EMPATE INFANTIL E DERROTA CADETE
Este pasado domingo disputouse unha nova xornada de liga para os equipos do CW Santiago, desprazámonos a Coruña para xogar un dobre enfrontamento en categoría infantil e cadete ante CN Coruña, co resultado dun empate en infantil e unha derrota en cadete.
Comezou a xornada co partido en categoría infantil, e non comezou ben para os santiagueses que saíron demasiado durmidos o que propiciou que os locais se fosen no marcador por catro goles a un ao finalizar o segundo cuarto, pero a partir dese momento unha boa defensa e o maior acerto en ataque propiciou que se chegase a falta de corenta segundos cun gol abaixo, unha boa defensa e un último ataque visitante que con moitos apuros conseguiu empatar o partido no último segundo. Bo traballo dos nosos mozos que lles outorgo un valioso punto.
LIGA GALLEGA INFANTIL MIXTA
CN CORUÑA – CW SANTIAGO 8 – 8 (3-0; 1-1; 0-1; 1-1; 1-2; 2-3)
CW SANTIAGO: IAGO GARABATO, SANTIAGO ESTURAO (1), MARTIN ZAS (2), FERNANDO FERRER (5), GABRIEL LESENDE, NATALIA VIEITES, REBECA GOTHLIN, ANTONIO MALLO, ANTONIO GARCIA
O seguinte partido foi en categoría cadete, partido en teoría complicado para os santiagueses ante o xa campión da categoría, pero un gran inicio de partido cunha gran defensa e moita efectividade en ataque propiciou que os santiagueses se puxesen diante no marcador ao finalizar o primeiro cuarto por un gol a tres, pero no segundo cuarto varios erros defensivos e a ineficacia en ataque propiciou un parcial de catro a cero para os locais que se puxeron dous goles por diante, e que a pesar dos intentos dos visitantes foron imposibles de remontar acabando o partido con vitoria local por oito goles a seis. Destacar o traballo que veñen realizando os nosos cadetes, en franca progresión e que este vindeiro sábado día dezaoito loitaran polo subcampeonato de liga.
LIGA GALLEGA CADETE MIXTA
CN CORUÑA – CW SANTIAGO 8 – 6 (1-3; 4-0; 2-1; 1-2)
CW SANTIAGO: MARTIN TORREIRA, FERNANDO FERRER, GERMAN BRUZOS, GABOR PAZOS (2), OSCAR ALVAREZ, ALEX GOMEZ (1), IVAN VIEITES (1), ANTONIO MOSCOSO, SANTIAGO ESTURAO, DAMIAN ANTELO (2), PABLO CHICO, JORGE RODRIGUEZ, IAGO GARABATO.