado nun ataque eficaz e nunha defensa moito máis compacta.
“A reacción foi excelente. O equipo entendeu que tiñamos que subir a intensidade defensiva e minimizar erros. Desde ese momento, o partido cambiou por completo”, detallou o adestrador.
Un balance que reforza confianza e marca o camiño da segunda metade de tempada
As tres vitorias logradas en Ferrol representan un impulso importante para o club, tanto no apartado clasificatorio como na confianza dos grupos. A combinación de resultados permite observar a consistencia da estrutura técnica e a progresión das diferentes xeracións que integran o proxecto.
Segundo Cobas, o crecemento da base é esencial:
“Os máis pequenos están asumindo conceptos moi rápido. Iso facilita que, cando chegan ás categorías superiores, teñan xa unha base sólida que lles permite competir mellor”.
Pola súa parte, Pérez incide na continuidade do traballo diario:
“Os resultados están ben, pero o que nos move é a mellora constante. Cada partido, cada adestramento é unha oportunidade de aprender e seguir medrando como equipo”.
Para comezar, contádenos un pouco sobre as orixes de Millapets. Como naceu o proxecto e que vos inspirou a dedicarvos á peluquería canina, á tenda especializada en mascotas e ao coidado integral dos peludos amigos?
A idea xurdiu despois de varios anos traballando para outras empresas. Sabiamos que este sector estaba en auxe polo crecente interese nos coidados das nosas mascotas: alimentación, complementos e, sobre todo, estética canina e felina. Ademais, gústanos moito o noso traballo cos animais, polo que decidimos dar o paso e crear o noso propio proxecto.
Que valores definen a Millapets e como os levades á práctica no voso día a día?
O noso principal valor é o benestar dos animais. Apostamos por unha estética respectuosa e por unha alimentación natural, sa e equilibrada. Sempre buscamos o mellor para eles, tanto no que toca á súa saúde como ao seu coidado integral.
En Ames e arredores convertístesvos nunha referencia. Que credes que vos axudou a conectar tan ben coa xente da zona?
Cremos que é polo noso traballo, o mimo que lle damos tanto aos clientes como ás súas mascotas e o asesoramento personalizado que ofrecemos sempre que teñen unha dúbida. Esa confianza construíuse pouco a pouco.
No voso sector, o coidado integral é clave. Que é o que máis gozades do voso traballo?
O mellor momento é cando rematamos un servizo e vemos o resultado, pero sobre todo cando o cliente recolle á súa mascota feliz e satisfeita. Esa reacción compensa todo.
Como patrocinadores do equipo de Waterpolo, compartimos valores como esforzo, traballo en equipo e superación. Que vos motivou a colaborar connosco?
A colaboración naceu porque teño aos meus sobriños no club, un deles Leo, o meu afillado. Puiden ver de preto que é un club moi familiar. Notei un cambio moi positivo nos nenos grazas ao traballo que realizades. Paréceme que estades a facer unha labor excelente.
Vedes algunha relación entre o espírito do deporte e o da vosa labor en Millapets?
Por suposto. O traballo, a constancia e o esforzo son claves tanto no deporte como no noso día a día. Tamén o traballo en equipo, que é algo que se lles transmite aos nenos en todo o club.
Hai algún servizo estrela ou produto imprescindible que vos gustaría que coñecese a comunidade do Waterpolo?
O noso servizo principal é a peluquería canina e felina. Pero tamén consideramos fundamental ofrecer unha boa alimentación e os coidados básicos que toda mascota necesita hoxe en día.
A vida dun negocio local non sempre é doada. Que desafíos afrontastes e como os superastes mantendo o voso espírito?
O principal reto é a competencia. É algo co que loitamos día a día. Por iso sempre intentamos dar o mellor de nós e ofrecer un servizo excelente, para que os clientes se sintan a gusto e vexan ás súas mascotas felices despois de cada sesión.
Mirando ao futuro, que proxectos ou soños tedes para Millapets?
Sempre estamos pensando en melloras, tanto para o negocio como para os nosos clientes. Queremos seguir apostando pola alimentación natural e pola mellor cosmética para as mascotas. Hai moito camiño por diante.
Para rematar, que mensaxe vos gustaría enviar á comunidade, aos clientes e á familia do Waterpolo?
Para quen aínda non nos coñece, gustaríanos que nos dean a oportunidade de mostrar o noso traballo e dedicación polos mellores amigos de catro patas. E grazas aos nosos clientes, porque hoxe en día somos unha auténtica familia.
Onte competimos na piscina de Frigsa, en Lugo, os nosos equipos infantil, absoluto feminino e absoluto masculino levouse as vitorias deportivas, pero a verdadeira vitoria para nós está noutro partido: o da loita contra a violencia de xénero.
Unimos esforzos dentro e fóra da auga para facer visible esta causa e seguir avanzando cara a unha sociedade máis xusta e segura para todas.
O equipo absoluto masculino completou a xornada cun triunfo contundente por 3-22, protagonizando unha das actuacións máis destacadas do día. Un inicio arrollador permitiu abrir unha diferenza de sete goles xa no primeiro parcial, apoiándose nunha defensa moi sólida que mantivo a portería a cero durante os tres primeiros períodos. O dominio en todas as fases do xogo, tanto en defensa como en ataque posicional e contragolpe, deixou sen opcións ao rival e consolidou unha vitoria clara que reforza o bo momento competitivo do equipo.
O encontro do Infantil B foi o máis disputado da xornada, cun marcador moi igualado durante os catro primeiros períodos. A clave chegou no quinto parcial, no que o CW Santiago conseguiu un determinante 1-5, rompendo o equilibrio e tomando o control definitivo do partido. Na recta final, o equipo mantivo a concentración e soubo xestionar a vantaxe, pechando o duelo cun 11-15 que reflicte o esforzo e a mellora do grupo ao longo do encontro.