Xa temos data para o programa de detección de talentos (seguimento galego de tecnificación de waterpolo)
Domingo 16/2/25 na Piscina: Rosario Dueñas – OURENSE.
Xa temos data para o programa de detección de talentos (seguimento galego de tecnificación de waterpolo)
Domingo 16/2/25 na Piscina: Rosario Dueñas – OURENSE.
Nova xornada das ligas galegas.

Nova xornada das ligas galegas para o CW Santiago, recibiron ao CM Ferrol nas instalacións de Santa Isabel. O partido disputouse na categoría absoluta masculina de DH a pesar do bo comezo dos locais, un curtocircuíto de cinco minutos no segundo cuarto puxo por diante aos visitantes, que xa non perderon a vantaxe e acabaron levando o encontro por un claro 7-12.
Nova xornada das ligas galegas.

Nova xornada das ligas galegas para o CW Santiago,En Santiago recibiron ao CM Ferrol nas instalacións de Santa Isabel. O partido disputouse na categoría mixta cadete. Onde os locais caeron 10-14 nun partido no que numerosos erros defensivos e unha escasa eficacia de ataque volveron dar a vitoria aos ferroláns.
Nova xornada Alevín das ligas galegas.

Os pequenos do CWSANTIAGO – (ALEVÍNS B) recibiron ao CM FERROL nas instalacións de Santa Isabel. O primeiro partido disputouse na categoría alevín, onde o noso equipo B, a pesar de xogar un bo partido, non puido vencer aos ferrolanos que gañaron o partido por un resultado de 2-8.
El cuarto día del Programa de Seguimiento del Waterpolo Infantil tendrá lugar el próximo 9 de febrero. Consistirá en entrenamientos en la piscina Rías do Sur de Pontevedra. A las 10:00 horas la categoría masculina y a las 11:30 horas la categoría femenina.
Andrés e Isabel Pérez serán los entrenadores.
As Santiaguesas igualan nos ultimos minutos.
Na categoría absoluta feminina de DH, as santiaguesas lograron un valioso empate tras un encontro irregular. O equipo comezou con bo pé, adiantándose no marcador cunha vantaxe de dous goles. A pesar dunha boa defensa, a falta de acerto en ataque permitiu que as locais se puxesen un gol arriba a falta de catro minutos para o final. Aínda así, as santiaguesas lograron igualar o marcador a falta de dous minutos. A pesar dos esforzos por levar a vitoria, o resultado final foi de 6-6.



O noso equipo alevín B, cos xogadores máis novos loitaron todos os partidos e mostraron o seu desexo de seguir mellorando. A pesar diso, caeron na fase de grupos ante o CM Ferrol por 12-2 e ante o CW As Mariñas por 15-5, o que lles fixo loitar pola sétima e oitava posición, onde acabaron derrotados nun partido moi igualado ante o CW Coruña por 7-4.

Santiago Brilla como Campión Alevín e Subcampión Benjamín

A pasada xornada foi un verdadeiro festín para o Club Santiago, que brillou no Campionato Galego alevín mixto de inverno,alzándose cun título e un subcampionato. Na categoría alevín, o equipo A destacou cunha formidable actuación, completando a súa competición cunha xornada inmaculada. O equipo, cunha preparación exemplar, contou todos os seus partidos como vitorias. Comezaron a fase de grupos cun contundente 10-0 ante o CW Coruña, seguido dun marabilloso 12-2 contra o Pontevedra a Parda. Para rematar, fixeron fronte ao CM Ferrol, logrando unha victoria de 7-2 que lles asegurou o título de Campión Alevín.
Por outra banda, o equipo benxamín non se quedou atrás, acadando un meritorio subcampionato. Remataron como líderes do grupo B tras vencer de forma convincente ao Coruña por 8-3 e ao Pontevedra o Burgo por 9-0. Na gran final enfrontáronse ao outro equipo do Pontevedra, onde, a pesar da súa entrega, caeron por 8-3.
Non podemos esquecer o valioso esforzo do equipo Alevín B, composto polos xogadores máis novos, que loitaron con dedicación en cada partido, demostrando o seu desexo de mellorar. Aínda que non lograron clasificarse (caeron na fase de grupos ante o CM Ferrol cun resultado de 12-2 e ante o CW As Mariñas por 15-5), o seu esforzo levou a un último partido onde se disputaron a sétima e oitava posición. Foi un partido moi reñido e ao final foron derrotados polo CW Coruña por 7-4.
Sen dúbida, a Festa do Waterpolo foi un éxito para o Club Santiago, cunhas xogadoras e xogadores que mostran un gran potencial e que seguro seguirán brillando en futuras competicións.
