CRONICA vs PONTEVEDRA

DÚAS VITORIAS, DOUS EMPATES
E UNHA DERROTA EN PONTEVEDRA

Logo rana

     Este pasado sábado disputar unha nova e maratoniana xornada de liga para os equipos do CW Santiago, tocou desprazarse a Pontevedra para xogar cinco partidos das ligas galegas na piscina do CGTD de Pontevedra.
A xornada comezou co prato forte da tarde, o enfrontamento entre os dous primeiros clasificados, da liga galega absoluta de 1ª división. Empatados a quince puntos e que moi probablemente decidise o campión da fase regular, e que como premio obtería a vantaxe de xogar en casa os partidos de desempate nos play off e sobre todo o equipo que accedería á fase de ascenso nacional.

     Comezou o encontro adiantándose os santiagueses… Pero antes de chegar ao final do primeiro cuarto os locais déronlle a volta ao marcador, chegando ao final do primeiro cuarto con vantaxe para os pontevedreses por dous goles a un nun cuarto moi igualado, pero cheo de imprecisións por ambos equipos, o segundo cuarto foi un calco ao primeiro cuarto; mesmo parcial dous a un para os locais que se ían ao descanso con vantaxe de catro goles a dous. No terceiro cuarto seguiu a mesma tónica e cun parcial dun a un entrábase no último cuarto cos locais dous goles arriba que poñía moi costa arriba aos santiagueses o encontro, pero un bo inicio no último cuarto fixo que os visitantes empataran o encontro a cinco a falta de catro minutos e conseguir poñerse ata por diante seis a sete a falta de dous minutos, pero xa entrando no último minuto os de lérez conseguiron empatar o encontro, resultado que aínda servía para ser primeiros aos visitantes, pero un mal ataque, e unha dobre exclusión de dous xogadores visitantes deu a oportunidade aos locais de gañar o encontro pero os santiagueses conseguiron defender a situación e deixar correr o crono ata o final do encontro, que con empate a sete mantiñan a primeira posición na fase regular.

2018-02-05_20-38-23

LIGA GALLEGA ABSOLUTA DE 1ªDIVISION

CW PONTEVEDRA – CW SANTIAGO   
                7- 7
(2-1; 2-1; 1-1; 2-4)

CW SANTIAGO:
ADRIAN GARCIA, GABOR PAZOS, ALEX GOMEZ, BRUNO SAMPAÑO, ALEJANDRO PADILLA (1), PABLO PIÑEIRO (1), BRAIS RAPOSO (3), ANTONIO CAAMAÑO, DAMIAN ANTELO, ANGEL CARRO,  LUIS FERRER, ADRIAN CAMPAÑA, IAGO GARABATO

DIVISION

     Despois do emocionante partido en categoría absoluta, tocoulle a quenda aos nosos alevines, onde o equipo “B” disputaba o seu partido de liga, gran partido o disputado polos máis pequenos (a maioría deles Benxamíns) que durante cinco dos cuartos deron moitos problemas aos locais, pero un último cuarto onde os nosos acusaron o esforzo físico fixo que os pontevedreses distanciásense de catro goles que non reflectiu a igualdade do partido. Gran traballo dos nosos máis peques que seguen dando moitas alegrías.

LIGA GALLEGA ALEVIN

CW PONTEVEDRA – CW SANTIAGO “B”
9 – 5
(1-1; 0-0; 2-1; 1-1; 2-2; 3-0)

CW SANTIAGO:
MAGIN LOPEZ, SARAY GUILBERT (1), MIGUEL PALACIOS, CARLOS AMIGO (2), NICOLAS COLLAZO (2), ALEJANDRO GREGO, IRENA ORDOÑEZ, CARLA DIAZ, GUILLERMO CARRILLO, BIEITO CARBALLO, ARIANA COLLAZO, MARIO CALZADILLA.


DIVISION

    Seguindo coa maratoniana xornada o terceiro encontro foi en categoría Benxamín, vitoria dos santiagueses por dous a catro nun encontro dominado desde o inicio polos visitantes que se foron cero a dous no primeiro cuarto e soubo manter esa diferenza ata o final do encontro ao que se chegou con vitoria por dúas a catro continuando co seu racha de triunfos nosos máis pequenos pero o que é máis importante co seu gran progresión.

LIGA GALEGA BENXAMÍN

CW PONTEVEDRA – CW SANTIAGO  
          2 – 4
(0-2; 0-0; 2-2; 0-0)

CW SANTIAGO:
MAGIN LOPEZ (1), SARAY GUILBERT (2), MARIO CALZADILLA, ALEJANDRO GREGO, IRENA ORDOÑEZ, ALEJANDRO GONZALEZ, CARLA DIAZ, GUILLERMO CARRILLO (1)

DIVISION

     O cuarto e penúltimo partido foi en categoría infantil onde os santiagueses enfrontábanse ao equipo B de Pontevedra, partido cómodo para os visitantes que resolveron por un resultado final de dous a oito e onde se produciu o debut de varios xogadores alevines como premio polo gran traballo que están facendo durante toda a tempada.

INF_2018-02-04_14-42-20

LIGA GALEGA INFANTIL

CW PONTEVEDRA “B” – CW SANTIAGO  
                 2 – 8
(0-0; 0-2; 1-1; 0-2; 0-1; 1-2)

CW SANTIAGO:
ROBERTO CARRO, CARLOS ORDOÑEZ, ANGEL RODRIGUEZ, NICOLAS COLLAZO, FERNANDO FERRER (1), UXIA SANLUIS, MIGUEL BARCA (1), SAMUEL GONZALEZ (1), YAGO DIAZ (1), ANTONIO GARCIA, ANXO PANERO (4), MIGUEL PALACIOS, CARLOS AMIGO, MATEO LAMAS

DIVISION

     Para rematar para acabar a xornada disputouse o encontro en categoría cadete ante o equipo B de Pontevedra, onde os santiagueses logo de dominar o encontro claramente durante tres cuartos un último cuarto con moitos erros defensivos propiciou que os locais conseguisen empatar o encontro, aínda que non quita mérito á gran tempada que están realizando os nosos cadetes.

LIGA GALEGA CADETE

CW PONTEVEDRA “B” – CW SANTIAGO  
              7 – 7
(1-2; 0-2; 2-3; 4-0)

CW SANTIAGO:
IAGO GARABATO, LUIS GUILBERT (1), SANTI ESTURAO, FERNANDO FERRER, ALEX GOMEZ (6), ANXO PANERO, SAMUEL GONZALEZ, JORGE GOMEZ, OSCAR ALVAREZ, ANGEL RODRIGUEZ, ANTONIO GARCIA

patrocinadores

 

Publicado por

Club Waterpolo Santiago

Blog oficial do Club Waterpolo Santiago

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s