Do 24 ao 27 de marzo celébrase Getxo (Bilbao) o
II Torneo infantil WP CAMP Waterpolo.
O obxectivo é que os nosos deportistas acudan ao torneo do mesmo xeito que os cadetes e vexan como son e como se compite con outros equipos doutras comunidades, aprender, coller experiencia e dar maior nivel aos nosos xogadores, aprender da experiencia, divertirse e pasalo ben.
O desprazamento e o custo será o seguinte:
Saída o día 24 en autobús, participación no torneo os días 25 e 26 e regreso o dia 27.
- Autobús (compartido con Vigo e Coruña): 605,00 €
- Aloxamento: O centro deportivo Fadura, é un centro de alto rendemento cunhas instalacións deportivas espectaculares. Xestionado por Getxo Kirolak, este centro recibe cada ano decenas de equipos profesionais e seleccións internacionais para preparar as súas competicións oficiais.
- Pack de 3 noites (170,00 €): Entrada o xoves 24 de marzo pola tarde e saída o 27 despois de almorzar.
- (réximen de pensión completa e agasallos do torneo).
O custo total dos xogadores é:
Custo 11 xogadores, 2 adestradores
170,00 € aloxamento x 11 xogadores 1.870,00 €
605,00 € de autobús 605,00 € _________ 2.475,00 €
2.475,00 € /13 = 190,40 €
Custo 10 xogadores, 2 adestradores
170,00 € aloxamento x 10 xogadores 1.700,00 €
170,00 € alojxamento x adestrador 170,00 €
605,00 € de autobús 605,00 €
_________ 2.475,00 €
2.475,00 € /12 = 206,25 €
Custo 10 xogadores, 1 adestrador
170,00 € aloxamento x 10 xogadores 1.700,00 €
605,00 € de autobús 605,00 €
_________
2.305,00 €
2.305,00 € /11 = 209,55 €
Evidentemente o prezo diminúe canto máis xogadores van. estamos á espera de dúas confirmacións, co cal pode variar… De momento son 10 os que o confirmaron.
Destacar que o club asumirá o 50% do prezo da viaxe, e que este puidese variar dependendo da cantidade de xogadores inscritos.