COPA GALEGA ABSOLUTA

A todos os pais e deportistas do club: Informámosvos que o vindeiro sábado día 25 de Marzo , pola Disputa da COPA GALEGA ABSOLUTA non haberá adestramento xa que a piscina estará ocupada polo devandito Campionato.


A todos os pais e deportistas do club: Informámosvos que o vindeiro sábado día 25 de Marzo , pola Disputa da COPA GALEGA ABSOLUTA non haberá adestramento xa que a piscina estará ocupada polo devandito Campionato.


Derradeira xornada da fase regular da liga absoluta de 1ª división a disputada este pasado sábado polo CW Santiago na piscina de Santa Isabel ante RCN de Vigo , partido transcendente para reafirmar a segunda posición da clasificación e cumprir dous obxectivos, o primeiro a clasificación para o Campionato de España de 3ª División e ter vantaxe de campo nas semifinais do play off galego, onde os santiagueses non fallaron vencendo por un claro catorce a seis despois dun partido marcado por un bo inicio dos locais cun primeiro cuarto intenso tanto en defensa como en ataque o que propicio un parcial de catro a cero que infundiu tranquilidade para levar o partido de maneira cómoda ata o final.
CW SANTIAGO: ADRIAN GARCIA, RAUL GALLEGO, RAMON TURNES, ALEJANDRO PADILLA (1), LUIS FERRER (3), ALEX GOMEZ (2), BRAIS RAPOSO, GABOR PAZOS, PABLO SUAREZ (2), ANGEL CARRO (1), BRUNO SAMPAÑO (1), ADRIAN CAMPAÑA (2), MIGUEL BARCA (2).
Derrota nos dous partido disputados por ambos os equipos con anterioridade, o primeiro en categoría cadete feminina, onde pouco puideron facer as xogadoras locais ante a avalancha de goles das visitantes, aínda así continúan a súa progresión buscando alcanzar o obxectivo a longo prazo de ter equipo en categoría absoluta feminina.
CW SANTIAGO; SANDRA GOMEZ, SARAY GUILBERT, MARTINA COUCEIRO, LAURA SANLUIS, ROSALIA REY (3), UXIA SANLUIS, NATALIA VIEITES, REBECA GOTHLIN, ELENA VAZQUEZ (1)
Para rematar o derradeiro partido cadete mixto, onde ambos os equipos loitaban polo subcampeonato da liga galega, inicio igualado aínda que o maior acerto para gol dos visitantes fixo que con dous parciais idénticos nos dous primeiros parciais dun a dous máis un terceiro de cero a dous decantaba a balanza para os visitantes, que entraron no ultimo parcial cun favorable dous a seis pero unha gran reacción local e un parcial de tres a cero coloco un cinco a seis a falta de 15 segundos pero os visitantes conseguiron defendela e acabaron levándose o encontro e o subcampeonato.
CW SANTIAGO: MARTIN TORREIRA, LUIS GUILBERT, LAURA SANLUIS, GABOR PAZOS, ROSALIA REY, ALEX GOMEZ (3), IVAN VIEITES, ANTONIO MOSCOSO, OSCAR ALVAREZ, DAMIAN ANTELO, PABLO CHICO (2), JORGE RODRIGUEZ, IAGO GARABATO


LEMBRAR A TODOS OS XOGADORES CONVOCADOS QUE
DEBEN LEVAR O D.N.I ORIXINAL (EXCEPTO OS QUE TEÑEN
COPIA COMPULSADA)


LEMBRAR A TODAS AS XOGADORAS CONVOCADAS QUE
DEBEN LEVAR O D.N.I ORIXINAL (EXCEPTO AS QUE TEÑEN
COPIA COMPULSADA)

Este pasado domingo disputouse unha nova xornada de liga para os equipos do CW Santiago, desprazámonos a Coruña para xogar un dobre enfrontamento en categoría infantil e cadete ante CN Coruña, co resultado dun empate en infantil e unha derrota en cadete.
Comezou a xornada co partido en categoría infantil, e non comezou ben para os santiagueses que saíron demasiado durmidos o que propiciou que os locais se fosen no marcador por catro goles a un ao finalizar o segundo cuarto, pero a partir dese momento unha boa defensa e o maior acerto en ataque propiciou que se chegase a falta de corenta segundos cun gol abaixo, unha boa defensa e un último ataque visitante que con moitos apuros conseguiu empatar o partido no último segundo. Bo traballo dos nosos mozos que lles outorgo un valioso punto.

CW SANTIAGO: IAGO GARABATO, SANTIAGO ESTURAO (1), MARTIN ZAS (2), FERNANDO FERRER (5), GABRIEL LESENDE, NATALIA VIEITES, REBECA GOTHLIN, ANTONIO MALLO, ANTONIO GARCIA
O seguinte partido foi en categoría cadete, partido en teoría complicado para os santiagueses ante o xa campión da categoría, pero un gran inicio de partido cunha gran defensa e moita efectividade en ataque propiciou que os santiagueses se puxesen diante no marcador ao finalizar o primeiro cuarto por un gol a tres, pero no segundo cuarto varios erros defensivos e a ineficacia en ataque propiciou un parcial de catro a cero para os locais que se puxeron dous goles por diante, e que a pesar dos intentos dos visitantes foron imposibles de remontar acabando o partido con vitoria local por oito goles a seis. Destacar o traballo que veñen realizando os nosos cadetes, en franca progresión e que este vindeiro sábado día dezaoito loitaran polo subcampeonato de liga.
CW SANTIAGO: MARTIN TORREIRA, FERNANDO FERRER, GERMAN BRUZOS, GABOR PAZOS (2), OSCAR ALVAREZ, ALEX GOMEZ (1), IVAN VIEITES (1), ANTONIO MOSCOSO, SANTIAGO ESTURAO, DAMIAN ANTELO (2), PABLO CHICO, JORGE RODRIGUEZ, IAGO GARABATO.

Fin de semana con dobre partido para o noso equipo con dous partidos moi interesantes e que se saldo cunha vitoria ante CW Pontevedra e unha derrota ante CN Coruña. O sábado os santiagueses desprazáronse a Pontevedra para disputar o seu encontro aprazado da primeira xornada e que se saldou cunha importantísima vitoria por seis goles a sete despois dun partido intenso e que se decidiu grazas sobre todo á gran defensa visitante que concedeu moi poucas ocasións aos locais, tanto en igualdade como sobre todo en inferioridade onde os santiagueses estiveron case perfectos (só concederon dous goles nas doce inferioridades que tivo o equipo local), mantendo o resultado sempre igualado e que estiraron os visitantes a dous goles a falta de tres minutos e que os locais xa non puideron remontar.

Despois da vitoria do sábado tocaba desprazarse a Coruña para dilucidar a primeira posición da fase regular que a falta deste partido e derradeira xornada disputaríanse os dous equipos e que ao final caeu de lado dos coruñeses tras vencer por once a oito, despois dun partido moi disputado ata o terceiro cuarto igual que a xornada anterior sempre con diferenza máxima dun gol ata mediado do terceiro período onde os santiagueses distanciáronse dous goles arriba, a partir dese momento a falta de puntería en ataque dos visitantes e o seu baixón físico despois de dous partidos moi duros propiciou un parcial demoledor de cinco a cero que deu o resultado final.

Este sábado disputouse unha nova xornada de liga para os equipos do CW Santiago, Absoluto 2ª división, cadete e infantil que se desprazaron a Pontevedra para disputar os seus partidos. O balance: unha vitoria cadete e derrotas absoluta e infantil.
O equipo infantil desprazábase con ganas de tentar resarcirse da derrota sufrida en casa na primeira volta ante o equipo B de Pontevedra, pero os numerosos despistes defensivos e o pouco acerto en ataque propiciou unha derrota sen paliativos por un claro catorce a cero, pouco se pode dicir do partido do que sen dúbida foi o máis frouxo de toda a tempada. Seguiremos traballando para mellorar.

Seguidamente disputouse o partido en categoría cadete, onde os nosos conseguiron vencer por oito goles a trece, nun partido dominado que no primeiro cuarto estivo igualado acabando un gol arriba os locais, pero que a vitoria nos outros tres parciais dos visitantes acabou decidindo o resultado final nun claro oito a trece. Bo traballo o que está a levar a cabo os nosos cadetes que a pesar de non poder optar ao título, si están a loitar polo subcampeonato, o que demostra a súa gran progresión.
Por último disputouse o partido na categoría absoluta de segunda división entre os dous equipos B, partido que se decidiu no primeiro cuarto no que os visitantes saíron demasiado brandos e o catro a cero inicial xa foi imposible de remontar pese ao esforzo dos santiagueses que si conseguiron igualar eses tres parciais, dando maior mobilidade e xogo en ataque ademais de axustar a defensa.


LEMBRAR A TODOS OS XOGADORES CONVOCADOS QUE
DEBEN LEVAR O D.N.I ORIXINAL (EXCEPTO OS QUE TEÑEN
COPIA COMPULSADA)


LEMBRAR A TODO OS XOGADORES CONVOCADOS QUE
DEBEN LEVAR O D.N.I ORIXINAL (EXCEPTO OS QUE TEÑEN
COPIA COMPULSADA) E 5 EUROS PARA O PAGO DO BUS


LEMBRAR A TODO OS XOGADORES CONVOCADOS QUE
DEBEN LEVAR O D.N.I ORIXINAL (EXCEPTO OS QUE TEÑEN
COPIA COMPULSADA) E 5 EUROS PARA O PAGO DO BUS