O equipo infantil do Club Waterpolo Santiago continúa o seu proceso de crecemento e formación dentro da Liga Galega, e este pasado domingo, na súa visita a Vigo, volveu demostrar que o traballo, o esforzo e a actitude están por riba do marcador.
O conxunto santiagués afrontou o encontro con moitas gañas e concentración, consciente do nivel do rival, pero sen perder en ningún momento o foco no seu propio xogo. Aínda que o resultado final foi 11-1, o máis destacable foi a evolución que está amosando o grupo, cada vez máis sólido en defensa e máis atrevido en ataque.

Xogadores de Infantil Mixto do Club Waterpolo Santiago
Durante varias fases do partido, o CW Santiago infantil foi capaz de manter o orden táctico, freando os intentos ofensivos do rival e xerando saídas rápidas en transición. O tanto logrado foi un premio merecido ao esforzo colectivo e foi celebrado como unha sinal clara de progreso.

Xulia Franco e Marina Mourelos, Xogadoras do Club Waterpolo Santiago
Máis alá do resultado, o partido deixou moi boas sensacións entre o corpo técnico e as familias que acompañaron ao equipo. O compromiso dos xogadores, a súa actitude loitadora e as gañas de aprender son piares fundamentais nesta etapa formativa, e o CW Santiago pode sentirse orgulloso do camiño que está a percorrer a súa canteira.
Con cada encontro, este grupo de mozos deportistas mellora non só na auga, senón que tamén medra en valores como o compañeirismo, a constancia e o respecto. Sen dúbida, o futuro do club está en boas mans.
















