VITORIA ALEVÍN E TRES DERROTAS EN VIGO


Nova xornada de liga para os equipos do clube waterpolo Santiago. Desta volta tocaba desplazarse a Vigo o domingo día catro de Novembro, para xogar en catro categorías. A primeira en disputar o seu encontro foi a cadete, onde o noso equipo empezou moi ben o partido, aguantando aos vigueses ata a metade do encontró. Pero un terceiro cuarto, onde os erros defensivos fóronse acumulando, deron lugar á escapada dos locais, que remataron gañando o encontro por quince goles a sete.
LIGA GALEGA CADETE MIXTA
RCN DE VIGO – CW SANTIAGO 15 – 7 (3-3; 3-0; 5-2; 4-2)
CW SANTIAGO: ROBERTO CARRO, LUIS GUILBERT (2), JESUS PEREZ, MARTIN ZAS (2), FERNANDO FERRER (2), YAGO DIAZ, MARIO BLANCO, SAMUEL GONZALEZ, ANTONIO GARCIA, ANTONIO MALLO (1), ANXO PANERO, ANGEL RODRIGUEZ, IAGO GARABATO
O seguinte encontro foi en categoría infantil mixta, donde os composteláns sairon durmidos, deixando que os locais fuxiran no marcador no primeiro cuarto, pero tiveron unha boa reacción e aproximáronse no marcador ata poñerse a un gol; pero de novo, un estirón dos locais, fixo que chegasen ao quinto periodo cun favorable trece a seis para os vigueses, para rematar apretando un pouco máis os visitantes, e finalizar o partido cun resultado final de trece a oito para os vigueses.
LIGA GALEGA INFANTIL MIXTA
RCN DE VIGO – CW SANTIAGO 13- 8 (4-2; 3-1; 1-3; 5-0; 0-2; 0-0)
CW SANTIAGO: MATEO LAMAS: CARLOS ORDOÑEZ; JESUS PEREZ, FERNANDO FERRER (7); UXIA SANLUIS; MIGUEL BARCA; SAMUEL GONZALEZ; YAGO DIAZ; LUCAS GARCIA (1); IAGO FERNANDEZ; RAUL SEOANE
O terceiro encontro disputado foi da categoría alevín, con victoria clara para os compostelans por dez goles a seis, nun partido onde os santiagueses foron moi superiores dende o inicio, mandando no marcador e dando minutos a todos para que vaian collendo experiencia.
LIGA GALEGA ALEVIN MIXTA
RCN DE VIGO – CW SANTIAGO A 6 – 10 (0-2; 1-1; 2-1; 1-4; 1-1; 1-1)
CW SANTIAGO A: MAGIN LOPEZ (1), MIGUEL PALACIOS (1); NICOLAS COLLAZO (2); CARLOS AMIGO (1); MANUEL J. RUBIAL (1); ZELJKO SUSTIC; GUILLERMO CARRILLO (3); SEBASTIAN ALTAMIRANO (1); ALEXANDRE GONZALEZ
O derradeiro encontro en disputarse foi en categoría infantil femenina, categoría nova nesta tempada. No debut das nosas rapazas foron superadas claramente polas locais, moi superiores físicamente, xa que a gran maioría das nosas rapazas son alevíns e benxamíns. Pero con gran ilusión e moitas ganas de aprender deron en todo momento a cara e augúraselles un gran futuro.
LIGA GALEGA INFANTIL FEMENINA

RCN DE VIGO – CW SANTIAGO 10- 0
CW SANTIAGO B: EVA CALZADILLA, CARLA DIAZ; ARIANA COLLAZO; SARAY GUILBERT; CANDELA RUBAL; IRENA ORDOÑEZ; SOFIA PEREZ, CARLOTA CALZADILLA