🔹 Cadete

Na sesión vespertina, o Club Waterpolo Santiago recibiu ao Club Waterpolo Pontevedra

Contundente vitoria dos cadetes por 20-2 nun partido que tamén serviu para dar minutos aos xogadores menos habituais, que responderon a gran nivel e mantiveron o ritmo competitivo do equipo.

🔹 Infantil – La Merenguela

Difícil encontro para os infantís ante o líder, caendo por 1-11. Máis aló do marcador, o equipo amosou melloras significativas, especialmente en intensidade defensiva e xogo colectivo en ataque, xerando máis ocasións de gol.

🔹 Alevín A

Na sesión vespertina, o Club Waterpolo Santiago recibiu ao Club Waterpolo Pontevedra

Gran actuación do equipo alevín A, que se impuxo con claridade por 12-2. Dende o primeiro cuarto marcaron diferenzas cun xogo dinámico e eficaz, consolidándose na segunda posición e evidenciando a súa evolución xornada tras xornada.

🔹 Alevín B

Na sesión vespertina, o Club Waterpolo Santiago recibiu ao Club Waterpolo Pontevedra

Os máis pequenos enfrontáronse ao líder da categoría, nun partido no que os visitantes foron superiores (1-10). A pesar do resultado, o equipo continúa mostrando unha progresión constante e mellora nas súas capacidades dentro da auga.

🔹 Absoluto Masculino (DH)

O equipo absoluto masculino conseguiu unha importante vitoria por 13-11, nun partido con erros defensivos pero resolto grazas á eficacia en ataque. Este triunfo permite aos santiagueses colocarse na segunda posición da clasificación, deixando todo aberto para o decisivo encontro ante Pontevedra.

🔹 Categoría Infantil B

Os infantís non tiveron o mellor inicio, o que condicionou o resto do encontro. Aínda así, a reacción nos seguintes períodos foi notable, achegándose no marcador e rozando a remontada. Finalmente, caeron pola mínima (8-9), deixando boas sensacións pola súa capacidade de loita.