Este pasado domingo o CW Santiago acudiu a Ferrol para competir no Campionato Galego Infantil Mixto de Primavera con dous equipos. Obtendo un terceiro posto co equipo masculino e un quinto posto co equipo Feminino que participaba por primeira vez na súa historia só con mozas, un gran fito no club.
E precisamente foron as mozas as que empezaron a súa participación ante o equipo que final foi o campión, o Club Mariña Ferrol, e pese a perder nun partido en que a diferenza foi máis avultada do que o xogo reflexo demostrou que empezan a estar preparadas para dar alegrías ao club, a única nota negativa foi o pouco a certo de face a portería que é onde se decidiu o partido, acabando cun resultado de seis goles a un, que ben puido ser moito máis axustado con ese acerto final.
Logo das mozas entraron en liza os mozos que debían enfrontarse ao ganador do partido anterior, e logo de dous cuartos onde o partido estivo igualado os fallos defensivos dos santiagués fixo que os locais distanciásense no marcador ata o oito a tres final.
Trala derrota ante Ferrol do equipo feminino mándolles a xogar o quinto e sexto lugar antes os coruñeses de ACW e pese a que ao encontro comezou como o primeiro con moitos erros de face a portería, a partir do segundo cuarto afinaron a puntería para terminar vencendo por sete a cero e conseguindo un digno quinto posto e sobre todo unha moi boa imaxe.
Pola súa banda o equipo masculino tivo que xogar o partido pola medalla de bronce onde o seu rival o Náutico de Vigo púxolle as cousas moi difíciles, pero un gran final fíxolles levarse o encontro por un catro a oito final que lles deu o terceiro lugar.

CW SANTIAGO FEMENINO
CAMPIONATO GALEGO INFANTIL PRIMAVERA
2º CUARTO DE FINAL
CM FERROL – CW SANTIAGO FEMENINO 6 – 1 (2-1; 1-0; 1-0; 2-0)
CW SANTIAGO FEMENINO: EVA CALZADILLA, SARAY GUILBERT, CANDELA RUBAL, ARIANA COLLAZO, XULIA GAREA, IRENA ORDOÑEZ, UXIA UZAL, EMMA SANTAMARIA, SOFIA PEREZ (1), CARLA DIAZ
2ª SEMIFINAL
CM FERROL – CW SANTIAGO MASCULINO 8 -3 (0-0; 2.2; 3-1; 3-0)
CW SANTIAGO MASCULINO: MAGIN LOPEZ, BIEITO CARBALLO, PEDRO RUBAL; SEBASTIAN ALTAMIRANO (1), NICOLAS COLLAZO (1), ALEXANDRE GONZALEZ; ARTAI ANTELO; GUILLERMO CARRILLO (1), RODRIGO CARRILLO, SAUL PAPIN

5º E 6º POSTO
CW SANTIAGO FEMENINO – ACW 7 – 0 (1-0; 1-0; 3-0; 2-0)
CW SANTIAGO FEMENINO: EVA CALZADILLA, SARAY GUILBERT (1), CANDELA RUBAL (2), ARIANA COLLAZO (1), XULIA GAREA, IRENA ORDOÑEZ (2), UXIA UZAL, EMMA SANTAMARIA, SOFIA PEREZ (1), CARLA DIAZ
3º E 4º POSTO
CW SANTIAGO MASCULINO – RCN DE VIGO 8-4 (2-0; 1-1; 1-1; 1-0; 0-1; 1-3)
CW SANTIAGO MASCULINO: MAGIN LOPEZ (1), BIEITO CARBALLO, PEDRO RUBAL; SEBASTIAN ALTAMIRANO (5), NICOLAS COLLAZO (1), ALEXANDRE GONZALEZ; ARTAI ANTELO; GUILLERMO CARRILLO (1), RODRIGO CARRILLO, SAUL PAPIN