Alevín A | Victoria 12–2

O primeiro partido do día tivo como protagonistas aos alevíns, dirixidos por Ceci Cobas, que conseguiron unha vitoria contundente por 12–2. O equipo mostrou desde o inicio unha actitude moi concentrada, impoñendo un ritmo alto en ataque e mantendo unha defensa ordenada.

“Os rapaces saíron moi conectados. O que traballamos nos adestramentos comeza a verse na auga, especialmente na ocupación de espazos e na toma de decisións”, explicou Ceci Cobas ao rematar o encontro.

O resultado confirma a liña ascendente do grupo, que nas últimas semanas amosou un progreso notable tanto a nivel técnico como colectivo.

Xogadores do Club Waterpolo Santiago – Alevín A –

Tres vitorias en Ferrol impulsan a progresión competitiva do club santiagués

Os equipos de base e absolutos lograron tres triunfos en catro partidos fronte ao Marina Ferrol nunha xornada marcada pola solvencia ofensiva e o equilibrio defensivo

Un domingo de resultados clave para a continuidade da tempada

Os equipos do club santiagués completaron este domingo unha das súas xornadas máis sólidas da tempada, sumando tres vitorias en catro encontros na súa visita ás instalacións do Marina Ferrol. A pesar das diferencias de categoría e ritmo competitivo, o conxunto compostelán mostrou unha evolución notable, especialmente nas seccións dirixidas por Xavi Pérez, responsable das categorías desde superiores, e Ceci Cobas, encargada das formacións de base desde Benxamín e Alevín.

Alevíns: unha vitoria contundente para abrir a serie (12-2)

O primeiro encontro da mañá estivo protagonizado pola categoría Alevín, dirixida por Ceci Cobas. O equipo A – impúxose cun claro marcador cerrado en 12-2, demostrando orde táctica e unha superioridade ofensiva que se fixo evidente desde os primeiros minutos.

“Os rapaces entraron moi concentrados, aplicando o traballo que levamos semanas reforzando. Fixeron un partido moi completo, tanto en defensa como en transición ofensiva”, explicou Ceci Cobas, que destacou tamén o carácter formativo deste tipo de desprazamentos.

O triunfo supón un paso máis na consolidación dun grupo que, segundo a adestradora, “está aprendendo a competir sen perder o foco no desenvolvemento técnico individual”.

“Cómpre salientar que nesta etapa de Alevín a frecuencia dos adestramentos resulta determinante; un mínimo de tres sesións semanais sería o adecuado para garantir unha aprendizaxe sólida e evitar que sexan as lesións as que condicionen a súa evolución no futuro.

Cadete mixto: bo inicio, pero derrota clara (20-5)

A segunda cita do día correspondeu ao encontro Cadete mixto, no que os santiagueses amosaron unha entrada en partido sólida, pero finalmente non puideron manter o ritmo ante un conxunto ferrolán máis físico e máis efectivo nos dous extremos do campo. O resultado final, 20-5, reflectiu a diferenza no tramo central do encontro.

“Comezamos cun nivel competitivo moi alto, pero o segundo e terceiro cuarto penalizáronnos. Houbo erros non forzados que o rival soubo aproveitar á perfección”, sinalou Xavi Pérez, quen valorou igualmente a actitude do equipo: “Estas derrotas tamén forman parte do proceso; a clave é analizar o que podemos mellorar e seguir adiante”.

Infantil mixto: control do xogo e madurez competitiva (8-13)

O terceiro encontro, en categoría Infantil mixta, estivo marcado polo control do marcador do equipo B desde o primeiro cuarto. A escuadra compostelá tomou vantaxe inicial e mantivo un xogo constante que lles permitiu pechar o partido con vitoria por 8-13.

“É un grupo que está madurando moito. Mantiveron a concentración, incluso nos momentos de maior presión. O traballo defensivo foi clave”, explicou Xavi Pérez, que destacou o bo posicionamento e a capacidade de lectura de xogo dos seus deportistas.

A vitoria reforza a liña ascendente dun equipo que leva varias semanas mostrando unha regularidade maior tanto en adestramentos como en competición.

Absoluto masculino: remontada e autoridade final (11-16)

O último partido da xornada foi o da categoría Absoluta masculina de División de Honra, onde o equipo santiagués protagonizou a actuación máis complexa e ao mesmo tempo máis sólida da visita a Ferrol.

O inicio foi adverso: dous goles en contra tras erros defensivos colocaron un 2-0 que obrigou a reorganizar o esquema. Porén, os axustes feitos por Xavi Pérez a mediados do primeiro cuarto —especialmente a nivel defensivo— permitiron non só frear as ofensivas do Marina Ferrol, senón tamén virar o partido antes de finalizar o período inicial.

A partir de aí, os santiagueses non volveron perder a vantaxe no marcador e selaron un triunfo claro por 11-16, sustentado nun ataque eficaz e nunha defensa moito máis compacta.

“A reacción foi excelente. O equipo entendeu que tiñamos que subir a intensidade defensiva e minimizar erros. Desde ese momento, o partido cambiou por completo”, detallou o adestrador.

Un balance que reforza confianza e marca o camiño da segunda metade de tempada

As tres vitorias logradas en Ferrol representan un impulso importante para o club, tanto no apartado clasificatorio como na confianza dos grupos. A combinación de resultados permite observar a consistencia da estrutura técnica e a progresión das diferentes xeracións que integran o proxecto.

Segundo Cobas, o crecemento da base é esencial:

“Os máis pequenos están asumindo conceptos moi rápido. Iso facilita que, cando chegan ás categorías superiores, teñan xa unha base sólida que lles permite competir mellor”.

Pola súa parte, Pérez incide na continuidade do traballo diario:

“Os resultados están ben, pero o que nos move é a mellora constante. Cada partido, cada adestramento é unha oportunidade de aprender e seguir medrando como equipo”.

🐾 Entrevista a Millapets – Coidado, deporte e comunidade

Para comezar, contádenos un pouco sobre as orixes de Millapets. Como naceu o proxecto e que vos inspirou a dedicarvos á peluquería canina, á tenda especializada en mascotas e ao coidado integral dos peludos amigos?

A idea xurdiu despois de varios anos traballando para outras empresas. Sabiamos que este sector estaba en auxe polo crecente interese nos coidados das nosas mascotas: alimentación, complementos e, sobre todo, estética canina e felina. Ademais, gústanos moito o noso traballo cos animais, polo que decidimos dar o paso e crear o noso propio proxecto.

Que valores definen a Millapets e como os levades á práctica no voso día a día?

O noso principal valor é o benestar dos animais. Apostamos por unha estética respectuosa e por unha alimentación natural, sa e equilibrada. Sempre buscamos o mellor para eles, tanto no que toca á súa saúde como ao seu coidado integral.

En Ames e arredores convertístesvos nunha referencia. Que credes que vos axudou a conectar tan ben coa xente da zona?

Cremos que é polo noso traballo, o mimo que lle damos tanto aos clientes como ás súas mascotas e o asesoramento personalizado que ofrecemos sempre que teñen unha dúbida. Esa confianza construíuse pouco a pouco.

No voso sector, o coidado integral é clave. Que é o que máis gozades do voso traballo?

O mellor momento é cando rematamos un servizo e vemos o resultado, pero sobre todo cando o cliente recolle á súa mascota feliz e satisfeita. Esa reacción compensa todo.

Como patrocinadores do equipo de Waterpolo, compartimos valores como esforzo, traballo en equipo e superación. Que vos motivou a colaborar connosco?

A colaboración naceu porque teño aos meus sobriños no club, un deles Leo, o meu afillado. Puiden ver de preto que é un club moi familiar. Notei un cambio moi positivo nos nenos grazas ao traballo que realizades. Paréceme que estades a facer unha labor excelente.

Vedes algunha relación entre o espírito do deporte e o da vosa labor en Millapets?

Por suposto. O traballo, a constancia e o esforzo son claves tanto no deporte como no noso día a día. Tamén o traballo en equipo, que é algo que se lles transmite aos nenos en todo o club.

Hai algún servizo estrela ou produto imprescindible que vos gustaría que coñecese a comunidade do Waterpolo?

O noso servizo principal é a peluquería canina e felina. Pero tamén consideramos fundamental ofrecer unha boa alimentación e os coidados básicos que toda mascota necesita hoxe en día.

A vida dun negocio local non sempre é doada. Que desafíos afrontastes e como os superastes mantendo o voso espírito?

O principal reto é a competencia. É algo co que loitamos día a día. Por iso sempre intentamos dar o mellor de nós e ofrecer un servizo excelente, para que os clientes se sintan a gusto e vexan ás súas mascotas felices despois de cada sesión.

Mirando ao futuro, que proxectos ou soños tedes para Millapets?

Sempre estamos pensando en melloras, tanto para o negocio como para os nosos clientes. Queremos seguir apostando pola alimentación natural e pola mellor cosmética para as mascotas. Hai moito camiño por diante.

Para rematar, que mensaxe vos gustaría enviar á comunidade, aos clientes e á familia do Waterpolo?

Para quen aínda non nos coñece, gustaríanos que nos dean a oportunidade de mostrar o noso traballo e dedicación polos mellores amigos de catro patas.
E grazas aos nosos clientes, porque hoxe en día somos unha auténtica familia.

PROGRAMA DE DETECCIÓN DE TALENTOS

Seguimento Galego de Tecnificación de Waterpolo – día 30/10/25

Concentración Infantil Masculina Sur – Piscina : Rías do Sur – ( Pontevedra )

Hora de entrada: 10:00 – Hora de salida: 11:45

Seguimento Galego de Tecnificación de Waterpolo – día 30/10/25

Concentración Infantil Femenina Sur – Piscina : Rías do Sur – ( Pontevedra )

Hora de entrada: 11:45 – Hora de salida: 13:30

Contra a Violencia Gañamos Todos

Onte competimos na piscina de Frigsa, en Lugo, os nosos equipos infantil, absoluto feminino e absoluto masculino levouse as vitorias deportivas, pero a verdadeira vitoria para nós está noutro partido: o da loita contra a violencia de xénero.

Unimos esforzos dentro e fóra da auga para facer visible esta causa e seguir avanzando cara a unha sociedade máis xusta e segura para todas.

Absoluta Masculina (División de Honor)

O equipo absoluto masculino completou a xornada cun triunfo contundente por 3-22, protagonizando unha das actuacións máis destacadas do día. Un inicio arrollador permitiu abrir unha diferenza de sete goles xa no primeiro parcial, apoiándose nunha defensa moi sólida que mantivo a portería a cero durante os tres primeiros períodos.
O dominio en todas as fases do xogo, tanto en defensa como en ataque posicional e contragolpe, deixou sen opcións ao rival e consolidou unha vitoria clara que reforza o bo momento competitivo do equipo.

Infantil Mixta – Equipo B

O encontro do Infantil B foi o máis disputado da xornada, cun marcador moi igualado durante os catro primeiros períodos. A clave chegou no quinto parcial, no que o CW Santiago conseguiu un determinante 1-5, rompendo o equilibrio e tomando o control definitivo do partido.
Na recta final, o equipo mantivo a concentración e soubo xestionar a vantaxe, pechando o duelo cun 11-15 que reflicte o esforzo e a mellora do grupo ao longo do encontro.

Absoluta Feminina (División de Honor)

O conxunto absoluto feminino sumou o seu terceiro triunfo consecutivo por 5-20, resultado que lle permite continuar como líder da competición. As xogadoras do CW Santiago tomaron o control desde os primeiros minutos, impoñendo intensidade ofensiva e unha defensa moi organizada que limitou as ocasións do rival.
Co paso dos períodos, a vantaxe foi aumentando gracias ao acerto cara a portería e á capacidade de transición rápida, garantindo unha vitoria cómoda e reforzando a súa posición na táboa.

Infantil Mixta – CWS La Merenguela –

O equipo infantil mixto La Merenguela do CW Santiago inaugurou a xornada en Lugo cunha vitoria sólida por 5-25 ante o CW Lugo. Desde o primeiro cuarto, os santiagueses marcaron o ritmo do encontro, abrindo unha vantaxe inicial que lles permitiu xogar con comodidade e confianza.
O bo traballo defensivo e a mobilidade en ataque facilitou un incremento constante no marcador durante todos os períodos, pechando o partido con superioridade e boas sensacións colectivas.

Cheo de vitorias do Club Waterpolo Santiago en Lugo: 4 triunfos en 4 partidos

Jornada redonda para Santiago

O Club Waterpolo Santiago exerceu o seu dominio este domingo en Lugo diante do Club Waterpolo Lugo, acadando catro vitorias en catro encontros disputados. O triunfo máis destacado correspondeu ao equipo Absoluta Masculina de División de Honor, que impuxo un claro 3-22.
Tamén nas outras categorías o equipo santiagués mostrou eficacia: Infantil Mixta A Merenguela deu o pistoletazo de saída cun cómodo 5-25; a Absoluta Femenina vencía por 5-20 e mantén o liderado logo de tres xornadas; e o Infantil B impuña un 11-15 nun partido que se decidiu no quinto parcial.

Resultados por categoría

Infantil Mixta (primera confrontación)

No primeiro partido da xornada, o equipo infantil mixto Club Waterpolo Santiago La Merenguela tomou a iniciativa desde o primeiro cuarto, onde xa se distanciou no marcador. A partir de entón foi aumentando progresivamente a diferenza até pechar o marcador nun 4-14 con resultado final a 5 – 25 a favor dos composteláns.

Absoluta Femenina (DH)

Na categoría absoluta feminina de División de Honra, o Club Waterpolo Santiago voltou demostrar superioridade: abriu o marcador desde o inicio, tomou ventaja no primeiro parcial e incrementou o control ata acadaren unha vitoria cómoda por 5-20. Este resultado consolida ao equipo na cabeza da clasificación tras tres xornadas.

Infantil Mixta (Infantil B)

Neste enfrontamento entre os locais e o infantil B do Santiago, o partido estivo igualado durante os primeiros catro cuartos. Foi no quinto parcial cando Santiago impuxo un parcial de 1-5, rompendo o equilibrio. No último cuarto mantivo a vantaxe e rematou 11-15.

– Infantil B mixto – do Club Waterpolo Santiago

Absoluta Masculina (DH)

Vén sendo o resultado máis contundente: o equipo masculino arrancou con forza e acadou xa no primeiro cuarto unha diferenza de sete goles. A defensa foi moi sólida: non encallou tantos nos tres primeiros períodos. O marcador final 3-22 reflicte a claridade da vitoria.

Equipo Absoluto Masc DH –

Claves do éxito

Segundo o adestrador de categorías superiores, Xavi Pérez, “o traballo das últimas semanas fíxose notar: as conexións defensivas e ofensivas están máis claras, e os xogadores entran con intensidade desde o primeiro minuto”.

Implicacións e próximos retos

Esta serie de resultados permite ao Club Waterpolo Santiago continuar construíndo unha dinámica positiva: tanto no plano formativo como no competitivo. O feito de conseguir vencer en todas as categorías nun desprazamento extra reflicte consistencia e disciplina.
Agora, o reto será manter este nivel ao longo da tempada, enfrontando equipos de maior calibre e intentando consolidar o liderado —en especial no equipo absoluto feminino que xa marcha primeiro.

Conclusión

En resumo, a xornada de domingo foi un éxito total para o Club Waterpolo Santiago: catro encontros e catro vitorias fronte ao Club Waterpolo Lugo, con resultados amplos e dominio en diferentes fases. Grazas ao traballo de Xavi Pérez (categorías superiores) o club demostrou fortaleza tanto no aspecto técnico como no competitivo. O pleno de triunfos marca un inicio de temporada ilusionante e sitúa ao club compostelán nunha posición de vantaxe para os retos que vén.