CRONICA VS NAUTICO DE VIGO

CRONICA PARTIDO
vs

CLUB NAUTICO DE VIGO

Logo Club Wterpolo Santiago

 

ULTIMA XORNADA DO ANO CON TRES VITORIAS

 

Nova xornada para os equipos de CW Santiago ultima do ano ademais do enfrontamento entre os dous equipos alevines do club. Esta vez tamén rendía visita a Santa Isabel o RCN de Vigo, con tres partidos que se saldaron con dúas vitorias e unha derrota.
A xornada empezou co duelo de nosos peques, que enfrontaba aos dous equipos do club inscritos na liga galega alevín, exercendo de local os maiores; o noso equipo A, e de visitante o equipo B. Partido que gañaron os maiores, logo de dous partes moi boas en defensa que os levaron a escaparse ata un parcial de sete a cero, pero a partir dese momento a gran reacción dos máis pequenos, que non deixaron de loitar achegounos no marcador ata un nove a catro igualando o partido e acabando cun máis que meritorio catorce a oito, que foi o resultado final do encontro.

LIGA GALEGA ALEVIN

CW SANTIAGO “A” – CW SANTIAGO “B”
               14 – 8
(3-0; 4-0; 2-1; 0-3; 4-2; 1-2)

CW SANTIAGO A:
MATEO LAMAS (1), CARLOS ORDOÑEZ (1), JESUS PEREZ (2), RAUL SEOANE (3), UXIA SANLUIS (2), YAGO DIAZ (1), ALEX GONZALEZ, LUCAS GARCIA (1), MIGUEL BARCA (3), EREA VIDAL, MARCO FERNANDEZ.

CW SANTIAGO “B”:
MAGIN LOPEZ, SARAY GUILBERT (2), MIGUEL PALACIOS (1), CARLOS AMIGO, RODRIGO CARRILO, ALEJANDRO GREGO, IRENA ORDOÑEZ, CARLA DIAZ, GUILLERMO CARRILLO (2), MANUEL JOSE RUBIAL (2), BIEITO CARBALLO.

balon3

O segundo encontro en disputarse foi de novo en categoría alevín, onde repetía como local o noso equipo “B” e que o enfrontaba ao líder da competición RCN de Vigo, caendo derrotados por un contundente cero a dezasete ante un equipo moitísimo maior físico e moito mais traballado que ademais do cansazo acumulado por nosos peques non tiveron opción, aínda así experiencia e aprendizaxe dos nosos pequenos que seguen traballando para mellorar.

LIGA GALEGA ALEVIN

CW SANTIAGO B – RCN DE VIGO
                       0 – 17
(0-5; 0-3; 0-5; 0-3; 0-0; 0-1)

CW SANTIAGO “B”:
MAGIN LOPEZ, SARAY GUILBERT (2), MIGUEL PALACIOS (1), CARLOS AMIGO, RODRIGO CARRILO, ALEJANDRO GREGO, IRENA ORDOÑEZ, CARLA DIAZ, GUILLERMO CARRILLO (2), MANUEL JOSE RUBIAL (2), BIEITO CARBALLO.

balon3

O terceiro encontro en disputarse foi en categoría infantil, de novo ante os infantís do RCN de Vigo; partido igualado durante os dous primeiros cuartos. Onde as defensas impuxéronse aos ataques e onde os santiagueses erraron varias ocasións claras, un terceiro cuarto onde os locais confirmaron a súa superioridade cun parcial de catro a cero, distanciou aos santiguases que mantiveron o acerto defensivo. Para acabar o encontro con resultado final de dez goles a cinco.

LIGA GALEGA INFANTIL MIXTA

CW SANTIAGO – RCN DE VIGO
                  10 – 5
(0-0; 2-2; 4-0; 1-1; 2-1; 1-1)

CW SANTIAGO:
ROBERTO CARRO, CARLOS ORDOÑEZ, MARTIN ZAS (4), FERNANDO FERRER (4), UXIA SANLUIS, MIGUEL BARCA, SAMUEL GONZALEZ, YAGO DIAZ, ANTONIO GARCIA, ANXO PANERO (2), JESUS PEREZ, MATEO LAMAS

balon3

O cuarto encontro en disputarse e terceiro ante os vigueses foi en categoría cadete, esta vez ante o equipo B de Vigo. Partido moi serio en defensa dos locais non dando opción aos visitantes, e efectivo en ataque que xa no primeiro cuarto quedou sentenciado cun parcial de cinco a cero, chegando ao descanso cun concluínte doce a cero que deixaba clara a superioridade local, encontro moi plácido con minutos para todos os nosos xogadores para que vaian collendo experiencia para venideros partidos.

LIGA GALEGA CADETE

CW SANTIAGO – RCN DE VIGO “B”
            18 – 0
(5-0; 7-0; 5-0; 1-0)

CW SANTIAGO:
IAGO GARABATO, LUÍS GUILBERT (3), SANTI ESTURAO, GERMAN BRUZOS, FERNANDO FERRER (1), ALEX GOMEZ (14), ANXO PANERO, ANTONIO GARCIA, JORGE GOMEZ, ANTONIO MALLO, OSCAR ALVAREZ, MARTIN ZAS.

patrocinadores

Publicado por

Club Waterpolo Santiago

Blog oficial do Club Waterpolo Santiago

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s