CRONICA CONTRA NATACION CORUÑA

DÚAS DERROTAS E UNHA VITORIA
ANTE NATACION CORUÑA
Logo Club Wterpolo Santiago

     De novo outra xornada de liga para os equipos do CW Santiago; a disputada este fin de semana, ante natación Coruña. Cun balance dunha vitoria e dúas derrotas, nos tres partidos disputados en Santa Isabel.
O primeiro encontro foi en categoría alevín co noso equipo ?B?, partido igualado nos catro primeiros cuartos, onde os nosos pequenos moitos deles aínda en categoría benjamín, deron o máximo e apunto estiveron de dar a sorpresa, pero dous últimos cuartos con algún fallo defensivo fixo que os visitantes escapásense no marcador, logrando unha vitoria máis axustada do que o marcador final sinalou. Bo traballo e tremenda progresión. Un equipo que a tempada que vén será un dos favoritos nesta categoría.

LIGA GALEGA ALEVIN
CW SANTIAGO “B” – CN CORUÑA
                9 – 13
(0-1; 2-1; 2-2; 2-3; 2-4; 1-2)

CW SANTIAGO: MAGIN LOPEZ, SARAY GUILBERT (3), MIGUEL PALACIOS (2), CARLOS AMIGO (1), NICOLAS COLLAZO, PEDRO RUBAL, IRENA ORDOÑEZ, CARLA DIAZ, GUILLERMO CARRILLO, MANUEL JOSE RUIBAL (1), CANDEA RUBAL (1), ARIANA COLLAZO (1)

DIVISION

     O segundo encontro en disputarse foi en categoría cadete, onde os santiagueses tiveron un inicio moi flojo con moitos despistes defensivos e que definiu o partido xa que o primeiro cuarto foi clave cun cero a catro que poñía moi de face o partido aos visitantes, pese a iso os locais nunca deixaron de loitar pero só conseguiron achegarse a tres goles, pero destacar o resto do encontro que foi un partido de garra e moi ben xogado.

LIGA GALEGA CADETE
CW SANTIAGO – CN CORUÑA
            8 – 12
(0-4; 3-2; 1-2; 4-4)

CW SANTIAGO: IAGO GARABATO, LUÍS GUILBERT, SANTI ESTURAO, MARTIN ZAS (1), FERNANDO FERRER, ALEX GOMEZ (7), ANXO PANERO, JORGE GOMEZ, ANTONIO MALLO, OSCAR ALVAREZ, GERMAN BRUZOS

DIVISION

     Para rematar disputouse o encontro da liga absoluta de 2ª división, entre os equipos B de ambos conxuntos, partido cómodo para os locais que desde o inicio marcaron o ritmo de xogo obtendo unha cómoda vitoria por trece a seis que lles daba os primeiros tres puntos na liga.

LIGA GALEGA ABSOLUTA 1ª DIVISION
CW SANTIAGO “B” –  CN CORUÑA “B”
            13 – 6
(4-2; 5 -0; 2-2; 2-2)

CW SANTIAGO: JAVIER ROMARIS, MIGUEL FERNANDEZ (3), JORGE RODRIGUEZ, GABOR PAZOS (1), LAURA SANLUIS, ALEX GOMEZ (5), IVAN VIEITES, JESUS MONTOIRO, RODRIGO VARELA, DAMIAN ANTELO (2), ANTONIO MOSCOSO (1), PABLO CHICO (1), MARTIN TORREIRA

patrocinadores

Publicado por

Club Waterpolo Santiago

Blog oficial do Club Waterpolo Santiago

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s