CRÓNICA GALEGA VIGO

DOBRE VITORIA ABSOLUTA EN VIGO

Logo Rana

Terceira xornada da Liga Galega Absoluta de primeira división a celebrada este pasado domingo dezaoito de novembro con desprazamento a Vigo para enfrentarse ao Real Club Naútico de Vigo.

Partido complicado ante un equipo xoven vigués ata agora invicto e que saldouse coa vitoria final para os santiagueses por sete goles a dez, despois de resolver o encontro no último cuarto.
Os santiagueses comenzaron o encontro colocándose por diante do marcador, pero cada gol santiagués era contrarrestado polos vigueses, chegándose ao final do primeiro cuarto con empate a dous onde se preveía un partido igualado. No segundo cuarto os visitantes conseguiron distanciarse por dous goles no marcador chegándose a tres a cinco favorable, pero os vigueses cun equipo moi novo non se rendían e no terceiro cuarto conseguiron acercarse no marcador para acabar cun só gol por debaixo, o que deixaba o encontro por decidir no último e definitivo cuarto. Foi entonces cando os santiagueses demostraron a súa experiencia e o seu maior físico e conseguiron estirar o marcador ata o sete a dez final. Importante vitoria que lles fai seguir invictos na liga.

 

LIGA GALEGA ABSOLUTA 1ª DIVISIÓN

ABSOLUTOS

RCN DE VIGO – CW SANTIAGO     7 – 10 (2-2; 1-3; 2-1; 2-4)

CW SANTIAGO: ADRIAN GARCIA; PABLO CHICO, ENMANUEL NIETO, GABOR PAZOS, ALEJANDRO PADILLA, ALEJANDRO GOMEZ (3), BRAIS RAPOSO (1), ANTONIO CAAMAÑO (2), PABLO SUAREZ (3), DAMIAN ANTELO (1), BRUNO SAMPAÑO, ADRIAN CAMPAÑA, MARTIN TORREIRA.

 

O segundo encontro foi na categoría absoluta feminina, onde as santiaguesas leváronse o encontro por un axustado sete a oito. Un partido moi serio en defensa e que só tivo un contratempo no segundo cuarto no que recibiu un parcial de tres a cero en contra que dificultou o gran inicio das visitantes que se adiantaran no primeiro cuarto cun cero a dous favorable. Pero os dous últimos parciais de dous a tres no marcador no terceiro e cuarto periodo deu unha sufrida vitoria que por xogo debeu ser máis clara.

 

LIGA GALEGA ABSOLUTA FEMININA
Absoluto Feminino

RCN DE VIGO  – CW SANTIAGO   7- 8 (0-2; 3-0; 2-3; 2-3)

 

CW SANTIAGO: SANDRA GOMEZ, LAURA SANLUIS, ROSALIA REY, NATALIA ROCHA (4), UXIA SANLUIS, HENAR DE PABLOS (1), SORAYA LEARTE (2), MARINA MIGUENS, MARTA OCAMPO, ELENA VAZQUEZ, CARMEN BARREIRO, CECILIA COBAS (1)


Tamén houbo encontro na segunda división entre os equipos B e que se saldou con vitoria local por un claro dezaséis a once. Un partido onde non houbo defensa e si moito descontrol e que pese a chegar igualados ao último cuarto, un parcial de cinco a un para os vigueses deulles a vitoria.

 

LIGA GALEGA ABSOLUTA 2ª DIVISION
Absolutos 2ª

RCN DE VIGO – CW SANTIAGO   16 – 11 (1-4; 7-3; 3-3; 5-1)

 

CW SANTIAGO: MARTIN TORREIRA, MIGUEL FERNANDEZ, ENMANUEL NIETO (1), GABOR PAZOS, JORGE RODRIGUEZ, ALEJANDRO GOMEZ (3), ANTONIO MOSCOSO, JESUS MONTOIRO (1), RODRIGO VARELA, DAMIAN ANTELO (3), PABLO CHICO, LUIS FERRER (2), JORGE GOMEZ

 

Para finalizar a xornada disputouse o partido de liga alevín entre os locais e o equipo B dos santiagueses que finalizou con un claro catorce a catro para os vigueses. Pero viuse un equipo B santiagués cada vez máis desperto e entonado e que progresa a pasos de xigante.

 

LIGA GALEGA ALEVÍN MIXTA
alevin_B

RCN DE VIGO –  CW SANTIAGO B 14-4 (3-0; 2-1; 4-1; 1-0; 2-2; 2-0)

CW SANTIAGO: EVA CALZADILLA, PEDRO RUBAL, MARIO CALZADILLA, BIEITO CARBALLO, SARAY GUILBERT (3), CANDELA RUBAL, IRENA ORDOÑEZ, SOFIA PEREZ, ALEJANDRO CREGO (1), CARLA DIAZ.

 

patrocinadores

Publicado por

Club Waterpolo Santiago

Blog oficial do Club Waterpolo Santiago

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s