TRES DE CATRO ANTE O NAUTICO DE VIGO
De novo xornada das ligas galegas de waterpolo para o CW Santiago, catro encontros disputáronse nas instalación de Santa Isable ante o Real Club Naútico de Vigo, con vitorias do equipo absoluto masculino, absoluto femenino e infantil mixto, e unha derrota en categoría cadete mixta.
Xorana intensa e moi importante antes os vigueses que tanto en categoría absoluta masculina como en absoluta femenina se xogagan as súas opción na loita polo título de liga. A xornada deu comezo coa disputa do encontró en categoría absoluta masculina división de honra, encontró no que despois do primeiro cuarto con alternativas no marcador ó que se chegou con ventaxa local un gol arriba, os santiagueses conseguiron distanciarse no marcador no segundo cuarto, aumentando a súa ventaxa ata cinco goles no terceiro cuarto, para acabar mantendo a diferencia no último e definitivo cuarto, levándose o encontró por un resultado final de once a seis, que os fai seguir mantendo as opción intactas polo loita do título de liga.
O segundo enfrontamento foi en catergoría infantil mixta, donde os locais leváronse unha cómoda vitoria por doce goles a catro que lles fai seguir ó fronte da clasificación.
O terceiro encontró disputado foi en categoría cadete misxta, donde o noso cadete masculino pouco poido facer ante un dos favoritos polo título, caendo derrotados por un claro dous a dez.
Por último disputouse o encontró en categoría absoluta femenina, de novo partido moi importante xa que as locais tamén se disputaban seguir tendo opción de loitar polo título, partido moi igualado que se resolveu no último cuarto, caendo de lado das locais por un resultado final de dez goles a oito.





LIGA GALEGA ABSOLUTA MASCULINA DIVISION HONRA
Sábado 18 de febreiro de 2023
CW SANTIAGO – RCN DE VIGO 11 – 6 (3-2; 4-2; 3-1; 1-1)
CW SANTIAGO: IAGO GARABATO, JORGE RODRIGUEZ (1), RAFAEL E. RAMOS, ANDRES PEREZ (4), ANTONIO GARCIA, PABLO PIÑEIRO (4), JESUS PEREZ, ANTONIO CAAMAÑO (1), CARLOS ORDOÑEZ, XANDRE RODRIGUEZ, BRUNO SAMPAÑO (1), ADRIAN CAMPAÑA, SAMUEL GONZALEZ
LIGA GALEGA ABSOLUTA FEMENINA DIVISION DE HONRA
Sábado 18 de febreiro de 2023
CW SANTIAGO – RCN DE VIGO 10 – 8 (0-1; 2-4; 4-2; 3-1)
CW SANTIAGO: IRENA ORDOÑEZ, ISABEL PEREZ (5), LAURA SANLUIS, ROSALIA REY (1), VICTORIA LANDEIRA, ARIANA COLLAZO (3), EMMA SANTAMARIA, CANDELA RUBAL, SARAY GUILBERT, ANDREA FERNANDEZ, SOFIA PEREZ (1), CECILIA COBAS
Sábado 18 de febreiro de 2023
CW SANTIAGO MASCULINO – RCN DE VIGO 2 – 10 (0-1; 2-2; 0-4; 0-3)
CW SANTIAGO: MAGIN LOPEZ, BIEITO CARBALLO, PEDRO RUBAL, NICOLAS COLLAZO, SEBASTIAN ALTAMIRANO (1), ARTAI ANTELO, BRUNO PEREZ, ANTON FAGUNDEZ, GUILLERMO CARRILLO (1), GABRIEL BALSA, SAUL PAPIN, ALEXANDRE GONZALEZ
LIGA GALEGA INFANTIL MIXTA
Sábado 18 de febreiro de 2023
CW SANTIAGO MASCULINO – RCN DE VIGO 12 – 4 (2-1; 3-0; 3-0; 2-1; 0-1; 2-1)
CW SANTIAGO: CARLA DIAZ, CANDELA ESPIÑA, CARLOTA PEREZ, AIRAS CAAMAÑO (1), ARIANA COLLAZO (3), CIRA SAMPAYO, ANTON FAGUNDEZ, ALBA MARIA CASTILLO, GUILLERMO CARRILLO (2), RODRIGO CARRILLO, SAUL PAPIN (4), ALEXANDRE GONZALEZ (1), SOFIA PEREZ (1)
