VITORIA E DERROTA ABSOLUTA
Fin de semana con dobre partido para o noso equipo con dous partidos moi interesantes e que se saldo cunha vitoria ante CW Pontevedra e unha derrota ante CN Coruña. O sábado os santiagueses desprazáronse a Pontevedra para disputar o seu encontro aprazado da primeira xornada e que se saldou cunha importantísima vitoria por seis goles a sete despois dun partido intenso e que se decidiu grazas sobre todo á gran defensa visitante que concedeu moi poucas ocasións aos locais, tanto en igualdade como sobre todo en inferioridade onde os santiagueses estiveron case perfectos (só concederon dous goles nas doce inferioridades que tivo o equipo local), mantendo o resultado sempre igualado e que estiraron os visitantes a dous goles a falta de tres minutos e que os locais xa non puideron remontar.
LIGA GALLEGA ABSOLUTA 1ª DIVISION
CW PONTEVEDRA – CW SANTIAGO 6 – 7 (1-1; 1-1; 1-2; 3-3)
CW SANTIAGO: ADRIAN GARCIA, RAUL GALLEGO, RAMON TURNES, ALEJANDRO PADILLA, ALEX GOMEZ, PABLO PIÑEIRO (2), BRAIS RAPOSO (1), ANTONIO CAAMAÑO (2), PABLO SUAREZ (1), MIGUEL BARCA (1), BRUNO SAMPAÑO, ADRIAN CAMPAÑA, JESUS MONTOIRO
Despois da vitoria do sábado tocaba desprazarse a Coruña para dilucidar a primeira posición da fase regular que a falta deste partido e derradeira xornada disputaríanse os dous equipos e que ao final caeu de lado dos coruñeses tras vencer por once a oito, despois dun partido moi disputado ata o terceiro cuarto igual que a xornada anterior sempre con diferenza máxima dun gol ata mediado do terceiro período onde os santiagueses distanciáronse dous goles arriba, a partir dese momento a falta de puntería en ataque dos visitantes e o seu baixón físico despois de dous partidos moi duros propiciou un parcial demoledor de cinco a cero que deu o resultado final.