VITORIA ABSOLUTA EN PONTEVEDRA
Antepenúltima xornada na fase regular de primeira división masculina a que disputou o CW Santiago este pasado sábado cunha importante vitoria en Pontevedra ante o CW Pontevedra por un contundente seis a doce, que reafirma o liderato e déixalle a unha soa vitoria de conseguir a primeira posición e a vantaxe de campo nos play off.
Partido moi serio dos santiagueses que comenzaron algo dubitativos no primeiro cuarto ao que se chegou con vantaxe local por tres a dos. Pero a partires do segundo cuarto, axustaron a defensa concedendo só tres goles máis no resto do encontro que unido a un gran ataque colocou aos visitantes por diante con un cinco a seis favorable. O terceiro cuarto foi definitivo xa que un parcial de cero a catro estirou ata un claro cinco a diez que deixou case sentenciado o encontro, e que refrendou no último parcial con un un a dous que deixou o esultado final no xa mencionado seis a doce.
LIGA GALEGA ABSOLUTA 1ª DIVISION
CW PONTEVEDRA – CW SANTIAGO 6 – 12 (3-2; 2-4; 0-4; 1-2)
CW SANTIAGO: ADRIAN GARCIA, PABLO CHICO, ENMANUEL NETO (1), GABOR PAZOS, ALEJANDRO GOMEZ (5), PABLO PIÑEIRO (3), BRAIS RAPOSO (1), ANTONIO CAAMAÑO (2), PABLO SUAREZ, DAMIAN ANTELO, BRUNO SAMPAÑO, ADRIAN CAMPAÑA, MARTIN TORREIRA
Xugouse tamén o partido da liga galega absoluta feminina entre os mismos equipos, que ademáis estaban igualados na clasificación,o que era unha final para ambos conxuntos. A falta de dous xornadas, o equipo que salira vencedor, proclamaríase campeón de liga. A moeda caeu de parte das locais, que despois dun partido intenso e emocionante leváronse o encontro por un axustado dez a nove. O encontro foi moi disputado e con fases de dominio de alterno. Durante os dous primeiros cuartos as visitantes mandaron no marcador, anque as de Lérez sempre cerca no marcador. Igualdad coa que se chegou ao descanso cun empate a cinco. O terceiro cuarto foi definitivo ao desaxustar a defensa as visitantes e recibir un parcial de cinco a dous que parecía definitivo xa que estirou o marcador ata un diez a sete que se antoxaba definitivo. Pero as visitantes non deixaron de loitar ata acercarse ao marcador a un solo gol e un roubo de balón nos últimos segundos a punto estuvo de darlles o empate.
LIGA GALEGA ABSOLUTA FEMININA
CW PONTEVEDRA – CW SANTIAGO 10 ? 9 (2-3; 3-2; 5-2; 0-2)
CW SANTIAGO: SANDRA GOMEZ, AMANDA PREGO (2), LAURA SANLUIS, ROSALIA REI (3), NATALIA ROCHA (2), UXIA SANLUIS, HENAR DE PABLOS (1), SORAYA LEARTE, MARTA OCAMPO, ELENA VAZQUEZ, CARMEN RODRIGUEZ, CECILIA COBAS (1)
Por último disputose o encontro en segunda división masculina. Esta vez a vitoria caeu de parte local por un claro doce a seis, nun partido no que so houbo historia no primeiro cuarto ao que se chegou con un tres dos favorable aos locales. Dous seguintes cuartos moi solto en defensa dos santiagueses estirou o marcador ata un once a tres a finais do terceiro cuarto que os visitantes amañaron no último cuarto para o doce a seis definitivo.
LIGA GALEGA ABSOLUTA 2ª DIVISION

CW PONTEVEDRA – CW SANTIAGO 12 ? 6 (3-2; 3-1; 5-0; 1-3)
CW SANTIAGO: MARTIN TORREIRA, MIGUEL FERNANDEZ, GABOR PAZOS, ROSALIA REI (1), ALEJANDRO GOMEZ (1), ENMANUEL NETO, JORGE GOMEZ, JESUS MONTOIRO, ANTONIO MOSCOSO, DAMIAN ANTELO (3), PABLO CHICO (1), JORGE RODRIGUEZ