
VITORIA ABSOLUTA EN OURENSE
Seguindo co fin de semana de encontros dos diferentes equipos do Club Waterpolo Santiago, despois da xornada disputada este sábado pasado día vintacindo de marzo, o domingo vintaseis de marzo tocoulle o equipo absoluto masculino de división de honra desplazarse a Ourense, para desputar a antepenúltima xornada da liga de división de honra. Partido de trámite dun equipo santiagués que venceu por un contundente seis a quince, despois de irse no marcador xa no primeiro cuarto, con unha ventaxa de dous a cinco, que conforme foron pasando os cuartos foi en aumento, ata chegar ó mencionado resultado final de seis goles a quince. A espera de cerrar a liga na casa ente o Waterpolo Oviedo e de xogarse a liga o próximo vintanove de abril ante Pontevedra.
LIGA GALEGA ABSOLUTA MASCULINA DIVISION DE HONRA
Domingo 26 de marzo de 2023
CW OURENSE – CW SANTIAGO 6 – 15 (2-5; 1-2; 0-5; 3-3)
CW SANTIAGO: IAGO GARABATO, JORGE RODRIGUEZ, RAFAEL E. RAMOS (2), ANDRES PEREZ (3), ANTONIO GARCIA, PABLO PIÑEIRO (3), ANTONIO CAAMAÑO, CARLOS ORDOÑEZ (3), XANDRE RODRIGUEZ (3), BRUNO SAMPAÑO (1), ADRIAN CAMPAÑA, SEBASTIAN ALTAMIRANO
Pola súa parte os equipos infantiles mixto e equipo C de segunda división desputaban a súa xornada en Coruña, ante o Club Waterpolo Coruña con doble vitoria. Catro a nove en categoría infantil mixta, nun encontro no que os santiaguese se adiantaron con un concluínte cero a seis ó finalizar o segundo cuarto, que deixou resolto o encontro para que todos os xogadores tiveran minutos para vindeiros encontros máis complicados.
O equipo C de Santiago tamén se levou a vitoria por un axustado once a trece, despois de un encontro que pese a un inicio titubeante dos santiagueses, con varios erros defensivos, colocou o marcador desfavorable para os visitantes por catro a dous no primeiro cuarto. Sensible melloría dos santiagueses que devolveron o parcial no segundo cuarto, chegando o descanso cun empate a seis e todo por decidir. Pero os visitantes con máis experiencia leváronse os dous últimos parciais para rematar vencendo polo mencionado trece a once final.
LIGA GALEGA INFANTIL MIXTA
Domingo 26 de marzo de 2023
CW CORUÑA – CW SANTIAGO 4 – 9 (0-1; 0-5; 1-0; 0-1; 3-2; 0-0)
CW SANTIAGO: CARLA DIAZ, CANDELA ESPIÑA, CARLOTA PEREZ, MARIA ROMERO, ARIANA COLLAZO (1), CIRA SAMPAYO, ANTON FAGUNDEZ, ALBA M CASTILLO, GUILLERMO CARRILLO (2), SAUL PAPIN (5), ALEXANDRE GONZALEZ (1)
LIGA GALEGA ABSOLUTA MASCULINA 2º DIVISION
Domingo 26 de marzo de 2023
CW CORUÑA – CW SANTIAGO C 11 – 13 (4-2; 2-4; 2-3; 3-4)
CW SANTIAGO C: DAVID RAPOSO, MIGUEL FERNANDEZ (1), RAMON TURNES (2), DANIEL GARCIA (2), FRANCISCO COLLAZO (3), JAVIER GARCIA, PABLO LOPEZ, JORGE LAREU (1), ADRIAN PONTE, MIGUEL ANGEL BARCA (3), DANIEL TOME (1), PEDRO P. BERNARDEZ
