Duelo fratricida o sábado entre os dous equipos alevíns. O equipo ¨A¨ venceu, non sen apuros, ao equipo ¨B¨ por un resultado final de 11-7. Por outra banda,o equipo alevín ¨B¨ de primeiro ano non deixou de pelexar ata o ultimo minuto do partido, parabéns a ambos.
Os nosos infantís foron o segundo encontro en disputarse na xornada do sábado día 11 de xaneiro. Onde os vigueses,actuais líderes da clasificación,partían como favoritos, a pesar deles gran encontro dos santiagueses que pese a derrota final por 4-5 a punto estiveron de dar a sorpresa.
Vitoria para o equipo da División de Honra Masculina Absoluta, 19 de xaneiro de 2025. O noso equipo sufriu máis do previsto na súa visita ao Ourense para enfrontarse ao equipo local. Un bo comezo de partido deu vantaxe aos Santiagueños, que marcharon con tres goles de vantaxe. Desde o segundo cuarto souberon manter a vantaxe ata os últimos minutos, onde os locais lograron poñer dous goles no marcador no último minuto, pero o traballo defensivo final levounos a gañar por 7 goles a 8.
Desde o Club temos o pracer de anunciar a chamada para a concentración dos 6 xogadores masculinos e 6 femininos do Club de Waterpolo de Santiago, convocados para o programa de detección de talento da vixilancia galega da tecnicización do waterpolo ALEVÍN MIXTO. Este evento terá lugar o 26 de xaneiro de 2025 na piscina Gómez Noya, Ferrol.
Durante esta concentración, os convocados terán a oportunidade de traballar con adestradores especializados que os guiarán a través de exercicios e actividades destinadas a potenciar as súas habilidades técnicas e tácticas no waterpolo. Será un momento ideal para fortalecer o traballo en equipo e o traballo individual
Sábado, día 25, de 9:30 a 20:00 horas, en Santiago de Compostela, na piscina de Santa Isabel, celebrarase o Campionato Mixto de Waterpolo Galego Alevín e Benxamín, entrada gratuíta.
Cinco deportista do CW Santiago, dous nenos (Alexandre González e Airas Caamaño) e tres nenas (Sofía Pérez, Noa Vieites e Carlota Pérez) foron seleccionados pola Federación Galega para participar en Campionato de España por Comunidades de waterpolo que se celebrará do 21 ó 24 de marco en Madrid.
A selección masculina enfrontarase na fase de grupos a comunidade de Aragón e a selección de Portugal (invitada ó torneo), mentres que a selección femininina terá como rivais nesa mesma fase as comunidades de Murcia e Valencia.
Moitas felicidades ós nosos deportistas e desexarlles moito éxito!
O CW SANTIAGO FEMININO DECIMO QUINTO E O CW SANTIAGO VIXÉSIMO TERCEIRO NO CTO DE ESPAÑA INFANTIL POR CLUBS
O CW Santiago debutou con dúas derrotas ante o CW Málaga por catro goles a dez e ante o CN Helios de Zaragoza por seis goles a doce, na fase de grupos do Campeonato de España Infantil mixto. Encuadrado no grupo K pese a realizar dous encontros moi intensos, as dúas derrotas enviounos a loita dos postos de decimo sétimo ó vixésimo cuarto posto da clasificación, donde debían enfrentarse o CW Jerez, outro encontro moi igualdo que se levaron os andaluces pola mínima vencendo por dez goles a once, resultado que enviaba ós santigueses a loita polos postos vinteún a vintecatro, cruzando con Campusesport balear e de novo marcador desfavorable para os santigueses que caían por dez goles a cinco, o que os enviaba a desputar la penúltima plaza que acabaron levándose ó gañar o Club Natación Calviá por nove goles a once e obter a vixésimo terceira posición final.
Pola súa parte o equipo infantil feminino encuadrado no grupo D tivo un triple enfrontamento, ante o Cuatro Caminos madrileño con derrota por tres goles a doce, once a un caeron ante o CN Catalunya, e dez a cero ante Waterpolo Turia, tres rivales de moita entidade e ante os cales non deixaron de loitar. Las tres derrotas enviaba as santiaguesas a loita polas plazas do trece a dieciséis, cruzando ante el Waterpolo Carthago, de novo un partido ó que non lle perderon a cara, aínda así derrota por sete goles a tres ante as murcianas, que enviaba a loita pola décimo quinta plaza ante o waterpolo Algeciras, partido moi serio das santiaguesas e vitoria por seis goles a oito, que lles daba a primeira vitoria e unha alegría para as galegas despois do seu traballo e esforzo.
Gran experiencia para os deportistas galegos que se encontraron cos mellores equipos de España e que é toda unha oportunidade de progreso. Dar tamén as grazas a Iratxe, Alejandra e Mila, as tres xogadoras do CW Coruña, pola vosa actitude sempre inmellorable, tanto dentro como fora da piscina.
CW SANTIAGO MIXTO: Carla Díaz, Rodrigo Carrillo, Sofía Pérez, Ramón García, Ariana Collazo, Gael Caamaño, Antón Fagundez, Airas Caamaño, Guillermo Carrillo, Gonzalo de la Mata, Saúl Papin, Alexandre González
CW SANTIAGO FEMENINO: Cira Sampayo, Candela Espiña, Carlota Pérez, María Romero, Alejandra Rodríguez, Milagros Pardo, Iratxe Garrido, Alba María Castillo, Lucía Dosuna, Noa Vieites, Lucía Peña, Noelia Ramos, Antia Rodríguez
CW SANTIAGO CAMPEÓN E SEXTO NO CAMPIONATO GALEGO DE VERÁN
O CW Santiago desplazouse a Pontevedra este pasado sábado dez de xuño para participar con dous equipos no Campionato Galego Infantil de verán. Conseguindo o equipo misto o título e unha máis que digna sexta posición o equipo feminino que participaba por primeira vez na tempada como equipo. Gran campionato do equipo mixto que debutou xogando e gañando en cuartos de final ante o Santiago Feminino por un concluínte dez a cero, en semifinais desfixose do Naútico de Vigo por trece goles a sete, e unha gran final ante Marina Ferrol por catorce goles a cinco.
Pola súa parte gran actuación do equipo feminino, perdeu no primeiro partido ante Vigo por nove goles a tres, e no segundo enfrontamento caeu ante Santiago Mixto por dez a cero. Citoria ante o Waterpolo Lugo por oito goles a tres, e na loita pola quinta plaza caeron ante Waterpolo Coruña por un axustado cico a dous, o que lle daba a sexta plaza final.
O CW Santiago recibía este sábado pasado nas instalación de Santa Isabel a visita do CW Turia de Valencia, gran favorito a levarse a plaza para desputar a final de fase de ascenso a primeira nacional. Coa máxima ilusión e intensidade saíron as santiaguesas ó encontro, colocándose por diante no marcador co gol inicial, pero as valencianas pouco tardaron en empatar o encontro e empezaron a carburar, índose no marcador xa no primeiro cuarto cun favorable dous a sete, que pese ós esforzos das locais, foron aumentando a cada minuto que pasaba, ata finalizar o encontro cun resultado de cinco a vinte.
Pese a todo gran resposta dun equipo que a media de idade é de dezasete anos, xoven con espíritu e cun gran futuro de cara a seguintes anos.