1° partido – piscina Sta Isabel CW Santiago – CN Coruña



LEMBRAR A TODOS OS XOGADORES CONVOCADOS QUE
DEBEN LEVAR O D.N.I ORIXINAL (EXCEPTO OS QUE TEÑEN
COPIA COMPULSADA) E 5 EUROS PARA O PAGO DO BUS

CW SANTIAGO-CN VIGO
LEMBRAR A TODOS OS XOGADORES CONVOCADOS QUE
DEBEN LEVAR O D.N.I ORIXINAL (EXCEPTO OS QUE TEÑEN
COPIA COMPULSADA) E 5 EUROS PARA O PAGO DO BUS


Este pasado sábado O CW Santiago logrou meterse na final da liga Galega absoluta de waterpolo despois dunha traballada vitoria no segundo partido do play off semifinal ante o CW Pontevedra e colocar o definitivo dous a cero na eliminatoria.
Non comezou ben o partido para os locais, xa que os nervios e a ansiedade por querer poñerse diante dende un principio acabou producindo todo o contrario, finalizando o primeiro cuarto cun desfavorable un a catro que poñía moi costa arriba o partido.. Os axustes defensivos e a efectividade en ataque no segundo cuarto fixo que os santiagueses lle dirán a volta ao marcador e cun parcial de cinco a cero, poñerse diante no marcador ante un equipo visitante que seguía loitando por empatar la eliminatoria. Terceiro cuarto igualado con toma e daca por ambas partes que despois dun parcial de tres a tres finalizou cun gol arriba para os locais y todo por decidir no derradeiro cuarto, onde los santiagueses a falta de tres minutos distanciábanse dous goles arriba e souberon aproveitar os erros visitantes para remontar ata o definitivo catorce a dez que daba a vitoria e o pase á final aos locais.

PLAY OFF SEMIFINAL LIGA GALEGA ABSOLUTA 2º PARTIDO
CW SANTIAGO – CW PONTEVEDRA 14 – 10 (1-4; 5-1; 3-3; 5-2)
CW SANTIAGO: ADRIAN GARCIA, RAUL GALLEGO, DAMIAN ANTELO (1), GABOR PAZOS, LUIS FERRER, PABLO PIÑEIRO (2), BRAIS RAPOSO (1), ANTONIO CAAMAÑO (2), PABLO SUAREZ (3), ALEX GOMEZ, BRUNO SAMPAÑO, ADRIAN CAMPAÑA, MIGUEL A. BARCA (5).



Regreso: unha vez remate o Torneo e chegada ao Palacio de Congresos de Santiago. Avisarase, no seu día, hora de chegada.
Aloxamento:
RESIDENCIA MAÑARIKUA- DERIO
Edificio Seminario 48160 Derio (Bizkaia) Tel:94.403.68.88


O pasado fin de semana comezou a semifinal do play off da liga Galega Absoluta ao mellor de tres encontros entre CW Pontevedra e CW Santiago, terceiro e segundo clasificado da liga regular. Como se prevía primeiro e moi igualado encontro o disputado na piscina do CGTD de Pontevedra, onde un gran final deu aos santiagueses a vitoria por un axustado oito a nove. Inicio moi serio en defensa de ambos equipos que deu lugar a numerosos roubos e perdidas en ataque ante as defensa activa de ambos conxuntos que fixo rematar o primeiro cuarto cun empate a un. O segundo cuarto comezou con tres despistes defensivos dos visitantes que estirou o marcador a un catro a un favorable aos de Lérez que estiraban o marcador a un catro a un a mediados do segundo cuarto, pero os axustes defensivos e algo máis de claridade en ataque dos visitantes achegou ao descanso aos santiagueses a un só gol, cinco a catro que deu outra vez emoción ao encontro. Terceiro cuarto de toma e daca e empate no marcador parcial de dous a dous que deixaba todo para o último e definitivo período ao que se entrou cun sete a seis favorable aos locais e que estirou ata o oito a seis a falta de seis minutos, pero a partir dese momento os visitantes non concederon goles e un parcial de tres goles a cero púxoos por diante no marcador a falta de dous minutos e medio para rematar o encontro, xa non se moveu o marcador paralizando todas as accións desesperadas dos locais aos que non deron oportunidade de empatar.
O vindeiro 22 de abril, e en Santiago, xogase o seguinte partido da eliminatoria.
CW SANTIAGO: ADRIAN GARCIA, RAUL GALLEGO, RAMON TURNES, ALEJANDRO PADILLA, LUIS FERRER (2), PABLO PIÑEIRO (1), BRAIS RAPOSO (1), ANTONIO CAAMAÑO (4), PABLO SUAREZ, MIGUEL BARCA, BRUNO SAMPAÑO (1), ADRIAN CAMPAÑA (1) ALEX GOMEZ.
