VITORIA ALEVÍN NO TROFEO CIDADE DE FERROL

Este pasado domingo o Club Waterpolo Santiago desprazouse a Ferrol para disputar o Trofeo Cidade de Ferrol en categoría alevín mixta, torneo que se disputaba en formato de triangular coa participación do Club Mariña Ferrol como organizador ademais Club Waterpolo Coruña Rías Altas co que os santiagueses comezaron o torneo que ademais servía tamén como partido da liga Galega Alevín Mixta e no que os nosos pequenos venceron claramente por un resultado final de quince goles a un, partido que serviu para que os novos deportistas vaian integrándose no equipo. A continuación disputouse a final do trofeo fronte ao Mariña Ferrol no que os santiagueses comezaron moi ben o encontro distanciándose ao descanso por catro goles a un que parecía que lles daría a vitoria, pero unha gran reacción dos locais fíxolles colocarse no último cuarto por diante no marcador, pero un gol a falta de tres segundos deu o empate a seis aos santiagueses e a vitoria no Trofeo por mellor golaverage que os locais.

LIGA GALEGA ALEVÍN MIXTA
Domingo 19 de Decembro

CW CORUÑA RÍAS ALTAS – CW SANTIAGO 1- 15 (0-4; 0-2; 0-4; 1-2; 0-1; 0-1)
CW SANTIAGO: ANDRE SOTELO, ALEXANDRE GONZALEZ (1), ANDREA GONZALEZ (1) LUCIA PEÑA, CARLOTA PÉREZ, GAEL CAAMAÑO (1), QUEITAN ROMERO, AIRAS CAAMAÑO (3), ALEJANDRO RIAL (1), RODRIGO CARRILLO (3), SOFÍA PÉREZ (5)

TROFEO CIDADE DE FERROL ALEVIN
Domingo 19 de Decembro

CW SANTIAGO 6- 6 (1-1; 2-0; 1-0; 1-3; 0-1; 1-1)
CW SANTIAGO: ANDRE SOTELO, ALEXANDRE GONZALEZ, ANDREA GONZALEZ (1) LUCIA PEÑA, CARLOTA PÉREZ, GAEL CAAMAÑO, QUEITAN ROMERO, AIRAS CAAMAÑO (2), ALEJANDRO RIAL, RODRIGO CARRILLO, SOFÍA PÉREZ (4)

Xunta de Galicia, Cocello de Santiago, Deputación da Coruña

Publicado por

Club Waterpolo Santiago

Blog oficial do Club Waterpolo Santiago

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s