O próximo fin de semana e logo de máis dun ano sen poder competir,
darán inicio a Ligas Galegas Absolutas de waterpolo tanto en categoría masculina
como feminina desprazándose os compostelanos a Vigo para enfrontarse ao
Náutico de Vigo. Tempada atípica pola pandemia que fará que as ligas xóguense a masculina nun formato reducido, só a unha volta e un play off a ida e
volta entre o primeiro e segundo clasificado, e o terceiro e cuarto clasificado, e a
feminina determinase o campión con só a fase regular a ida e volta e sen play
off.
Obxectivos diferentes a outras tempadas os que suscita o CW Santiago,
que aínda que se espera poder loitar polo título tamén intentase que as novas
promesas empecen a gozar de minutos de xogo co obxectivo que entren na
dinámica dos máis experimentados. Boa noticia para os compostelanos que
como cada ano arrincan con ilusión e ganas de demostrar que seguen estando nos
postos de honor do waterpolo galego.


