Crónica domingo 3 marzo Ferrol

PRIMEIRA VICTORIA NO PLAY OFF SEMIFINAL E TRES DERROTAS NA LIGA

Este domingo as categorías alevín, infantil e cadete, desplazáronse a Ferrol para disputar unha nova xornada da liga, nas súas respectivas categorías contra o Club Marina Ferrol. Así mesmo, o equipo absoluto empezou o play off semifinal contra os absolutos do mesmo equipo, co que foi unha tarde de catro partidos intensos que se saldaron coa victoria nos absolutos e a derrota do resto de equipos.

Os primeiros en lanzarse á auga foron os alevíns do clube, moi mermados por diversas baixas conseguiron realizar durante tres cuartos un partido moi igualado e que non puido aguantar o seu empuxe nos tres últimos cuartos.

CATEGORIA ALEVÍN

CLUB MARINA FERROL – CW SANTIAGO   13 – 4 (2-0; 1-1; 3-3; 3-0; 3-0; 1-0)

Jorge Gómez, Luis Guilbert (1), Roberto Vieiro, Gabor Pazos (2), Alex Gómez (1), Daniel Ferreira, Berta Cobas, Miguel Castro.

 

O seguinte partido en disputarse foi na categoría cadete onde, aínda que o resultado foi claro en contra do noso equipo, os nosos xogadores vaciáronse e seguiron traballando cun bo xogo en defensa, pero con moitos fallos en ataque, aínda que siguen na súa boa liña de mellora.

CATEGORIA CADETE

CLUB MARINA FERROL – CW SANTIAGO   9 – 2 (2-0; 4-1; 2-0; 1-1)

Carlos Viaño, Miguel Fernández (1), Jorge Lareu, Pablo Suarez, Luis Ferrer, Daniel Pérez, David Romeu, Miguel de Uña, Bruno Sampaño (1), Manuel Cebey.

 

O último partido da liga foi na categoría infantil onde, ademáis de ter un cincuenta por cento de xogadores alevíns e un benxamín, se notou moito a baixa dalgún xogador infantil xa que fisicamente pouco poden facer os nosos xogadores contra o maior físico dos equipos contrarios, e que ó final ocasionou a maior derrota da tarde. Aínda así aplaudir o esforzo de tódolos xogadores do noso equipo.

CATEGORIA INFANTIL

CLUB MARINA FERROL – CW SANTIAGO 14 – 4 (5-0; 3-1; 4-1; 2-2)

Javier Romaris, Daniel Pérez (1), Otto Gothlin (1), Alexo Castro, Roberto Vieiro, Alex Gómez, Gabor Pazos, Miguel Castro, Luis Guilbert, David Romeu (2), Bruno Sampaño, Manuel Cebey.

 

O último partido da tarde foi o que enfrentou ós equipos absolutos de ámbolos dous clubes no primeiro partido do play off semifinal da liga absoluta. Partido, coma sempre que se xoga nesa piscina, igualado e que se decidiu nun parcial claro no segundo cuarto, aínda que a punto estivo de complicarse no último cuarto, despois de ir por diante todo o partido con dous e tres goles de diferencia os locais acercáronse ata estar un gol por debaixo, quedando todavía tres minutos para acabar o partido, aínda que o equipo soubo reaccionar e facer dous goles nos dous seguintes ataques para volver colocar as cousas no seu sitio.

CATEGORIA ABSOLUTA – PLAY SEMIFINAL 1º PARTIDO

CLUB MARINA FERROL – CW SANTIAGO   9 – 12 (2-2; 2-5; 1-2; 4-3)

David Raposo, Adrian Campaña (2), Luis Ferrer, Daniel García, Pablo Piñeiro (2), Brais Raposo (2), Antonio Caamaño, José Mª del Rio, Angel Carro, Pablo Suarez, Alberto Tome (5), Carlos Viaño.

 

ESTE PRÓXIMO SÁBADO 9 DE MARZO NOVA XORNADA DE LIGA EN SANTA ISABEL DO EQUIPO “B” CONTRA PADRÓN, E O SEGUNDO PARTIDO DO PLAY OFF SEMIFINAL CONTRA MARINA FERROL, A PARTIR DAS 17.15h.

¡¡¡ESPERÁMOSVOS A TODOS PARA ANIMAR ÓS NOSOS EQUIPOS!!!

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s