TRES VITORIAS E UNHA DERROTA ANTE PONTEVEDRA

Nova xornada para os equipos de CW Santiago, esta vez rendía visita a Santa Isabel, o CW Pontevedra con catro partidos; que se saldaron con tres vitorias. Absoluta 1ª división, cadete e infantil e unha soa derrota en categoría alevín dos nosos xogadores máis pequenos, e que se iniciaban esta tempada.
O primeiro encontro en disputarse foi en categoría alevín, onde o noso equipo B debutaba esta tempada, ante o equipo A de Pontevedra con derrota tres goles a oito. Pero con sabor a vitoria pola loita e o gran partido disputado, que só un terceiro cuarto con pouca efectividade defensiva que propicio un parcial de cero a catro. Que puido distanciar aos visitantes, pero ese parcial non empaño o gran encontro realizado.
LIGA GALEGA ALEVIN
CW SANTIAGO “B” – CW PONTEVEDRA
3 – 8
(0-1; 0-0; 0-4; 2-1; 0-1; 1-1)
CW SANTIAGO: MAGIN LOPEZ, SARAY GUILBERT, MIGUEL PALACIOS, CARLOS AMIGO, NICOLAS COLLAZO (1), ALEJANDRO GREGO, IRENA ORDOÑEZ, CARLA DIAZ, GUILLERMO CARRILLO (1), MANUEL JOSE RUBIAL (1), BIEITO CARBALLO, ARIANA COLLAZO.
O segundo encontro foi en categoría infantil, onde os locais enfrontábanse ao equipo B de Pontevedra, conseguindo a vitoria por un claro quince a un, e que xa no primeiro cuarto quedou sentenciado. Logo dun parcial de seis a cero, que denotaba a superioridade dos locais, a partir dese momento moitas rotaciones e minutos para todos… para ir gañando experiencia de face a unha dura tempada.
LIGA GALEGA INFANTIL MIXTA
CW SANTIAGO – CW PONTEVEDRA “B”
15 – 1
(6-0; 2-0; 1-0; 4-0; 1-0; 1-1)
CW SANTIAGO: ROBERTO CARRO, CARLOS ORDOÑEZ, ANGEL RODRIGUEZ, MARTIN ZAS (4), FERNANDO FERRER (1), UXIA SANLUIS, MIGUEL BARCA (2), SAMUEL GONZALEZ (2), YAGO DIAZ (2), ANTONIO GARCIA (2), ANXO PANERO (2)
O terceiro encontro en disputarse foi en categoría cadete esta vez ante o equipo B de Pontevedra, e que logo dun inicio igualado, cun parcial de catro a tres; favorable aos locais no primeiro cuarto, dous parciais de dous cero e cinco a dous no segundo, o terceiro cuarto con gran traballo defensivo dos santiagueses. Un último parcial de dous a tres para os visitantes decantaron o encontro a favor dos locais cun resultado final de trece a oito. Que devolveu á vitoria aos santiagueses.
LIGA GALEGA CADETE
CW SANTIAGO – CW PONTEVEDRA “B”
13 – 8
(4-3; 2-0; 5-2; 2-3)
CW SANTIAGO: IAGO GARABATO, LUÍS GUILBERT (4), SANTI ESTURAO, GERMAN BRUZOS, FERNANDO FERRER (1), ALEX GOMEZ (5), ANXO PANERO, ANTONIO GARCIA, JORGE GOMEZ (3), ANTONIO MALLO, OSCAR ALVAREZ, MARTIN ZAS.
O último encontro en disputarse foi en categoría absoluta de primeira división, encontro entre invictos… Un partido como se prevía igualado, tanto foi así que tres dos catro parciais acabaron en empate; que só o terceiro cuarto e grazas á súa intensidade defensiva distancio aos locais. Partido moi defensivo de ambos equipos, pero que os santiagueses conseguiron levarse grazas ao seu efectividade en ataque en igualdade malia ter menos situacións en superioridade o xogo. Sete contra sete, foi o que decidiu o encontro; dominado na maioría do tempo polos locais, e que aínda que lles custou manter a vantaxe adquirida no terceiro cuarto (dous goles arriba) un gol a falta de trinta e un segundos para acabar o encontro, sentencio un encontro emocionante tanto no deportivo, como no corazón dos santiagueses, xa que ao comezo do encontro ambos equipos gardaron un emotivo minuto de silencio en homenaxe polo tráxico falecemento o pasado mes de agosto do noso deportista e gran seguidor do noso club, BORJA IGREXAS NETO á idade de vinte e seis anos e ao cal dedicámoslle a vitoria alí onde leste.
LIGA GALEGA ABSOLUTA 1ª DIVISION
CW SANTIAGO – CW PONTEVEDRA
8 – 6
(1-1; 1-1; 3-1; 3-3)
CW SANTIAGO: ADRIAN GARCIA, MIGUEL FERNANDEZ, ALEX GOMEZ (1), BRUNO SAMPAÑO (1), ALEJANDRO PADILLA, PABLO PIÑEIRO (3), BRAIS RAPOSO (1), ANTONIO CAAMAÑO (2), JESUS MONTOIRO, DAMIAN ANTELO, GABOR PAZOS, ADRIAN CAMPAÑA, IAGO GARABATO.