DÚAS VITORIAS E DÚAS DERROTAS ANTE VIGO
Nova xornada das ligas galegas para o Club Waterpolo Santiago a disputada este pasado sábado nas instalacións de Santa Isabel, onde rendía visita o Náutico de Vigo con catro partidos e un balance de dúas vitorias e dúas derrotas.
O primeiro encontro en disputarse foi en categoría infantil, onde os santiagueses querían recuperar o liderato da clasificación ante os vigueses que viñan invictos, partido que se prevía igualado e así foi, logo dun encontro cheo de loita entre ambos equipos, a vitoria caeu de lado visitante logo dun partido cheo de alternativas que finalmente conclúo cun sete a nove favorable aos vigueses.
LIGA GALEGA INFANTIL MIXTA
CW SANTIAGO A – RCN DE VIGO 7 – 9 (0-2; 3-1; 1-1; 1-0; 0-4; 2-1)
CW SANTIAGO: RAUL SEOANE, CARLOS ORDOÑEZ (3), JESUS PEREZ (3), NICOLAS COLLAZO, SEBASTIAN ALTAMIRANO, UXIA SANLUIS, MIGUEL BARCA, ZELJKO SUSTIC, YAGO DIAZ (1), LUCAS GARCIA, MATEO LAMA
A primeira vitoria para os santiagueses conseguírona os absolutos de División de Honor, que nun partido intrascendente xa que fixeran os deberes e antes de empezar o encontro xa eran campións da fase regular que lles permite ter vantaxe de campo en todo o play off venceron aos vigueses por un cómodo catorce a dez non sen esforzo pero exceptuando o primeiro cuarto sempre levaron a iniciativa no marcador dando minutos a todos os xogadores de face ao decisivo final de liga que decidirá o título.
LIGA GALEGA ABSOLUTA DIVISION DE HONOR
CW SANTIAGO – RCN DE VIGO 14 – 10 (2-3; 4-1; 5-4; 3-2)
CW SANTIAGO: IAGO GARABATO, JESUS PEREZ, JORGE RODRIGUEZ, PABLO CHICO, ALEX GOMEZ (2), PABLO PIÑEIRO (7), DANIEL RODRIGUEZ (1), ANTONIO CAAMAÑO (3), ADRIAN PONTE, ANGEL CARRO, BRAIS RAPOSO, ADRIAN CAMPAÑA (1), MARTIN TORREIRA
O terceiro encontro en disputarse foi o enfrontamento en División de Honor feminina, onde as santiaguesas pretendían manter o segundo posto na clasificación pero un inicio errático en defensa e ataque propicio a escapada das visitantantes ata un dous seis ao descanso, resultado case definitivo e que aínda que as locais intentaron meterse no encontro con moita máis intensidade e acerto tanto en defensa como en ataque non conseguiron achegarse no marcador, que termino cun concluínte cinco a dez favorable ás viguesas.

LIGA GALEGA DIVISION DE HONOR FEMENINA
CW SANTIAGO – RCN DE VIGO 5 – 10 (1-4; 1-2; 0-3; 3-1)
CW SANTIAGO: SANDRA GOMEZ, AMANDA PREGO, ROSALIA REY (2), LAURA SANLUIS, NATALIA ROCHA (2), UXIA SANLUIS, CARLA PINALES, LAURA DORADO (1), ELENA VAZQUEZ, MERCE VIDAL
Para rematar xogouse o encontro de segunda división masculina entre os equipos B de ambos conxuntos, con resultado claro para os locais que venceron por catorce a catro mandando en todo momento no marcador e con gran participación de xogadores cadetes que non desentonaron no encontro, remarcar que con esta vitoria quedan a un só punto de conseguir o título na categoría de prata galega.
LIGA GALEGA ABSOLUTA 2ª DIVISION
CW SANTIAGO B – RCN DE VIGO B 14 – 4 (5-2; 3-1; 4-0; 2-1)
CW SANTIAGO B: MARTIN TORREIRA, CARLOS ORDOÑEZ, ROSALIA REY (1), ANTONIO GARCIA, RAMON TURNES (2), ALEX GOMEZ (5), BRAIS RAPOSO (2), JESUS MONTOIRO (1), SAMUEL GONZALEZ (2), ANTONIO MOSCOSO, ANXO PANERO, IAGO GARABATO