DOBRE VITORIA EN OURENSE
Este pasado sábado disputouse unha nova xornada de liga para os equipos do CW Santiago, tocou desprazarse a Ourense, para xogar os partidos en categoría cadete e absoluta de primeira división; nunha xornada plácida que acabou con dúas cómodas vitorias.
A primeira vitoria produciuse en categoría cadete, onde os nosos xogadores tiveron un plácido partido ante un equipo moi inferior e que serviu para que os xogadores con menos minutos tivesen tempo de xogo e que xa no primeiro cuarto sentenciaron o encontro cun parcial de cero a sete, a partir dese momento minutos para todos e practicar movementos e xogadas de face a venideros encontros.
LIGA GALEGA CADETE
CW ORENSE – CW SANTIAGO
4 -20
(0-7; 0-1; 2-7; 2-5)
CW SANTIAGO: IAGO GARABATO (1), LUÍS GUILBERT (3), SANTI ESTURAO, GERMAN BRUZOS, FERNANDO FERRER (3), ALEX GOMEZ (3), ANXO PANERO (3), MARIO BRANCO (1), JORGE GOMEZ (2), ANTONIO MALLO (4), OSCAR ALVAREZ, XACOBE TARRIO
Para rematar disputouse o partido da primeira división entre os equipos de categoría absoluta, partido moi serio dos santiagueses que pesar a chegar con numerosas baixas de xogadores titulares os máis novos deron o do de peito e cun partido moi serio en defensa e gran efectiva no ataque sentenciaron o encontro no primeiro cuarto onde xa mandaban por un claro cero a nove, como en categoría cadete moitos minutos para os máis novos que ademais de traballar coa mesma intensidade que os titulares, destacar que conseguiron ver portería once dos doce xogadores do equipo santiagués o cal fala do bo traballo en equipo realizado.
LIGA GALEGA ABSOLUTA DE 1ªDIVISION
CW OURENSE – CW SANTIAGO
3- 25
(0-9; 1-5; 1-6; 1-5)
CW SANTIAGO: ADRIAN GARCIA, MIGUEL FERNANDEZ (2), JORGE RODRIGUEZ, BRUNO SAMPAÑO (3), PABLO CHICO (2), ALEX GOMEZ (5), BRAIS RAPOSO (3), GABOR PAZOS (4), DAMIAN ANTELO (2), LUÍS FERRER (1), ADRIAN CAMPAÑA (4)