O EQUIPO INFANTIL PERDE E NON IRÁ AO CAMPIONATO GALEGO INFANTIL
Este domingo, día 10 de xuño, o equipo infantil do CW Santiago, desprazouse ata Pontevedra para xogar unha fase previa para poder participar no Campionato Galego Infantil de Verán.
Pese ao bo xogo despregado en moitas fases do partido, o noso equipo non poido impoñerse ao CWG Pontevedra que nos derrotou por 9 goles a 6.
O comenzo foi esperanzador xa que conseguimos enseguida empatar, despois de que o noso rival marcara o primeiro gol, pero tres erros de concentración deron unha ampla vantaxe aos de Pontevedra que acabaron o primero cuarto gañando 4-1; aíndaque no segundo cuarto o equipo reaccionou e logrou colocarse 5-3 e tivo varias opcións para acercarse máis no marcador, o terceiro cuarto, pese a empezar moi ben, dúas accións máis de Pontevedra fixeron que fuxiran ata un 9-3 ao final de este cuarto que nos deixaba case sen opcións. Aíndaque os nosos xogadores seguiron loitando e conseguiron un parcial de 0-3 no último cuarto, deixaron o resultado nese 9-6 final.
Por parte do CW Santiago xogaron:
J. Romaris, M. Fernández (4), J.Lareu, A.Castro, A.Gomez, M. Castro, A. Ortega, E. Carrillo, D.Romeu, B. Sampaño (2) y M.Cebey