CRONICA ENCONTRO ANTE PONTEVEDRA

DERROTAS CONTRA PONTEVEDRA
Logo Club Wterpolo Santiago

 

   Nova xornada para os equipos de CW Santiago, esta vez en Pontevedra e con catro partidos que nunha mala xornada acabaron con derrota, aínda que por momentos con bo xogo.
Primeiro encontro celebrado foi en categoría infantil, ante o equipo “A “de Pontevedra con derrota, aínda que con fases de bo xogo, sobre todo en defensa e que un minuto fatídico no segundo cuarto cun parcial de tres a cero sentenciou o encontro, aínda así seguiron loitando e conseguindo un resultado final de nove a dous.

LIGA GALEGA INFANTIL
CW PONTEVEDRA A – CW SANTIAGO  9 – 2  (0-0; 4-0; 0-0; 2-1; 1-1; 2-0)
CW SANTIAGO: ROBERTO CARRO, CARLOS ORDOÑEZ, ANGEL RODRIGUEZ, MARTIN ZAS (1), FERNANDO FERRER, UXIA SANLUIS, MIGUEL BARCA, SAMUEL GONZALEZ, YAGO DIAZ, ANTONIO GARCIA, ANXO PANERO (1), JESUS PEREZ

DIVISION

   O segundo encontro en disputarse foi en categoría absoluta entre os dous equipos “B”, e que tras un mal inicio dos visitantes que recibiron un parcial de seis a un, nun primeiro cuarto sen faísca nin en defensa nin en ataque, souberon sobrepoñerse e ata tiveron a oportunidade de empatar o encontro nos minutos finais aínda que a reacción tardía só conseguiu achegarse ata só dous goles (quince a trece) co que acabou o encontro.

LIGA GALEGA ABSOLUTA 2ª DIVISION
CW PONTEVEDRA “B” – CW SANTIAGO “B” 15 – 13 (6-1; 2-2; 5-6; 2-4)

CW SANTIAGO: IAGO GARABATO, MIGUEL FERNANDEZ, JORGE RODRIGUEZ, GABOR PAZOS (1), LUÍS GUILBERT, ALEX GOMEZ (5), BRAIS RAPOSO, JESUS MONTOIRO, ANTONIO MOSCOSO, DAMIAN ANTELO (2), PABLO CHICO (2), BRUNO SAMPAÑO (3), MARTIN TORREIRA

DIVISION

   O terceiro encontro en disputarse foi en categoría alevín, e que logo dun gran inicio cun parcial dun a dous favorable aos visitantes, o partido transcorreu con moita igualdade ata o quinto cuarto no que un parcial favorable aos locais de cinco a cero sentenciou un partido que foi moito máis igualado do que o resultado final marco.

LIGA GALEGA ALEVIN
CW PONTEVEDRA – CW SANTIAGO “A”  11 – 3  (1-2; 2-0; 1-1; 1-0; 5-0; 1-0)

CW SANTIAGO: MATEO LAMAS, CARLOS ORDOÑEZ (1), IAGO FERNANDEZ, JESUS PEREZ (1), RAUL SEOANE, UXIA SANLUIS, YAGO DIAZ (1), ALEX GONZALEZ, MIGUEL BARCA (1), EREA VIDAL

DIVISION

O último encontro en disputarse foi en categoría cadete. Partido igualado nos dous primeiros cuartos, onde aos visitantes, faltoulles acerto en ataque, pero si conseguiu parar o ataque local, índose ao descanso cun catro a un favorable aos pontevedreses, a partir de de o terceiro cuarto a capacidade física e o banquiño fixo distanciarse no marcador aos locais ata chegar ao definitivo trece a catro que pese ao abultado do marcador deixou por momentos boas sensacións.

LIGA GALEGA CADETE
CW PONTEVEDRA – CW SANTIAGO “A”  13 – 4 (1-0; 3-1; 4-2; 5-1)

CW SANTIAGO: IAGO GARABATO, LUÍS GUILBERT (3), SANTI ESTURAO, MARTIN ZAS, FERNANDO FERRER, ALEX GOMEZ (1), GERMAN BRUZOS, SAMUEL GONZALEZ, ANTONIO GARCIA, ANGEL RODRIGUEZ, ANXO PANERO, OSCAR ALVAREZ.

patrocinadores

Publicado por

Club Waterpolo Santiago

Blog oficial do Club Waterpolo Santiago

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s