CRONICA: RCN VIGO – CW SANTIAGO

EMPATE E DERROTA DO CWSANTIAGO

balon

Nova xornada de liga para os equipos; alevín e infantil do CW Santiago, con desprazamento este pasado domingo a Vigo. Para disputar os seus respectivos partidos.

O primeiro partido en disputarse, foi en categoría alevín. Onde os santiagueses saíron derrotados por un claro nove a cinco, despois dun encontro onde a maior  efectividade dos locais e a súa capacidade física foi a clave ante un equipo santiagués  que loitou ata o final, e onde cada vez mais os nosos pequenos van asimilando e participando no xogo seguindo a súa progresión día a día.

LIGA GALEGA ALEVIN MIXTA

RCN DE VIGO – CW SANTIAGO   9 – 5 (2-1; 2-1; 2-0; 0-3; 2-0; 1-0)

CW SANTIAGO: MATEO LAMAS, SARAY GUILBERT, IAGO FERNANDEZ, LUCAS VILARIÑO, FERNANDO FERRER (4), UXIA SANLUIS, YAGO DIAZ (1), SAMUEL GONZALEZ, CARLOS ORDOÑEZ, MIGUEL BARCA.

Logo Club Wterpolo Santiago
Seguidamente foron os infantís os que saltaron á auga para disputar o seu partido, encontro moi igualado desde o comezo e que rematou cun empate a cinco despois de realizar un gran partido en defensa onde os porteiros visitantes estiveron moi acertados, e que a pesar de chegar por diante no marcador no último cuarto, dous goles visitantes,  o último deles a falta de corenta e nove segundos para acabar o encontro, puxo moi costa arriba o gran partido realizado, pero un roubo de balón e un contraataque a falta de dez segundos conseguiron igualar o encontro a falta de tres segundos para o remate, dando un valioso empate pola entrega e ganas dos nosos xogadores.

 

LIGA GALEGA INFANTIL MIXTA

RCN DE VIGO  – CW SANTIAGO  5– 5 (0-0; 1-1; 1-0; 1-3-0; 0-0; 2-1)

CW SANTIAGO: IAGO GARABATO, LUIS GUILBERT (2), SANTI ESTURAO, ANTONIO GARCIA, FERNANDO FERRER (2), GABRIEL LESENDE, NATALIA VIEITES, SAMUEL GONZALEZ, CARLOS ORDOÑEZ, ANTONIO MALLO, UXIA SANLUIS, YAGO DIAZ, ROBERTO CARRO.

patrocinadores

CRONICA LIGA ABSOLUTA

1ª DIVISION 1ºPARTIDO LIGA ABSOLUTA
18161972n

CW SANTIAGO ADIANTASE NA FINAL

 

Comezou este pasado sábado en Santiago o play off final da liga Absoluta de 1ª división co primeiro partido da final entre os dous primeiros clasificados da liga regular CN Coruña e CW Santiago  que liquidaron as súas dúas semifinais en só dous dos tres partidos necesarios.

Como se prevía,  partido moi disputado e igualado aínda que desde o inicio os santiagueses mandaron no marcador, xa o primeiro cuarto denotaba que a igualdade seria a nota do partido acabando cun parcial de tres a dous favorable aos locais. Un comezo con gran efectividade en ataque de ambos os equipos indicaba que o equipo que axustase a defensa antes tería grandes posibilidades de acabar levándose o partido, e ese foi o equipo local que cun parcial de tres a un chegaba ao descanso cun favorable seis a tres, renda que conseguiu manter no terceiro cuarto cun empate a tres e mesmo ampliar a catro goles a falta de catro minutos para acabar o encontro cun once a sete que souberon aguantar ata o final e que a pesar dos dous últimos goles  visitantes daban o resultado final de once a nove que dá a primeira vitoria ao os santiagués que o próximo día 20 de maio terá oportunidade de conseguir o título.

Logo Club Wterpolo Santiago

PLAY OFF FINAL LIGA GALLEGA ABSOLUTA 1º PARTIDO

CW SANTIAGO – CN CORUÑA   11  – 9  (3-2; 3-1; 3-3; 2-3)

CW SANTIAGO: ADRIAN GARCIA, RAUL GALLEGO, RAMON TURNES, ALEJANDRO PADILLA (1), LUIS FERRER, PABLO PIÑEIRO (3), BRAIS RAPOSO (1), ANTONIO CAAMAÑO (2), PABLO SUAREZ (2), ALEX GOMEZ, BRUNO SAMPAÑO (1), ADRIAN CAMPAÑA (1),  MIGUEL A. BARCA

patrocinadores

Final play off Liga Gallega Absoluta

1° partido – piscina Sta Isabel CW Santiago – CN Coruña

Final play off

Sábado 29 de abril de 2017 a las 18.45h

CONVOCATORIA INFANTIL MIXTO

waterpolo_01

RCN DE VIGO – CW SANTIAGO

Partido :          RCN DE VIGO – CW SANTIAGO          
Categoria:       INFANTIL MIXTO
Dia:                   Domingo 30 de abril de 2017
Hora:               11.30H          
Piscina :          REAL CLUB NAUTICO DE VIGO        
Saida:              Bus 8.30H dende STA.ISABEL

XOGADORES CONVOCADOS

  1. IAGO GARABATO
  2. LUIS GUILBERT
  3. SANTIAGO ESTURAO
  4. ANTONIO GARCIA
  5. FERNANDO FERRER
  6. GABRIEL LESENDE
  7. NATALIA VIEITES
  8. REBECA GOTHLIN
  9. SAMUEL GONZALEZ
  10. ANTONIO MALLO
  11. ANXO PANERO
  12. UXIA SANLUIS
  13. ROBERTO CARRO

LEMBRAR A TODOS OS XOGADORES CONVOCADOS QUE                             
DEBEN LEVAR O D.N.I ORIXINAL (EXCEPTO OS QUE TEÑEN                        
COPIA COMPULSADA) E 5 EUROS PARA O PAGO DO BUS

patrocinadores

CONVOCATORIA ALEVIN

balonCW SANTIAGO-CN VIGO

Partido :          CW SANTIAGO-CN VIGO
Categoría:       ALEVIN
Día:                   Domingo 30 de Abril 2017
Hora:                10.00h
Piscina :          Nautico de Vigo
Salida:             Bus 8.30H dende STA.ISABEL

 

XOGADORES CONVOCADOS

  1. MATEO LAMAS
  2. CARLOS ORDOÑEZ
  3. SARAY GUILBERT
  4. LUCAS VILARIÑO
  5. FERNADO FERRER
  6. UXIA SANLUIS
  7. YAGO DÍAZ
  8. SAMUEL GONZALEZ
  9. IAGO FERNADEZ
  10. MIGUEL BARCA

LEMBRAR A TODOS OS XOGADORES CONVOCADOS QUE                             
DEBEN LEVAR O D.N.I ORIXINAL (EXCEPTO OS QUE TEÑEN                        
COPIA COMPULSADA) E 5 EUROS PARA O PAGO DO BUS              

patrocinadores

O CW SANTIAGO NA FINAL DA LIGA

Cronica semifinal liga Galega absoluta

absolutos copy

Este pasado sábado O CW Santiago logrou meterse na final da liga Galega absoluta de waterpolo despois dunha traballada vitoria no segundo partido do play off semifinal ante o CW Pontevedra e  colocar o definitivo dous a cero na eliminatoria.

Non comezou ben o partido para os locais, xa que os nervios e a ansiedade por querer poñerse diante dende un principio acabou producindo todo o contrario, finalizando o primeiro cuarto cun desfavorable un a catro que poñía moi costa arriba o partido.. Os axustes  defensivos e a efectividade en ataque no segundo cuarto fixo que os santiagueses lle dirán a volta ao marcador e cun parcial de cinco a cero, poñerse diante no marcador ante un equipo visitante que seguía loitando por empatar la eliminatoria. Terceiro cuarto igualado con toma e daca por ambas partes que despois dun parcial de tres a tres finalizou cun gol arriba para os locais y todo por decidir no derradeiro cuarto, onde los santiagueses a falta de tres minutos distanciábanse dous goles arriba e souberon aproveitar os erros visitantes para remontar ata o definitivo catorce a dez que daba a vitoria e o pase á final aos locais.
Logo Club Wterpolo Santiago

PLAY OFF SEMIFINAL LIGA GALEGA ABSOLUTA 2º PARTIDO

 

CW SANTIAGO – CW PONTEVEDRA   14  – 10  (1-4; 5-1; 3-3; 5-2)

CW SANTIAGO: ADRIAN GARCIA, RAUL GALLEGO, DAMIAN ANTELO (1), GABOR PAZOS, LUIS FERRER, PABLO PIÑEIRO (2), BRAIS RAPOSO (1), ANTONIO CAAMAÑO (2), PABLO SUAREZ (3), ALEX GOMEZ, BRUNO SAMPAÑO, ADRIAN CAMPAÑA,  MIGUEL A. BARCA (5).

patrocinadores

TORNEO INFANTIL GETXO

NOTA INFORMATIVA

Logo Club Wterpolo Santiago

SAÍDA TORNEO INFANTIL GETXO

gexto

Desde a estación de RENFE de Santiago de Compostela o dia 13 de abril ás 11h . Prégase máxima puntualidade.

Regreso: unha vez remate o Torneo e chegada ao Palacio de Congresos de Santiago. Avisarase, no seu día, hora de chegada.

Aloxamento:
RESIDENCIA MAÑARIKUA- DERIO
Edificio Seminario 48160 Derio (Bizkaia) Tel:94.403.68.88
patrocinadores

CRONICA semifinal Pontevedra

CW SANTIAGO ADIANTASE NA SEMIFINAL

Logo Club Wterpolo Santiago

O pasado fin de semana comezou a semifinal do play off da liga Galega Absoluta ao mellor de tres encontros entre CW Pontevedra e CW Santiago, terceiro e segundo clasificado da liga regular. Como se prevía primeiro e moi igualado encontro o disputado na piscina do CGTD de Pontevedra, onde un gran final deu aos santiagueses a vitoria por un axustado oito a nove. Inicio moi serio en defensa de ambos equipos que deu lugar a numerosos roubos e perdidas en ataque ante as defensa activa de ambos conxuntos que fixo rematar o primeiro cuarto cun empate a un. O segundo cuarto comezou con tres despistes defensivos dos visitantes que estirou o marcador a un catro a un favorable aos de Lérez que estiraban o marcador a un catro a un a mediados do segundo cuarto, pero os axustes defensivos e algo máis de claridade en ataque dos visitantes achegou ao descanso aos santiagueses a un só gol,  cinco a catro que deu outra vez emoción ao encontro. Terceiro cuarto de toma e daca e empate no marcador parcial de dous a dous que deixaba todo para o último e definitivo período ao que se entrou cun sete a seis favorable aos locais e que estirou ata o oito a seis a falta de seis minutos, pero a partir dese momento os visitantes non concederon goles e un parcial de tres goles a cero púxoos por diante no marcador a falta de dous minutos e medio para rematar o encontro, xa non se moveu o marcador paralizando todas as accións desesperadas dos locais aos que non deron oportunidade de empatar.

 

O vindeiro 22 de abril, e en Santiago, xogase o seguinte partido da eliminatoria.

 

PLAY OFF SEMIFINAL LIGA GALEGA ABSOLUTA 1º PARTIDO

 

CW PONTEVEDRA – CW SANTIAGO   8  – 9 (1-1; 4-3; 2-2; 1-3)

CW SANTIAGO: ADRIAN GARCIA, RAUL GALLEGO, RAMON TURNES, ALEJANDRO PADILLA, LUIS FERRER (2), PABLO PIÑEIRO (1), BRAIS RAPOSO (1), ANTONIO CAAMAÑO (4), PABLO SUAREZ, MIGUEL BARCA, BRUNO SAMPAÑO (1), ADRIAN CAMPAÑA (1) ALEX GOMEZ.
patrocinadores

CRONICA CAMPIONATO INFANTIL

CW SANTIAGO CUARTO NO CAMPIONATO INFANTIL

painter

Os infantís do CW Santiago desprazáronse este pasado sábado a Ferrol para disputar o Campionato Galego Infantil Mixto de Inverno, onde o sorteo deparou un cuarto de final que lles debía enfrontar ao RCN de Vigo, a priori partido igualado antes de comezar o encontro, pero vitoria final dos santiagueses por un claro seis a cero, onde os nosos pequenos realizaron un gran traballo defensivo e que grazas á efectividade en ataque deulles o pase a semifinais onde se debían enfrontar ao gran favorito do torneo, o CW Pontevedra “A”, e ante o que nada puideron facer os nosos xogadores pola gran superioridade física dos pontevedreses que venceron por un resultado final de seis a un que fixo disputar aos santiagueses o terceiro e cuarto posto esta vez ante CW Pontevedra “B”, noutro partido onde o físico afectou aos nos nosos pequenos que pouco puideron facer caendo derrotados por dez goles a catro que deu o cuarto posto definitivo. Bo campionato o disputado polos nosos pequenos.

CAMPIONATO GALLEGO INFANTIL MIXTO DE INVIERNO

 

¼ DE FINAL

CW SANTIAGO – RCN VIGO  6 – 0 (1-0; 0-0; 2-0; 3-0)

 

CW SANTIAGO: IAGO GARABATO, UXIA SANLUIS, SANTI ESTURAO, ANTONIO GARCIA, FERNANDO FERRER (5), GABRIEL LESENDE, NATALIA VIEITES, SAMUEL GONZALEZ (1), ANTONIO MALLO, ANXO PANERO, ROBERTO CARRO

 

SEMIFINAL

CW SANTIAGO – CW PONTEVEDRA “A”   1-6 (1-2; 0-2; 0-1; 01)

 

CW SANTIAGO: IAGO GARABATO, UXIA SANLUIS, SANTI ESTURAO, ANTONIO GARCIA, FERNANDO FERRER (1), GABRIEL LESENDE, NATALIA VIEITES, SAMUEL GONZALEZ , ANTONIO MALLO, ANXO PANERO, ROBERTO CARRO

 

3 º E 4º POSTO

CW SANTIAGO – CW PONTEVEDRA “B”  4 – 10 (0-2; 1-3; 1-2; 0-1; 2-2)

 

CW SANTIAGO: IAGO GARABATO(1), UXIA SANLUIS, SANTI ESTURAO, ANTONIO GARCIA(1), FERNANDO FERRER , GABRIEL LESENDE, NATALIA VIEITES(1), SAMUEL GONZALEZ , ANTONIO MALLO, ANXO PANERO(1), ROBERTO CARRO

patrocinadores

Vacacións de SEMANA SANTA

NOTA INFORMATIVA

Logo Club Wterpolo Santiago

Infórmase os pais e deportistas das CATEGORÍAS INFANTIL, ALEVIN, BENXAMIN E PREBENXAMIN, que co motivo das vacacións de SEMANA SANTA, os adestramentos  de Sar quedan da seguinte maneira e horario:

 

LUNS 10, MARTES 11 E MERCORES 12 DE ABRIL  o horario de  adestramento será de 11h a 12,30h da mañá.

Os adestramentos reanudaranse o martes 18 de abril no seu horario habitual.

patrocinadores