CRONICA ENCONTRO ANTE CORUÑA

TRIPLO TRIUNFO ANTE NATACION CORUÑA

Logo Club Wterpolo Santiago

 De novo outra xornada de liga para os equipos do CW Santiago a disputada este fin de semana esta vez en Coruña ante natación Coruña cun balance de pleno de vitorias nos tres partidos disputados.

             O primeiro encontro foi en categoría alevín co noso equipo “A”, novo partido para ir conxuntando aos nosos pequenos e collendo experiencia, esta vez con resultado favorable conseguindo a vitoria por tres goles a sete. Non comezaron ben en ataque ningún dos dous equipos, boas defensas e desacertos no último pase. Acabando o primeiro cuarto con cero a cero, o segundo cuarto foi de dominio local; no que se impuxeron por un parcial de dous a cero, logo de acertar máis en ataque, pero a partir de terceiro cuarto, comezou a remontada e os visitantes devolvíanlle a moeda aos locais. Cun parcial de cero a dous empataban o encontro, de novo empate esta vez a un, igualdade máxima ata ese instante, pero dous últimos cuartos coa portería a cero e marcando dous goles por cuarto sentenciaron para un final de tres a sete que lles outorga a primeira vitoria da tempada.

LIGA GALEGA ALEVIN
CN CORUÑA – CW SANTIAGO “A”  3 – 7  (0-0; 2-0; 0-2; 1-1; 0-2; 0-2)

CW SANTIAGO: MATEO LAMAS, CARLOS ORDOÑEZ (2), IAGO FERNANDEZ, JESUS PEREZ (1), RAUL SEOANE, UXIA SANLUIS (1), YAGO DIAZ (2), ALEX GONZALEZ, LUCAS GARCIA (1), MIGUEL BARCA, EREA VIDAL

DIVISION

      O segundo encontro en disputarse foi en categoría cadete, onde os santiagueses, seguen contando bo facer por vitorias, a súa participación na liga logo de derrotar aos locais por un sete a dez, partido marcado pola gran defensa realizada e a súa efectividade ofensiva onde os santiagueses foron por diante no marcador durante todo o encontro e souberon parar a capacidade ofensiva dos locais cunha magnífica defensa. Primeiro cuarto cun só gol, favorable aos visitantes, empataba Coruña ao comezo do segundo cuarto, pero acto seguido volvíanse a colocar por diante os santiagueses, que con dous goles máis nos últimos dez segundos do cuarto, escapábanse cun un a catro favorable ao descanso, e dobre empate a tres no terceiro e cuarto parciais dáballes a vitoria por un resultado de sete a dez. Vitoria de mérito dos nosos cadetes que están traballando duro para conseguir estes triunfos.

LIGA GALEGA CADETE
CN CORUÑA – CW SANTIAGO  7 – 10  (0-1; 1-3; 3-3; 3-3)

CW SANTIAGO: IAGO GARABATO, LUÍS GUILBERT (3), SANTI ESTURAO, MARTIN ZAS, FERNANDO FERRER, ALEX GOMEZ (7), CARLOS ORDOÑEZ, SAMUEL GONZALEZ, JORGE GOMEZ, ANTONIO MALLO, OSCAR ALVAREZ

DIVISION

       Para rematar disputouse o encontro da segunda xornada da liga absoluta de 1ª división, entre: o campión e subcampión de liga da tempada anterior, vitoria dos santiagueses por un cómodo cinco a once. Primeiro cuarto igualado despois de que os locais abrisen o marcador, os visitantes colocáronse por diante con dous goles, pero a falta dun segundo e logo dunha mala defensa visitante conseguían igualar o cuarto os locais. Un parcial dun a catro cunha gran defensa e sobre todo unha moi boa efectividade en ataque, os santiagueses facíalles chegar ao descanso cun parcial de tres a seis, que aumentaron nos dous últimos cuartos, con dous parciais dun a dous e dun a tres que lles daba a vitoria e o liderato da liga.

LIGA GALEGA ABSOLUTA 1ª DIVISION
CN CORUÑA – CW SANTIAGO  5 – 11  (2-2; 1-4; 1-2; 1-3)

CW SANTIAGO: ADRIAN GARCIA, JORGE RODRIGUEZ, ALEX GOMEZ, BRUNO SAMPAÑO, ALEJANDRO PADILLA (2), PABLO PIÑEIRO (6), BRAIS RAPOSO, ANTONIO CAAMAÑO (1), GABOR PAZOS (1), DAMIAN ANTELO, LUÍS FERRER, ADRIAN CAMPAÑA (1), IAGO GARABATO

patrocinadores

Publicado por

Club Waterpolo Santiago

Blog oficial do Club Waterpolo Santiago

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s