UNHA VICTORIA E TRES DERROTAS CONTRA GALAICO PONTEVEDRA

Nova fin de semana de liga do CW Santiago, en catro categorías, saldado cunha victoria e tres derrotas, contra o CW Galaico Pontevedra este pasado sábado na piscina de Sta. Isabel.

A xornada comezou co debut por primeira vez na historia do clube, do equipo benxamín, e non puido comezar mellor, xa que conseguiron a única victoria dos catro partidos disputados, cun claro nove a dous, cun comezo como é normal de nerviosismo na súa primeira actuación e que despois do primeiro cuarto bateron ó equipo contrario.

CATEGORÍA BENXAMÍN

CW SANTIAGO – CW G.PONTEVEDRA 9 – 2 (0-1; 5-0; 1-1; 3-0)

Roberto Carro, Luis Guilbert (6), Mauro Rodríguez, Santiago Esturao, Andrés Amado, Fernando Ferrer (1), Daniel Ferreira (2), Sabela Ferreira.

 

Despois da victoria dos benxamíns, tocoulle ó noso equipo alevín, que como a semana anterior, xogou un partido moi igualado que acabou pagando o mal inicio nos dous primiros cuartos e, acabou perdendo por cinco goles a sete.

CATEGORÍA ALEVÍN

CW SANTIAGO – CW G.PONTEVEDRA 5 – 7 (0-1; 0-2; 3-3; 0-1; 1-0; 1-0)

Jorge Gómez, Luis Guilbert, Roberto Vieiro, Gabor Pazos (2), Rosalía Rey (1), Alex Gómez, Sara Valle (1), Esteban Carrillo, Yasin Missler (1), Berta Cobas.

 

O terceiro partido que disputou o CW Santiago foi en categoría infantil, que despois de poñerse por diante no primeiro cuarto, acabou sendo abatido polos infantís pontevedreses con moita máis calidade por un contundente vinteún a catro.

CATEGORÍA INFANTIL

CW SANTIAGO – CW G.PONTEVEDRA 4 – 21 (1-4; 0-7; 2-5; 0-9)

Javi Romaris, Daniel Pérez, Otto Gothlin, Alexo Castro, Alex Valle (1), Alex Gómez, Gabor Pazos, Esteban Carrillo, Sara Valle, David Romeu, Rosalía Rey, Bruno Sampaño (3), Manuel Cebey.

 

O último partido en disputarse foi o de 2ª división, entre os dous equipos “B” de ámbolos dous clubes, que resultou moi igualado durante tres cuartos, pero que un parcial de dous a oito no terceiro, decidiu o partido.

CATEGORIA 2ª DIVISION ABSOLUTA

CW SANTIAGO “B” – CW G.PONTEVEDRA “B” 7 – 13 (2-2,; 1-2; 2-8; 2-1)

Carlos Viaño, Adrian Pallares, José Mª del Rio, Fernando Mayer (3), Luis Ferrer, Calos Bouzas, Angel Carro, Yago Veiga, Xose Lois Sio, Pablo Suarez, Alberto Tome (3), Hugo Bujan.

 

O PRÓXIMO SÁBADO DÍA 3, O CW SANTIAGO DESPLÁZASE A PONTEVEDRA PARA XOGAR UNHA NOVA XORNADA DE LIGA, EN CAGORÍA ALEVÍN, CADETE E ABSOLUTO 1ªDIVISIÓN.

VICTORIA EN ABSOLUTOS CONTRA CORUÑA

Este sábado día 20 o Clube Waterpolo Santiago xogou de novo tres partidos da liga galega, na categoría alevín, cadete e absolutos contra o CN Coruña.

O sábado comezou co equipo alevín, que no seu enfrontamento contra os alevíns do natación Coruña, realizaron un moi bo partido, sendo o resultado final de derrota por dous goles ainda que ata o final tiveron opcións de gañar. Destacar a melloría dos xogadores do clube santiagués, que despois dun mal comezo souberon repoñerse para case gañar o partido, pero non foi así polas claras ocasións falladas.

CATEGORIA ALEVIN

CW SANTIAGO – CN CORUÑA 6 – 8 (1-3; 0-0; 0-3; 2-1; 2-0; 1-1)

Jorge Gomez (1), Luis Guilbert, Roberto Vieiro (2), Gabor Pazos (1), Rosalia Rey (1), Alex Gomez (1), Sara Valle, Esteban Carrillo, Daniel Ferreira, Yasim Missler, Berta Cobas e Laura Sanluis.

 

Despois dos alevíns, tocoulle o turno ós cadetes, que pouco puideron facer máis que loitar o máximo contra o mellor equipo cadete de Galicia, sucumbindo por un resultado moi claro, aínda que cabe destacar o primeiro carto que realizaron e a súa loita continua.

CATEGORIA CADETE

CW SANTIAGO – CN CORUÑA 5 – 17 (2-4; 0-5; 2-5; 1-3)

Carlos Viaño, Miguel Fernández (1), Jorge Lareu, Pablo Suárez (2), Luis Ferrer (1), Nazaret Mayo, Héctor Taboada (1), Alejandra Rey, Miguel de Uña, Bruno Sampaño e Alexo Castro.

 

Por último disputouse partido na categoría absoluta, que despois dun comenzo moi pouco esperanzador por parte dos nosos xogadores durante un primeiro cuarto sen chispa, souberon reaccionar e lograr unha victoria importante, despois de vencer nos parciais do segundo, terceiro e cuarto cuartos. Destacar a gran actuación do noso porteiro Hugo Buján, con paradas de gran mérito.

CATEGORIA ABSOLUTA

CW SANTIAGO – CN CORUÑA 14 – 8 (2-4; 5-2; 3-0; 4-2)

Hugo Bujan, Adrian Campaña (1), Luis Ferrer, Fernando Mayer (3), Borja Iglesias, Pablo Piñeiro (4), Brais Raposo (1), Antonio Caamaño (4), Angel Carro,  Raul Gallego, Pablo Suarez e Mateo Raposo.

 

LEMBRAR QUE ESTA SEGUINTE FIN DE SEMANA VOLTAMOS TER XORNADA DE LIGA NA PISCINA DE STA.ISABEL A PARTIR DAS 16H, CO DEBUT POR PRIMEIRA VEZ DOS XOGADORES MÁIS PEQUENOS DO CLUBE, OS NOSOS BENXAMÍNS, ADEMÁIS DOS ALEVÍNS, INFANTÍS E O EQUIPO ABSOLUTO “B”.

DOBRE VICTORIA CONTRA C.NATACIÓN CORUÑA

Este pasado sábado día 13 de outubro tivo lugar nas piscinas de Sta.Isabel unha nova xornada de liga nas categorías infantil e absoluta de 2ª división dos nosos equipos do clube, con sendas victorias contra CN Coruña.

A xornada empezou coa categoría infantil onde o noso equipo xogou un partido moi completo apabullando a un equipo coruñés que cabe dicir tiña moitos xogadores de menor categoría; a superioridade dos nosos xogadores quedou reflexada no resultado final.
CATEGORIA INFANTIL
CW SANTIAGO – CN CORUÑA 23 – 2 (6-0; 5-1; 6-0; 7-1)
J.Romaris, O.Gothlin, A.Castro (4), A.Valle (4), A.Gomez (2), G.Pazos, Rosalía Rey, Sara Valle, D.Romeu (1), B.Sampaño (8) e M.Cebey (4)

O segundo e último partido enfrontou ós dous equipos “B” de Santiago e Coruña, que resultou un partido moi igualado durante os dous primeiros cuartos, con diferecias dun gol arriba e abaixo, no terceiro cuarto os coruñeses deron un estirón marchándose de dous goles, pero que ó final se puido remontar realizando un último cuarto espectacular tanto en defensa como en ataque, destacando varios xogadores, pero principalmente Fernando Mayer, autor de cinco goles.
CATEGORIA ABSOLUTA 2ª DIVISION
CW SANTIAGO “B” – CN CORUÑA “B” 9 – 7 (2-2; 1-0; 1-4; 5-1)
A. García; A. Pallares; X.L. Sio (1); F.Mayer (5); J.M.del Rio; A.Carro; R.Gallego (1); C.Bouzas; P.Suarez; A. Tomé (2)
e C. Viaño.

Cabe dicir que antes de comezar a xornada houbo un partido amistoso entre os dous equipos femininos de ámbolos clubes como inicio tamén desta temporada do noso equipo e que esperemos que non sexa nada máis que o principio de varios.

Na próxima fin de semana, o sábado día 20, temos nova xornada na nosa piscina, con triple enfrontamento contra o mesmo equipo, CN Coruña, pero en categorías ABSOLUTA 1ª DIVISION, CADETE E ALEVIN.

¡¡¡Contamos convosco para animar!!!

COMEZOU A TEMPORADA GALEGA DE WATERPOLO 2012/2013

Esta pasada fin de semana comezou a liga galega de waterpolo para o CW Santiago, contra o C.Marina Ferrol,
xogando catro categorías e cun resultado dunha victoria e tres derrotas; victoria na categoría absoluta, e derrotas nas categorías alevín, cadete e infantil.

Empezou a xornada e por tanto o debut, coa categoría alevín, perdendo por un resultado de dúas partes a catro, aínda que cun equipo na súa maioría de xogadores de segundo ano, que souberon poñer en problemas ó equipo ocntrario cun xogo moi activo e unha gran defensa. Bo debut e gran comportamento dos nosos xogadores máis pequenos, que souberon loitar ata o final.
O resultado final foi: 2-4 (1-0; 0-1; 0-1; 0-1; 0-1; 1-0)
Por parte do noso equipo participaron: J.Gomez, L.Guilbert, R.Vieiro(1), G.Pazos(1), R.Rey, A.Gomez(2), S.Valle(1), E.Carrillo, D.Ferreira, Y.Missler(1) e Berta Cobas.

O seguinte partido correspondeu ó equipo cadete, no que hai moitos xogadores que pasaron de categoría este ano,
e incluso algún xogador con moi pouco tempo no equipo. O partido foi igualado en tres das catro partes, pero un
parcial de cero-cinco no segundo foi determinante, xa que o resto dos cuartos se resolveron con parciais igualados sempre cun gol de diferencia.
O resultado final foi: 4-12 (0-1; 0-5; 1-2; 3-4)
Por parte do noso equipo participaron: C.Viaño, H.Taboada, J.Lareu (1), P.Suarez (1), L.Ferrer (1), M.Del Puerto, N.Mayo, A.Ortega, M.Fernandez (1), M.De Uña, A.Valle, B.Sampaño e A.Castro.

O terceiro partido en disputarse foi en categoría infantil, un partido moi igualado no que ó final a maior puntería do equipo ferrolán decantou o partido ó seu favor, aínda que o noso equipo loitou sempre e estivo en todo momento no partido.
O resultado final foi: 8-12 (2-3; 1-3; 3-3; 2-3)
Por parte do noso equipo participaron: J.Romaris, D.Perez, O.Gothlïn, A.Castro, A.Valle (2), A.Gomez (1), G.Pazos, E.Carrillo, S.Valle, R.Rey, B.Sampaño (4) e M.Cebey (1)

O último partido celebrado foi na categoría absoluta, onde se obtivo unha victoria máis complicada do esperado,
xa que os debuts ligueiros sempre son difíciles, pero as ganas puideron ó xogo. Aínda que o resultado final foi claro, non se decidiu ata mediados do terceiro cuarto, no que o noso equipo colleu unha renta de tres goles, acabando o partido cunha diferencia de 10 goles a favor.
O resultado final foi: 18-8 (3-2; 4-3; 5-3; 6-0)
Por parte do noso equipo participaron: M.Raposo, A.Campaña, L.Ferrer, D.Garcia (1), P.Suarez, P.Piñeiro (3), B.Raposo (3), A.Caamaño (6), A.Carro (1), R.Gallego (2), A.Tome (2) e H.Bujan.

O PRÓXIMO SÁBADO DÍA 13 de OUTUBRO CONTINÚAN OS PARTIDOS DE LIGA EN STA.ISABEL CONTRA CN CORUÑA, EN CATEGORÍA INFANTIL E ABSOLUTO “B”

Partidos CW Santiago – mes de outubro

Estes son os partidos de liga programados para o vindeiro mes de outubro:

INICIO PARTIDOS DE LIGA DO CLUBE WATERPOLO SANTIAGO

O próximo sábado día 6 de octubre comeza a Liga Galega de Waterpolo para o CW Santiago, disputando nas piscinas de Santa Isabel os primeiros partidos, en catro das seis categorías. Tódolos partidos serán contra o Clube Marina Ferrol, afrontándoos coa máxima ilusión e ganas posibles. Os horarios serán os seguintes:

Categoría Alevín ás 16h
Categoría Cadete ás 17h
Categoría Infantil ás 18.15h
Categoría Absoluta ás 19.15h

¡¡¡ SORTE A TÓDOLOS NOSOS EQUIPOS!!!

PRIMEIRO TÍTULO EN XOGO DA TEMPORADA 2012/2013

Este próximo sábado 29 de setembro, empeza a temporada do CW SANTIAGO coa celebración da Supercopa Galega de Waterpolo Absoluta, título que se disputa entre o Galaico Pontevedra (Subcampeón de Liga e Copa) e o CW Santiago (Campeón de Liga e Copa).

O enfrontamento terá lugar no CTGD de Pontevedra ás 17h, e con el iniciamos unha nova temporada que esperamos sexa tan existosa como a anterior.

¡¡¡ÁNIMO EQUIPO e moita sorte!!!

 

Inicio de adestramentos

Ola a todos/as,
aquí estamos de volta por estes lares… ¡¡acabou o verán e empeza un novo curso para todos/as!!
Os adestramentos comezan o próximo luns día 10, e dicirvos tamén que este venres día 7 temos unha reunión ás 20.30 na sala de prensa do Multiusos de Sar .
Agradecerase que asista o máximo posible de persoas: tanto pais, coma deportistas!!

Adxunto horarios para que vaiades incluíndo nas vosas axendas!!

HORARIO CW SANTIAGO SEPTEMBRO 2012

Ánimo que xa queda pouquiño para vernos todos de novo.

Un saudiño.

Marina Casado, del Club Galaico Pontevera, se va para Pamplona

Enhorabuena Marina!

Desde el CW Santiago te deseamos un gran futuro en el waterpolo, el mismo que ya te augurábamos desde tus inicios.

No había más que ver las “palizas” que les propinabas a tus adversarios.

Siempre recordaré, un partido en el que defendías a un chico mucho más alto y mucho más corpulento (no diré de que equipo), y lo dejaste K.O., no pudo contigo, cada vez que te veía venir ya te escapaba. Su corpulencia no pudo con tu agilidad y tu buena manera de jugar.

¡Sigue así!  pero, ¡Te echaremos de menos en el WP Gallego!  ¡Seguiremos tus progresos!

Besitos y Mucha Suerte!

 

CAMPUS DE VERÁN 2012

Animadevos  a vir a pasalo ben  no:

Dille a teu pai / nai / titor que cubra a seguinte: Folla Inscripción Campus Verán 2012

¡ NON  VOS PERDADES O MELLOR CAMPUS DO VERÁN !