GAÑADORES DA COPA GALEGA ABSOLUTA

Este fin de semana en Cervo, o Club Waterpolo Santiago asinou unha páxina histórica ao proclamarse campión da Copa Galega Absoluta tanto en categoría masculina como feminina.
Dúas vitorias que reflicten o traballo, o esforzo e a ilusión dun club que segue facendo medrar o waterpolo galego.
Un logro para celebrar e do que sentir un orgullo inmenso. 🏆

Campionato Absoluto Masculino e Feminino

Xavi Pérez – Adestrador do Club Waterpolo Santiago

Entrevista e Valoración do Campionato Absoluto Masc e Fem

Xavi Pérez analiza o campionato: obxectivos, formato e posibles melloras

Obxectivos do equipo

Xavi Pérez ten claro o reto principal: chegar á final tanto en categoría masculina como feminina. Iso si, aposta pola prudencia e pola filosofía do “partido a partido”, sen menosprezar a ningún rival.

Os grandes favoritos

Na categoría masculina, Pérez sinala a Pontevedra como o principal candidato ao título, mentres que no cadro feminino coloca a Vigo no papel de máximo favorito. Aínda así, insiste en que a intención do seu equipo é competir e pelexar en ambos torneos.

Formato de competición

Sobre o sistema de xogo masculino, considera que é o máis axeitado ao tratarse dun formato de Copa: eliminatorias directas, como ocorre na maioría dos deportes. Recoñece que non todo o mundo está de acordo, pero lembra que xogar por postos intranscendentes tampouco resulta atractivo para os xogadores.

No caso feminino, explica que o formato varía ao haber só seis equipos, aínda que tamén remata cunha final única e sen disputa de posicións finais.

Sedes e condicións de xogo

En canto ás instalacións, Pérez apunta que xogar nunha piscina neutral non cambia excesivamente o panorama, pero si contribúe a igualar os encontros. “Unha piscina na que non xogas habitualmente obriga a todos os equipos a adaptarse e elimina referencias previas”, destaca.

Sorpresas e nivel competitivo

O técnico admite que nun só partido sempre pode haber sorpresas, aínda que recoñece que, a día de hoxe, existe un claro favorito ao título.

Propostas de mellora

De cara ao futuro, Pérez considera que a principal mellora sería ampliar o número de equipos participantes, aínda que admite que é unha tarefa complicada. Ademais, subliña a importancia de levar o waterpolo a cidades onde non hai tradición deste deporte para dalo a coñecer, promovelo desde a federación e implicar ás institucións locais co obxectivo de fomentar a creación de novos clubs.

📰 CW Santiago: Copa Galega Absoluta 2026

O Club Waterpolo Santiago afronta esta fin de semana unha das grandes citas do calendario autonómico: a Copa Galega Absoluta Masculina e Feminina, que se disputará os días 24 e 25 de xaneiro na Piscina de Cervo (Lugo). A competición chega nun momento clave da tempada, con ambos equipos absolutos buscando consolidar o seu bo momento competitivo.

En canto ao equipo feminino, continúa amosando unha evolución sólida na competición autonómica, con boas sensacións colectivas que convidan ao optimismo de cara á fin de semana en Cervo.

Club Waterpolo Santiago – foto: Ultima copa disputada – Tempada 24-25

👥 Xogadores convocados

  1. Iago Garabato
  2. Alexandre González
  3. Jesús Pérez
  4. Andrés Pérez
  5. Antonio García
  6. Pablo Piñeiro
  7. Samuel González
  8. Antonio Caamaño
  9. Alex Gómez
  10. Xandre Rodríguez
  11. Bruno Sampaño
  12. Adrián Campaña
  13. Adrián García
  14. Guillermo Carrillo
  15. Airas Caamaño

    🎯 Obxectivo claro: pelexar pola final
    O adestrador do CW Santiago, Xavi Pérez, teno claro:

    “O obxectivo é sen dúbida chegar á final, tanto en masculino como en feminino. Iso si, partido a partido sen desmerecer a ningún equipo.”

    Unha ambición medida, consciente da dificultade do torneo e do alto nivel dos rivais. Nese sentido, Pérez sinala tamén quen parte como favorito:

    “En categoría masculina o máximo favorito creo que é Pontevedra e en feminino Vigo, aínda que a idea é pelexar en ambos casos.”

    📅 Copa Galega Absoluta en Cervo: o camiño do CW Santiago

    Equipo Absoluto feminino DH

    👥 Xogadoras convocadas

    1. Cira Sampayo
    2. Helena Dosantos
    3. Candela Rubal
    4. Andrea González
    5. Victoria Landeira
    6. Alejandra Rodríguez
    7. Xulia Franco
    8. Emma Santamaría
    9. Minia Dios
    10. Noa Vieites
    11. Marina Mourelos

    🏐 Feminino – Fase de grupos

    • Sábado 24/01: CW Coruña – CW Santiago (13:40 h)
    • Domingo 25/01: CW Santiago – CW As Mariñas (10:45 h)
    • Final feminina: 16:00 h

    🏐 Masculino – Eliminatorias

    • Sábado 24/01 (Cuartos de final): CW Lugo – CW Santiago (15:00 h)
    • Domingo 25/01:
      • 1ª semifinal: 12:00 h
      • Final masculina: 17:30 h

      Copa Galega Absoluta – FEMININA E MASCULINA –

      Screenshot

      O CW Santiago cae na Supercopa Galega pero deixa boas sensacións ante o CW Pontevedra

      Os composteláns estrean a tempada cun partido esixente fronte ao vixente campión de Liga e amosan potencial para competir con solvencia nas próximas citas oficiais.

      O Club Waterpolo Santiago afrontou esta fin de semana o seu primeiro reto oficial da tempada coa disputa da Supercopa Galega Absoluta, un torneo que enfronta o campión de Liga co gañador da Copa. Nesta ocasión, os santiagueses participaron como subcampións da Copa Galega, logo da renuncia do Club Marina Ferrol, vixente campión. O encontro, disputado en piscina neutral, serviu para abrir o curso 2025-2026 e medir o punto de partida de ambos equipos.

      O rival non era menor: o CW Pontevedra, campión galego e un dos conxuntos máis consolidados do panorama autonómico, impúxose por 12-5 nun duelo intenso e marcado polas diferenzas de ritmo propias do inicio de tempada. A pesar do resultado, o conxunto de Xavi Pérez deixou boas sensacións en varios tramos do encontro, combinando momentos de bo xogo con fases de menor acerto.

      Preparación e obxectivos para a nova tempada

      O CW Santiago chega a esta tempada cun proxecto continuísta, combinando xogadores experimentados con novas incorporacións da canteira. Segundo fontes do club, o obxectivo principal é consolidar o equipo nas primeiras prazas da Liga Galega e seguir competindo con garantías nas fases de ascenso. Ademais, o corpo técnico traballa en reforzar a preparación física e o xogo colectivo, dous aspectos que se notaron positivos na Supercopa a pesar do marcador final.

      “Temos moito traballo por diante, pero tamén moito talento no vestiario”, sinalou Pérez. “A actitude dos xogadores foi excelente e iso é o que máis valoro neste punto da tempada. As vitorias chegarán cando encaixemos todas as pezas”.

      Segundo datos da Federación Galega de Natación (FEGAN), a Liga Galega Absoluta de Waterpolo arrincará a finais de outubro. O CW Santiago afrontará a competición coa intención de mellorar o posto da pasada campaña.

      Campionato Galego Infantil Mixto de Inverno

      Os días 12 e 13 de abril, a Piscina Municipal Olímpica de Lieiro, no concello de Cervo, será o escenario do Campionato Galego de Wáter-polo Infantil Mixto de Inverno, unha das citas máis importantes do calendario para as promesas deste deporte en Galicia.

      O campionato comezará o sábado ás 13:30 horas cos encontros da primeira fase. Xa o domingo, a partir das 10:00 horas, disputaranse as finais, nas que se decidirán os equipos que subirán ao podio desta edición.

      Nesta competición participarán nove equipos, entre os cales destaca o Club Waterpolo Santiago, que contará con dúas representacións: o CW Santiago A e o CW Santiago B, reflexo do gran traballo que se está a facer na súa canteira e do crecemento continuo do club.

      Este evento promete ser unha auténtica festa do wáter-polo base Galego, onde a deportividade, a paixón e o esforzo serán os grandes protagonistas.

      Dobre Podio no Campionato Galego Absoluto: Subcampión No Masculino e Terceiro Lugar no Feminino.

      Absoluto Masculino – CWS –

      CW Santiago roza a gloria na Copa Masculina

      O CW Santiago estivo a piques de gañar o título da Copa Masculina tras unha brillante carreira na competición. Tras superar un esixente duelo de cuartos de final ante o CW Pontevedra na tanda de penaltis e gañar con autoridade 12-9 ante o CW Ourense nas semifinais, o equipo de Santiago caeu na gran final ante o CM Ferrol por un axustado 9-8.

      O partido decisivo estivo marcado pola intensidade e paridade entre ambos os equipos. Santiago adiantouse no primeiro cuarto cun parcial de 2-1, pero Ferrol conseguiu igualar o marcador no segundo período, chegando ao descanso cun marcador de 3-3 que deixou todo por decidir. No terceiro cuarto, os ferrolanos conseguiron unha lixeira vantaxe cun gol crucial, que ampliaron a dous goles a mediados do último período.

      Santiago non se rendeu e pechou a diferenza a falta dunha posesión, levando a tensión ao máximo. Con todo, cando o encontro parecía dirixirse a unha tanda de penaltis, un erro defensivo do equipo de Santiago permitiu a CM Ferrol selar o duelo co final 9-8, gañando o trofeo.

      Gran actuación da selección feminina na Copa de Galicia

      O equipo feminino do CW Santiago tamén tivo unha destacada participación na Copa Galega Feminina, enmarcada no grupo A. O seu primeiro partido foi contra o CW Pontevedra, onde perdeu por 13-2. A pesar dun inicio dubitativo, o equipo mellorou significativamente a súa intensidade e nivel de xogo ante un rival que contaba con varios xogadores da Primeira División Nacional.

      No seu segundo partido da fase de grupos, o equipo de Santiago gañou con autoridade ante o CW As Mariñas cun rotundo 3-19, que lles permitiu pechar a súa participación cun meritorio terceiro posto da competición.

      CW Santiago demostra, unha vez máis, a súa competitividade no panorama waterpolo galego, deixando grandes sensacións en ambas categorías e consolidando o seu crecemento a nivel autonómico.

      Absoluto Femenino – CWS-

      CW SANTIAGO A SEMIFINAIS DA COPA GALEGA ABSOLUTA MASCULINA

      Este sábado día 22/2/25 comezou en As Pontes de García Rodríguez a Copa Galega Absoluta tanto masculina como feminina.

      A Copa Galega Absoluta comezou con forza esta fin de semana, ofrecendo vibrantes duelos e momentos de pura adrenalina na piscina As Pontes de García Rodríguez.

      Na primeira xornada de cuartos de final, o CW Santiago Master abriu a competición ante o CW Coruña. A pesar de ser derrotado por un axustado 15-11, o noso equipo ofreceu unha gran imaxe, demostrando carácter e dedicación ata o último segundo. O equipo loitou por cada balón e deixou claro que segue sendo un rival competitivo en todos os eventos importantes.

      O máis destacado chegou co enfrontamento do CW Santiago da División de Honra ante o temido líder da Liga Galega, o CW Pontevedra. Nun partido de alta tensión e mesmo xogo, ambos os equipos fixeron un espectáculo real, chegando ao final do tempo regulamentario con empate a oito goles.

      A emoción pasou aos penaltis, onde o CW Santiago mostrou frialdade e coraxe para gañar por un axustado 6-5, logrando así unha merecida clasificación para as semifinais. 💪🔥

      Absololuto Masculino DH do CWS

      O seguinte reto será mañá, domingo ás 13.30 horas, onde o CW Santiago enfrontarase ao CW Ourense na loita por un billete para a gran final.

      Seguimos soñando e loitando pola gloria!

      COPA GALEGA ABSOLUTA DE WATERPOLO MASCULINA E FEMININA

      Copa Galega de Waterpolo na piscina de As Pontes de García Rodríguez. Estará organizado por a Fegan e o Concello de As Pontes

      🌊 A emoción do waterpolo desátase en As Pontes: Campionato Absoluto Masculino e Feminino 🌊

      Este sábado 22 e domingo 23, a localidade de As Pontes converterase no epicentro do waterpolo, ao acoller o esperado Campionato Absoluto Masculino e Feminino. Equipos de toda Galicia reuniránse nesta vibrante competición, donde a destreza e o traballo en equipo se porán a proba na auga.

      Un dos clubes que chega con moita moral é o Club Waterpolo Santiago. Tanto o seu equipo masculino como feminino veñen de gañar os seus últimos partidos, o que lles da un impulso significativo de confianza. Os xogadores e xogadoras, baixo a dirección do seu corpo técnico, están listos para afrontar este novo desafío.

      Animamos á afición local a encher as gradas e apoiar aos seus equipos, creando un ambiente festivo e cheo de enerxía. Non perdas a oportunidade de presenciar o talento emerxente do waterpolo galego e disfrutar dun espectáculo deportivo de primeiro nivel.

      ¡Que comece o xogo!

      PRATA E BRONCE PARA O CW SANTIAGO

      O club Waterpolo Santiago desplazouse a Ourense este pasado din de semana para disputar as Copas Galegas Maculina e Feminina.

      Empezou o equipo masculino o sábado pola mañán disuptando os cuartos de final ante Coruña, partido que os santiagueses dominaron con tranquilidade, e que se levaron por un dez a oito final, que os metía en semifinais que debían disputar ante o anfitrión o Club Waterpolo Ourense, vencdor da primeira eliminatoria o mesmo sábado. Partido moi serio en defensa e con boa calidade en ataque, que lles deu a vitoria por un concluínte nove a dous, e lles daba o pase á final, donde debían enfrontarse ante o naútico de Vigo o domingo a tarde. Xan a final, os erros defensivos no primeiro cuarto fixolles ir por detrás no marcador dende o inicio, non se rendiron no empeño os santiagueses por remontar e intentar meterse de cheo de novo no partido, a punto estiveron con once a trece en contra a falta de dous minutos para o final, un home de máis podía haber colocado a un solo gol, pero o balón estrellouse no pau, e de ahí ata o final os vigueses souberon manter o balón deixando pasar os segundos para conseguir levarse a final.

      Pola súa parte, o equipo femenino santiagués encuadrado no grupo B, debía disputar una liguilla antes waterpolo Coruña e naútico de Vigo, gañando as coruñesas por once goles a ses, tamén as viguesas venceron a Coruña, o que significaba que a xornada de tarde decidiría quen se enfrontaba o club waterpolo Pontevedra, ganador do grupo A. O partido ante o naútico de Vigo comezou coas compostelanas atenazadas en ataque, con moi pouco intensidade defensiva, o que provocou que as viguesas de despegaran no marcador con un tres a cero a metade do segundo cuarto, pero unha gran reacción compostelana levounas a remontar ata colocarse con un tres a cinto e catro a seis, que non souberon manter a ventaxa de dous goles, acabando o resultado final con empate de seis, que lle daba o pase a final as viguesas e a loito polo terceiro e cuarto posto ás santiaguesas. Xan a noita pola medalla de bronce, non tiveron problemas para ganar por un claro cartorce a un final.

      COPA GALEGA ABSOLUTA MASCULINA

      Sábado 4 de febreiro de 2023

      1/4 de final

      CW Santiago – CW Coruña   10 – 8

      Semifinais

      CW Santiago – CW Ourense 9 – 2

      Final

      Domingo 5 de febreiro de 2023

      CW Santiago – RCN de Vigo. 11 – 13

      CW SANTIAGO: Iago Garabato, Jorge Rodríguez, Rafael E. Ramos, Andrés Pérez, Antonio García, Pablo Piñeiro, Jesús Pérez, Antonio Caamaño, Carlos Ordóñez, Xandre Rodríguez, Bruno Sampaño, Adrián Campaña, Samuel González.

      COPA GALEGA ABSOLUTA FEMININA

      Sábado 4 de febreiro de 2023

      Fase grupo B

      – CW Santiago – CW Coruña 11 – 6

      – CW Santiago – RCN de Vigo 6 – 6

      3° y 4° posto

      Domingo 5 de febreiro de 2023

      CW Santiago – CW Lugo 14 – 1

      CW SANTIAGO: Carla Díaz, Isabel Pérez, Laura Sanluis, Rosalía Rey, Victoria Landeira, Ariana Collazo, Irena Ordóñez, Emma Santamaría, Candela Rubal, Saray Guilbert, Andrea Fernández, Sofía Pérez, Cecilia Cobas..