Como cada ano veñen as festas de Nadal, datas nas que hai cambio de horario de entrenos para maior comodidade dos nosos deportistas e poidan gozar destas bonitas festas. A continuación detallamos os días e horarios de adestro
CATEGORIA INFANTIL/ ALEVIN/ BENXAMÍN
MARTES 27 DECEMBRO DE 19H A 20H ‐ SAR
XOVES 29 DECEMBRO DE 19H A 20H ‐ SAR
MARTES 3 DE XANEIRO DE 19H A 20H ‐SAR
MÉRCORES 4 DE XANEIRO 17.15H A 18.15H ‐ SAR
— O RESTO DE DIAS NON HAI ADESTRAMENTO DESDE O 23 DE DECEMBRO INCLUÍDO. — OS ENTRENOS NORMAIS E HABITUAIS EMPEZASEN A PARTIR DO LUNS 9 DE XANEIRO
CATEGORIAS ABSOLUTAS/ XUVENIL / CADETE
LUNS 26 DECEMBRO
MARTES 27 DECEMBRO
MÉRCORES 28 DE DECEMBRO
XOVES 29 DE DECEMBRO
LUNS 2 DE XANEIRO
MARTES 3 DE XANEIRO
MÉRCORES 4 DE XANEIRO
— O HORARIO MANTENSE DE 21.30H A 23H
— O RESTO DE DIAS NON HAI ADESTRAMENTO DESDE O 23 DE DECEMBRO INCLUÍDO.
— Os ADESTRAMENTOS NORMAIS NO SEU HORARIO HABITUAL EMPEZASEN O LUNS 9 DE XANEIRO
¡¡¡DESDE O CLUB WATERPOLO SANTIAGO DESEXÁMOSVOS FELICES FESTAS!!!
Este pasado sábado 12 de marzo celebrouse nas instalacións da Escola Naval de Marín o Campionato Galego Xuvenil, coa participación de catro equipos, entre eles o club waterpolo Santiago, que obtivo o subcampionato logo de vencer na segunda semifinal aos locais do Club Waterpolo Pontevedra por un axustado once a dez, partido igualado en todo momento e onde que os santiagueses souberon sufrir para entrar na final. A final enfróntolles a Coruña, que tivo unha semifinal máis cómoda na que venceu por dez a tres ao náutico de Vigo. Os santiagueses estiveron na final ata o descanso, xa que pese a ir por detrás no marcador, as diferenzas eran só dun ou dous goles en contra, pero a partir do terceiro cuarto notaron o cansazo dunha semifinal moi dura e os coruñeses con máis físico distanciáronse ata o trece a cinco finais, aínda así gran campionato dos compostelanos.campionato
CW SANTIAGO: RAUL SEOANE, CARLOS ORDOÑEZ, ANTONIO GARCIA (3), SEBASTIAN ALTAMIRANO, FERNANDO FERRER (4), YAGO DIAZ (2), MIGUEL BARCA, SAMUEL GONZALEZ (1), ANGEL RODRIGUEZ, JULIO JOSE BARROSO, NICOLAS COLLAZO, ANXO PANERO (1), BIEITO CARBALLO
CW SANTIAGO: RAUL SEOANE, CARLOS ORDOÑEZ, ANTONIO GARCIA, SEBASTIAN ALTAMIRANO, FERNANDO FERRER (1), YAGO DIAZ, MIGUEL BARCA (1), SAMUEL GONZALEZ (2), ANGEL RODRIGUEZ, JULIO JOSE BARROSO, GUILLERMO CARRILLO, ANXO PANERO (1), MAGIN LOPEZ
CRÓNICA do 13 MARZO
LIGA GALEGA ABSOLUTA MASCULINA 2º DIVISION
Ademais do Campionato Xuvenil, tamén se disputo o domingo dous partidos das ligas galegas, esta vez no CGTD de Pontevedra onde os santiagueses debían disputar o último encontro da fase regular da liga de división de honor feminina, e o encontro de segunda masculina entre os equipos B de ambos conxuntos. Balance negativo en canto a resultados, pero positivo en canto a xogo en ambos encontros, xa que pese ao bo xogo os dous equipos ¡caeron derrotados, o masculino de segunda división por nove goles a sete e o feminino de división de honor por quince goles a dez.
Absoluta feminina
LIGA GALEGA ABSOLUTA MASCULINA DIVISION DE HONOR Domingo 6 de Marzo de 2022 Cuartos de final
CW SANTIAGO “B”: PABLO MARTINEZ, CARLOS ORDOÑEZ, ANTONIO GARCIA (1), SEBASTIAN ALTAMIRANO, YAGO DIAZ, ANXO PANERO (1), SAMUEL GONZALEZ (2), JESUS MONTOIRO (1), JULIO JOSE BARROSO (2), IAGO GARABATO
Partidos MANÁ: SEMIFINAL 12.30 H CW PONTEVEDRA – CW SANTIAGO TARDE: FINAL 17 H/3-4º LUGAR 15.30 H Día: SABADO 12 DE MARZO DE 2022 Piscina: ESCOLA NAVAL MARIN Desprazamento: COCHES PARTICULARES
XOGADORES CONVOCADOS
RAUL SEOANE CONDE
CARLOS ORDOÑEZ RODRIGUEZ
ANTONIO GARCIA LENCE
SEBASTIAN ALTAMIRANO LOPEZ
FERNANDO FERRER CUADRADO
YAGO DIAZ CENDAL
ANXO PANERO BLANCO
SAMUEL GONZALEZ GONZALEZ
ANGEL RODRIGUEZ LIJO
JULIO JOSE BARROSO ROMERO
NICOLAS COLLAZO SANTAMARIA
MIGUEL BARCA GARCIA
MAGIN LOPEZ ROMERO
GUILLERMO CARRILLO ROMERO
BIEITO CARBALLO CALERO
LEMBRAR A TODOLOS XOGADORES CONVOCADOS QUE DEBEN LEVAR O D.N.I ORIXINAL E 12€ PARA LA COMIDA
Este sábado pasado celebrouse no CGTD de Pontevedra o Campionato Galego Cadete de Inverno, coa participación de oito equipos e coa participación dos cadetes do CW Santiago que finalmente conseguiron a quinta praza logo de perder en cuartos de final ante CW Coruña Rías Altas nunha eliminatoria moi igualada que se decidiu no último cuarto onde un parcial dun a tres para os coruñeses deulles a vitoria final por catro goles a sete. A derrota enviaba aos santiagueses á loita pola quinta praza, onde se enfrontaron ao equipo feminino de Ferrol, partido sen historia onde os santiagueses foron moi superiores vencendo por doce goles a un. A vitoria fixo que os santiagueses loitasen pola quinta e sexta praza ante Pontevedra B, partido que desde o inicio foi dominado polos cadetes santiagueses que venceron por un concluínte dez a catro conseguindo unha meritoria quinta praza. Destacar tamén a participación cedidas de tres das nosas xogadoras (DANIELA PRIETO, SARAY GUILBERT E ARIANA COLLAZO) no equipo de Ferrol feminino o que demostra o gran nivel que están adquirindo as deportistas santiaguesas.
CW SANTIAGO: MAGIN LOPEZ, CARLOS ORDOÑEZ (2), DIEGO FAGUNDEZ, YAGO DIAZ (2), SEBASTIAN ALTAMIRANO, MIGUEL BARCA, NICO COLLAZO, IAGO FERNANDEZ, LUCAS GARCIA, BIEITO CARBALLO GUILLERMO CARRILLO, BRUNO PEREZ, RAUL SEOANE
Semifinal 5º-8º
CM FERROL FEMENINO – CW SANTIAGO 1- 12 (0-5; 0-6; 1-0; 0-1)
CW SANTIAGO: MAGIN LOPEZ, CARLOS ORDOÑEZ (4), DIEGO FAGUNDEZ, YAGO DIAZ (2), SEBASTIAN ALTAMIRANO, MIGUEL BARCA, NICO COLLAZO (1), IAGO FERNANDEZ (2), LUCAS GARCIA (2), BIEITO CARBALLO (1), GUILLERMO CARRILLO, BRUNO PEREZ, RAUL SEOANE
Puesto 5º-6º
CW PONTEVEDRA B – CW SANTIAGO 4- 10 (1-3; 1-2; 1-4; 1-1)
CW SANTIAGO: MAGIN LOPEZ, CARLOS ORDOÑEZ (6), DIEGO FAGUNDEZ, YAGO DIAZ (3), SEBASTIAN ALTAMIRANO, MIGUEL BARCA, NICO COLLAZO, IAGO FERNANDEZ, LUCAS GARCIA, BIEITO CARBALLO, GUILLERMO CARRILLO (1), BRUNO PEREZ, RAUL SEOANE
CRÓNICA 6 DE MARZO VIGO
DÚAS VITORIAS E DÚAS DERROTAS ANTE NAUTICO DE VIGO
Nova xornada das ligas galegas de waterpolo para o CW Santiago con desprazamento este domingo seis de marzo a Vigo para enfrontarse ao Náutico de Vigo cun balance de dúas vitorias e dúas derrotas. O encontro máis importante da tarde foi o que enfronto a ambos equipos en categoría absoluta de división de honor, partido decisivo de face ao título de liga xa que ambos conxuntos estaban á fronte da clasificación e o que conseguise a vitoria daba un paso moi importante de face a certificar o título de liga. Encontro dominado desde o inicio polos visitantes que cunha gran defensa e aproveitando as súas opcións en ataque distanciáronse cun parcial dun a tres no primeiro cuarto. Continuo a mesma dinámica no segundo cuarto, cun equipo santiagués defendendo ben aos xogadores locais alcanzo unha renda de catro goles, os locais intentaron reaccionar e conseguiron achegarse a dous goles ao descanso (tres a cinco). O terceiro cuarto os santiagueses conseguiron distanciarse a cinco goles a falta de dous minutos e medio, vantaxe que conseguiron reducir os locais a tres goles, ao final do cuarto. Parecía sentenciado o encontro a falta do último cuarto, pero a intensidade dos locais e as malas decisións en ataque dos compostelanos fixo que perdesen esa vantaxe e os vigueses conseguían empatar a nova a falta dun cincuenta para acabar o encontro, pero un penalti a favor a falta dun minuto trinta volveu colocar aos visitantes por diante no marcador, vantaxe que non perderían grazas ao bo traballo defensivo, levándose unha vitoria merecida que lles coloca por diante dos vigueses na loita polo título.
Absoluto Masculino
LIGA GALEGA ABSOLUTA MASCULINA DIVISION DE HONOR Domingo 6 de Marzo de 2022 Cuartos de final
RCN DE VIGO – CW SANTIAGO 9- 10 (1-3; 2-2; 3-4; 3-1)
CW SANTIAGO: ADRIAN GARCIA, JORGE RODRIGUEZ, RAFAEL RAMOS, ANDRES PEREZ, JULIO JOSE BARROSO, ALEJANDRO GOMEZ (7), ANTONIO CAAMAÑO (2), SAMUEL GONZALEZ, XANDRE RODRIGUEZ, BRUNO SAMPAÑO, ADRIAN CAMPAÑA (1), WILLIAM ABEL LOPEZ
Infantil Masculino
Vitoria tamén do equipo infantil masculino noutro emocionante partido, moi igualado desde o principio pero sempre con vantaxes favorables aos visitantes que conseguiron levarse o encontro por un cinco a seis finais que lles coloca na terceira posición na clasificación.
LIGA GALLEGA INFANTIL MIXTA Domingo 6 de Marzo de 2022
RCN DE VIGO – CW SANTIAGO MASCULINO 5 – 6 (1-2; 1-1; 1-1; 1-0; 0-1; 1-1)
CW SANTIAGO: MAGIN LOPEZ, BIEITO CARBALLO (2), PEDRO RUBAL, ALEXANDRE GONZALEZ (1), GABRIEL BALSA, ARTAI ANTELO (1), RAMON GARCIA, AIRAS CAAMAÑO, GUILLERMO CARRILLO (1), ANTON FAGUNDEZ, SAUL PAPIN, RODRIGO CARRILLO (1), MARIO CALZADILLA
Tamén houbo enfrontamento en categoría absoluta de división de honor feminina con vitoria local por un claro doce a cinco nun partido onde as santiaguesas estiveron pouco acertadas en ataque, aínda que seguen mellorando e traballando conceptos, de face a futuros encontros e sobre todo con gran futuro dun equipo con numerosas xogadoras cadetes e infantís.
LIGA GALEGA ABSOLUTA FEMININA DIVISIÓN DE HONOR Domingo 6 de marzo de 2022
RCN DE VIGO – CW SANTIAGO 13 – 5 (4-0; 3-1; 3-1; 3-3)
CW SANTIAGO: EVA CALZADILLA, ISABEL PEREZ (1), LAURA SANLUIS, VICTORIA LANDEIRA (1), DANIELA PRIETO, SORAYA LEARTE (1), CANDELA RUBAL (2), SARAY GUILBERT, SARA IGLESIAS. CECILIA COBAS
Para rematar celebrouse o encontro de segunda división entre os dous equipos B con resultado favorable aos locais por dez a seis. Bo inicio dos visitantes que se puxeron por diante no marcador, pero ante as numerosas baixas do equipo non puido aguantar o ritmo do encontro caendo finalmente derrotados.
LIGA GALEGA ABSOLUTA 2º DIVISIÓN
Domingo 6 de Marzo de 2022
RCN DE VIGO – CW SANTIAGO 10 – 6 (1-3; 4-0; 4-1; 1-2)
CW SANTIAGO: PABLO MARTINEZ, SEBASTIAN ALTAMIRANO, YAGO DIAZ, ANXO PANERO (1), JESUS MONTOIRO (1), SAMUEL GONZALEZ (3), JULIO JOSE BARROSO (1), ANTONIO MOSCOSO, IAGO GARABATO
Partido : CAMPIONATO GALEGO XUVENIL Categoria: XUVENIL Día: SABADO 8 DE FEBREIRO DE 2010 Hora: 11.30H CW SANTIAGO – CM FERROL 16.30H 3º Y 4º PUESTO O 18H FINAL Piscina: ESCUELA NAVAL DE MARIN Salida: 9.45H COCHES DENDE STA ISABEL
XOGADORES CONVOCADOS
ROBERTO CARRO
LUIS GUILBERT
JESUS PEREZ
MARTIN ZAS
FERNANDO FERRER
CARLOS ORDOÑEZ
ANGEL RODRIGUEZ
SAMUEL GONZALEZ
JORGE GOMEZ
ANTONIO MOSCOSO
ANTONIO GARCIA
ANXO PANERO
IAGO GARABATO
LEMBRAR A TODOLOS XOGADORES CONVOCADOS QUE DEBEN LEVAR O D.N.I ORIXINAL (EXCEPTO OS QUE TEÑEN COPIA COMPULSADA) E 10 EUROS PARA A COMIDA
Partido : CAMPIONATO GALEGO XUVENIL Categoria: XUVENIL Día: SABADO 23 DE FEBREIRO DE 2019 Hora: 11.30H CW SANTIAGO – CN CORUÑA 16H CW SANTIAGO – CW PONTEVEDRA 18H CW SANTIAGO – RCN DE VIGO Piscina : ESCUELA NAVAL DE MARIN Salida 9.45H COCHES DENDE STA ISABEL
XOGADORES CONVOCADOS
MARTIN TORREIRA
LUIS GUILBERT
EMMANUEL NIETO
GABOR PAZOS
ROSALIA REY
ALEJANDRO GOMEZ
ANXO PANERO
ANTONIO MOSCOSO
JORGE GOMEZ
DAMIAN ANTELO
PABLO CHICO
JORGE RODRIGUEZ
LEMBRAR A TODOLOS XOGADORES CONVOCADOS QUE DEBEN LEVAR O D.N.I ORIXINAL (EXCEPTO OS QUE TEÑEN COPIA COMPULSADA) E 10 EUROS PARA A COMIDA
O CLUB WATERPOLO SANTIAGO
TERCEIRO NO XUVENIL GALEGO
Este pasado sábado celebrouse na piscina militar naval de Marín o Campionato Galego Xuvenil onde o noso equipo tivo unha moi boa participación acabando no terceiro posto logo de disputar a fase de grupos onde cunha vitoria ante Mariña Ferrol e unha derrota ante Waterpolo Pontevedra deulle a opción de disputar o terceiro e cuarto posto, conseguindo a medalla de bronce logo de vencer a Natación Coruña.
A xornada arrincou co partido máis complicado da xornada ante o que ao cabo sería o campión (CW Pontevedra), partido que estivo igualado durante a primeira metade do encontro e que daba opción á sorpresa, aguantado ben cunha boa defensa aos favoritos, pero un mal terceiro cuarto fixo que o pontevedreses escapásense no marcador e que pese á loita dos nosos fose imposible remontar, acabando o encontro cun once a seis favorable aos pontevedreses.
CW SANTIAGO: MARTIN TORREIRA, LUIS GUILBERT, JORGE RODRIGUEZ, GABOR PAZOS (1), LAURA SANLUIS, ALEX GOMEZ (1), ANTONIO MALLO, SANTI ESTURAO, DAMIAN ANTELO (4), ANTONIO MOSCOSO, PABLO CHICO, IAGO GARABATO
O segundo encontro disputárono os santiagueses ante o Club Mariña Ferrol, e logo dun mal comezo con numerosos erros en ataque propicio que os ferrolanos escapásense no marcador cun cero a tres que poñía moi costa arriba o encontro, pero un gran terceiro cuarto cun parcial de catro a cero para os santiagueses púxoos por diante no marcador para acabar levándose o encontro por sete goles a cinco, o que lles daba a opción aos santiagueses de loitar pola medalla de bronce ante Natación Coruña.
CAMPIONATO GALEGO XUVENIL – FASE GRUPOS
CW SANTIAGO – CM FERROL 7 – 5
(0-2; 1-1; 4-0; 2-2)
CW SANTIAGO: MARTIN TORREIRA, LUIS GUILBERT, JORGE RODRIGUEZ, GABOR PAZOS, LAURA SANLUIS, ALEX GOMEZ (2), ANTONIO MALLO, SANTI ESTURAO, DAMIAN ANTELO (4), ANTONIO MOSCOSO, PABLO CHICO (1), IAGO GARABATO
Para rematar na xornada de tarde disputouse o partido polo terceiro e cuarto posto ante o xa mencionado Natación Coruña, segundo clasificado do grupo B. O partido comezou con numerosos erros tanto defensivos como ofensivos dos santiagueses na primeira metade do encontro que fixo que os coruñeses distanciásense de ata tres goles de diferenza, pero dous últimos cuartos onde pecharon ben a defensa e aumentaron o acerto en ataque deu o triunfo final aos santiagués por un resultado final de once a nove que lles outorgaba o terceiro posto e a medalla de bronce. Éxito dos nosos deportistas que seguen coa boa dinámica dos equipos santiagueses durante esta tempada.
CW SANTIAGO: MARTIN TORREIRA, LUIS GUILBERT, JORGE RODRIGUEZ, GABOR PAZOS (3), LAURA SANLUIS, ALEX GOMEZ (3), ANTONIO MALLO, SANTI ESTURAO, DAMIAN ANTELO (3), ANTONIO MOSCOSO (1), PABLO CHICO (1), IAGO GARABATO
CLASIFICACION FINAL:
CAMPION CW PONTEVEDRA SUBCAMPION RCN DE VIGO TERCEIRO CW SANTIAGO CUARTO CN CORUÑA QUINTO CM FERROL
Partido : CAMPIONATO GALEGO XUVENIL Categoria: XUVENIL Dia: SABADO 24 DE FEBREIRO DE 2018 Hora: 9.45H CW PONTEVEDRA- CW SANTIAGO 12.15H CW SANTIAGO – CM FERROL Tarde: Final – 3º/4ª – NON SE XOGA (DEPENDENDO RESULTADOS MAÑÁ) Piscina : PISCINA ESCOLA NAVAL MILITAR DE MARIN Saida: COCHES Ás 8.15 H DENDE STA ISABEL
XOGADORES CONVOCADOS
MARTIN TORREIRA
LUIS GUILBERT
SANTI ESTURAO
JORGE RODRIGUEZ
GABOR PAZOS
LAURA SANLUIS
ALEX GOMEZ
IVAN VIEITES
ANTONIO MOSCOSO
ANTONIO MALLO
DAMIAN ANTELO
PABLO CHICO
IAGO GARABATO
LEMBRAR A TODOLOS XOGADORES CONVOCADOS QUE DEBEN LEVAR O D.N.I ORIXINAL (EXCEPTO OS QUE TEÑEN COPIA COMPULSADA) e 10 EUROS PARA O PAGO DA COMIDA