CRONICA PONTEVEDRA

UNHA VITORIA E DÚAS DERROTAS

 

Este sábado  disputouse  unha nova xornada de liga para os equipos do CW Santiago, Absoluto 2ª división, cadete e infantil  que se desprazaron a Pontevedra para disputar os seus partidos. O balance: unha vitoria cadete e derrotas absoluta e infantil.

O equipo infantil desprazábase con ganas de tentar resarcirse da derrota sufrida en casa na primeira volta ante o equipo B de Pontevedra, pero os numerosos despistes defensivos e o pouco acerto en ataque propiciou unha  derrota sen paliativos por un claro catorce a cero, pouco se pode  dicir do partido do que sen dúbida foi o máis frouxo de toda a tempada.  Seguiremos traballando para mellorar.

waterpolo_01

LIGA GALLEGA INFANTIL MIXTA

CW PONTEVEDRA B  – CW SANTIAGO  14– 0 (1-0; 4-0; 3-0; 3-0; 1-0; 2-0)

 

CW SANTIAGO: IAGO GARABATO, LUIS GUILBERT, SANTI ESTURAO, MARTIN ZAS, FERNANDO FERRER, GABRIEL LESENDE, NATALIA VIEITES, REBECA GOTHLIN, SAMUEL GONZALEZ, ANTONIO MALLO, ANXO PANERO, ANTONIO GARCIA, ROBERTO CARRO

 

Seguidamente disputouse o partido en categoría cadete, onde os nosos conseguiron vencer por oito goles a trece, nun partido dominado que no primeiro cuarto estivo igualado acabando un gol arriba os locais, pero que a vitoria nos outros tres parciais dos visitantes acabou decidindo o resultado final nun claro oito a trece. Bo traballo o que está a levar a cabo os nosos cadetes que a pesar de non poder optar ao título, si están a loitar polo subcampeonato, o que demostra a súa gran progresión.

LIGA GALLEGA CADETE MIXTA

CW PONTEVEDRA – CW SANTIAGO   8 – 13 (4-3; 1-4; 3-4; 0-2)

 

CW SANTIAGO: MARTIN TORREIRA, LUIS GUILBERT,  LAURA SANLUIS, GABOR PAZOS (3), OSCAR ALVAREZ, ALEX GOMEZ (7), IVAN VIEITES, ANTONIO MOSCOSO (2), SANTI  ESTURAO, DAMIAN ANTELO, PABLO CHICO (1), JORGE RODRIGUEZ, IAGO GARABATO

 

Por último disputouse o partido na categoría absoluta de segunda división entre os dous equipos B, partido que se decidiu no primeiro cuarto no que os visitantes saíron demasiado brandos e o catro a cero inicial xa foi imposible de remontar pese ao esforzo dos santiagueses que si conseguiron igualar eses tres parciais, dando maior mobilidade e xogo en ataque ademais de axustar a defensa.

 

LIGA GALLEGA ABSOLUTA 2ª DIVISION

CW PONTEVEDRA B – CW SANTIAGO B   10 – 5 (4-0; 2-3; 3-2; 1-0)

 

CW SANTIAGO: JAVIER ROMARIS, MIGUEL FERNANDEZ (2), JORGE RODRIGUEZ, GABOR PAZOS, LUIS FERRER (3), ALEX GOMEZ, ALVARO RODRIGUEZ, JESUS MONTOIRO, RODRIGO VARELA, DAMIAN ANTELO, PABLO CHICO, BRUNO SAMPAÑO, MARTIN TORREIRA

patrocinadores

Publicado por

Club Waterpolo Santiago

Blog oficial do Club Waterpolo Santiago

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s