Este pasado domingo deron inicio as Ligas Galegas Absolutas para o CW Santiago, logo de máis dun ano sen competir, e con todas as medidas de seguridade marcadas pola federación, os equipos absoluto masculino e feminino desprazáronse a Vigo para un dobre enfrontamento ante o Náutico de Vigo.

Os primeiros en iniciar os encontros foi o equipo masculino, que logo dun encontro moi igualado acabo caendo pola mínima e por un resultado final de nove goles a oito. Partido no que houbo mínimas diferenzas durante todo o encontro e que un segundo cuarto onde os compostelanos estiveron menos acertados en defensa permitindo que os locais conseguisen a metade dos seus goles foi decisivo ao quedarse ás portas de conseguir un mellor resultado.
LIGA GALEGA ABSOLUTA MASCULINA DIVISION DE HONOR GALEGA
RCN DE VIGO – CW SANTIAGO 9 – 8 (1-1; 5-3; 1-1; 2-3)
CW SANTIAGO: ADRIAN GARCIA, JORGE RODRIGUEZ, ENMANUEL NETO, ANDRES PEREZ, FERNANDO FERRER, ALEJANDRO GOMEZ (2), ANXO PANERO, ANTONIO CAAMAÑO (3), SAMUEL GONZALEZ, XANDRE RODRIGUEZ (3), BRUNO SAMPAÑO, ADRIAN CAMPAÑA, ROBERTO CARRO
Pola súa banda tamén houbo enfrontamento en categoría Absoluta Feminina e aquí o resultado foi de empate a nove, logo dun inicio igualado, as compostelanas adquiriron vantaxe cun bo xogo e unha magnifica defensa nos dous seguintes periodos ata distanciarse tres goles arriba, pero un último periodo no que se notou o físico e a falta de competición de estar tanto tempo sen competir, ademais do acerto no lanzamento das locais propicio un empate a nove final, co consiguiente reparto de puntos-
LIGA GALEGA ABSOLUTA FEMININA DIVISION DE HONOR GALEGA
RCN DE VIGO – CW SANTIAGO 9 – 9 (3-3; 1-3; 0-2; 5-1)
CW SANTIAGO: SANDRA GOMEZ, AMANDA PREGO, ROSALIA REI (6), LAURA SANLUIS, NATALIA ROCHA (1), UXIA SANLUIS, CARLA PINALES, SORAYA LEARTE, LAURA DOURADO (1), ELENA VAZQUEZ, HENAR DE PABLOS, MARTA OCAMPO, ISABEL PEREZ (1)
