Este sábado 23 de febreiro terá lugar en Santiago, na piscina de Santa Isabel, o campionato Galego Xuvenil de waterpolo. Os equipos inscritos a este campionato son: CW Galaico Pontevedra, C.Marina Ferrol, e CW Santiago.
Os enfrontamentos quedan da seguinte forma despois do sorteo:
O campionato disputarase por sistema de liguilla “todos contra todos” a unha volta. A duración dos encontros será de catro tempos de 7 minutos a tempo parado, con 2 minutos de descanso.
En caso de empate, procederase ó lanzamento de tandas de penaltis.